Mostrando entradas con la etiqueta vídeos de YouTube. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeos de YouTube. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de abril de 2015

concerto do grupo ODAIKO: VAIA CIRCO!

Ola cativ@s, con esta entrada lembrámosvos que o próximo martes, 7 de abril, iremos ata o centro cultural García Márquez de Mera para ver actuar en directo ao grupo ODAIKO. Que espectáculo ides disfrutar? Pois, VAIA CIRCO! Na páxina web da Fundación Abanca, encontramos o seguinte sobre el: 

Como se dun «circo desastre» se tratase, Odaiko monta o seu propio  circo no que os elementos percusivos van ser os materiais que  empreguen para as súas acrobacias. Baquetas voando, tambores usados como artellos de circo, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, serán os elementos que farán deste «circo» un espectáculo para que o noso público esperte o enxeño e se achegue ao fermoso mundo do espectáculo «cirpercutense».
Odaiko adéntrase neste espectáculo didáctico facendo fincapé nos tres elementos que sempre a caracterizaron como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena.

Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso forman Odaiko Percussion Group. Odaiko é un grupo de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, o flamenco, o folk e mesmo sons traídos da música tradicional hindú e senegalesa.

Deixámosvos aquí dous vídeos de ODAIKO PERCUSSION GROUP & FRIENDS que colgaron en YouTube. 
 
 


miércoles, 25 de marzo de 2015

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE, por SOLEDAD FELLOZA

Ola raparig@s, levamos algún tempo lendo este libro porque mañá xoves, 26 de marzo, Soledad Felloza nolo vai contar ao seu bo xeito na biblioteca "Rosalía de Castro", nas Torres de Santa Cruz.

Como xa a coñecedes da outra volta na que nos contara "Os contos do Oso Branco", o que imos facer nesta entrada é enlazarvos á páxina oficial de Roald Dahl. Do seu libro "Charlie e a fábrica de chocolate" fixéronse no 2014 os cincuenta anos da súa publicación.

E para que lembredes como nos conta marabillosas historias Soledad Felloza, subímosvos un vídeo dela.



jueves, 19 de febrero de 2015

A COORDINACIÓN NERVIOSA, novo tema de medio



Ola cativ@s, comezamos un novo tema en medio: A COORDINACIÓN NERVIOSA. E estes son os obxectivos mínimos que debedes ser quen de cumprir ao finalizalo.

. Comprende que mediante a función de relación respondemos aos cambios do medio interno e externo.

. Sabe que os órganos dos sentidos captan a información e a fan chegar ao cerebro para que o sistema nervioso ordene unha resposta.

. Coñece as dúas partes do sistema nervioso e sabe que o cerebro é unha parte do encéfalo.

. Diferencia movemento involuntario de movemento reflexo.
. Sabe que a coordinación interna é importante para o funcionamento de todo o organismo.

. Coñece que o sistema endócrino está formado por glándulas endócrinas que fabrican hormonas.

 En que recursos poderedes encontrar información para poder realizar a vosa presentación en Drive? Pois en…
. Vídeos 



E nos enlaces de aquí abaixo tedes máis información!

http://www.skoool.es/content/ks4/biology/01_the_nervous_pathway/index.html
información de SKOOL colgada en WIKISABER
https://dandiacarb.wordpress.com/tema-03-la-funcion-de-relacion/
blog dese mestre: dandiacar.wordpress.com

https://www.alqueria.es/blogs/alqueria-tic/category/conocimiento-del-medio/sistema-nervioso/
recursos colgados por este colexio sobre o SISTEMA NERVIOSO

http://213.0.8.18/portal/educantabria/contenidoseducativosdigitales/primaria/cono_3_ciclo/CONTENIDOS/CUERPO%20HUMANO/DEFINITIVO%20NERVIOSO/Publicar/page3.html
recursos colgados na páx. educativa de Cantabria

http://www.educando.edu.do/articulos/estudiante/sistema-nervioso
recursos sobre este tema no portal educativo da Rep. Dominicana

Esquemas ou láminas
http://kidshealth.org/teen/en_espanol/interactivo/brain_it_esp.html#cat20936
recursos colgados por KIDSHEALTH.ORG en español

sábado, 31 de enero de 2015

30 de xaneiro DÍA DA PAZ

Mural feito polo alumnado do noso "cole", foto realizada por Celtia

Aproveitamos esta entrada para colgarvos un vídeo de YouTube coa canción "La cançó del soldadet" do grupo catalán Manel.



miércoles, 28 de enero de 2015

USO SEGURO DA ELECTRICIDADE

Ola a tod@s. Inserímosvos uns enlaces para que observedes como debemos utilizar a electricidade.

Ao entrar, pulsade na imaxe que queirades!

vídeo educativo da Empresa Eléctrica de Guatemala

domingo, 25 de enero de 2015

os CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS


Enlazámosvos a uns recursos estupendos!
o autor é o GRUPO SM

Circuíto básico eléctrico de CIENCIABIT


vídeo subido polo alumnado do CEIP VALLE INCLÁN de Perillo


vídeo que contén exemplos de circuítos eléctricos realizados polo alumnado do colexio Fontes

miércoles, 14 de enero de 2015

A ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO, novo tema de medio

Ola a tod@s, con estes vídeos dámoslle a benvida ao novo tema, o primeiro de ciencias naturais que imos dar neste curso!

A ELECTRICIDADE ELÉCTRICA I, subido tamén por Gabriel Ruiz

COMO AFORRAR A ENERXÍA ELÉCTRICA, subido tamén por Gabriel Ruiz


Nikola TESLA, os seus inventos


domingo, 23 de noviembre de 2014

UN POUCO DE HUMOR, uso divertido das onomatopeas

Subímosvos aquí un vídeo de YouTube que reproduce a ópera "buffa" de Gioacchino Rossini "Duetto buffo di due gatti".

Desta obra hai moitas outras versións nese mesmo sitio web:

Felicity Lott e Ann Murray



domingo, 26 de octubre de 2014

A IDADE MODERNA, novo tema de medio

Ola cativ@s: Aínda que a través de Edmodo, a rede social, vos fixemos chegar os enlaces que necesitabades para este tema, ímolos colgar tamén aquí. Así, á vez, saberedes que conceptos traballaredes e onde encontraredes información para repasalos ou para ampliar.

Que contidos? Estes:
-       Cambios sociais, económicos, políticos e culturais na Idade Moderna europea.
-       A Idade Moderna en España. Evolución política, económica, social e cultural.
-       Introdución á Historia da Arte da Idade Moderna.
-       Iniciación á interpretación de obras artísticas e á realización de fichas de arte.
-       Elaboración de liñas do tempo e de esquemas de organización da información de acordo cun criterio cronolóxico.
-       Clasificación de monumentos e restos arqueolóxicos a partir dos seus trazos arquitectónicos e artísticos.
-       Respecto e valoración do patrimonio histórico e artístico como forma de expresión cultural e de coñecemento do pasado.
-       Valoración da cultura propia e respecto cara a outras culturas.
-       Valoración dos beneficios dos intercambios con culturas distintas á nosa.

Recursos que podedes utilizar
A IDADE MODERNA por Antonio García Megía

A época dos descubrimentos, século XVI
Recursos elaborados polo "cole" BRETÓN DE LOS HERREROS, Logroño

                                    O soño de Cristovo Colón, da serie "Érase unha vez..."


A época dos Austrias, séculos XVI e XVII
                                                   De globalhistoria.wikispaces.com



contidos colgados pola Consellería de Educación do Goberno de Cantabria


  O Século de Ouro de España



  
  A sociedade
mapa conceptual elaborado no CEPR Pablo de Olavide



 A CULTURA,O Renacemento e Miguel Anxo Buonarroti
recursos colgados en Didactalia, comunidade educativa global

   Velázquez e O Greco 
recursos colgado por Educart-E


     Arte e Historia, material colgado pola Junta de Castilla y León
  A ciencia e a cultura na Idade Moderna
recursos da editorial SM

     Para saber máis
Cronos, "A Máquina do Tempo"

CEIP Brianda de Luna, Alfajarín (Zaragoza)


  Para repasar
de olmo.pntic.mec.es




recurso colgado pola Generalitat de Catalunya



edilim do colexio de Caminomorisco (Cáceres)

domingo, 14 de septiembre de 2014

QUERO SER PILOTO!, curta de Diego Quemada-Díez

Imos comezar a asignatura de Educación para a Cidadanía cunha curta moi, pero que moi interesante, que vos subimos aquí.
Nela cóntannos os soños dun neno que vive no barrio de chabolas máis grande de África: Kibera en Nairobi que é a capital de Kenia.


.
I want to be a pilot

martes, 13 de mayo de 2014

AS PLANTAS: REPRODUCIÓN ASEXUAL ou VEXETATIVA

Ola raparig@s: Subímosvos un vídeo estupendo onde vos explican moi ben outro tipo de reprodución das plantas, a reprodución asexual ou vexetativa.


domingo, 11 de mayo de 2014

A FUNCIÓN DE RELACIÓN NAS PLANTAS

As plantas tamén a teñen, e para que o comprobedes, clicade nestes vídeos de YouTube.

Venus atrapamoscas


miércoles, 30 de abril de 2014

AS PLANTAS, novo tema de medio

Ola cativ@s: Na anterior entrada explicámosvos que íamos comezar o tema das plantas, no voso libro, páxs. 42 á 53.

Que imos dar nel? Isto:


▪    Características xerais das plantas.
▪    Clasificación morfolóxica: plantas con flores e sen flores. Herbas, arbustos e árbores.
▪    A nutrición dos vexetais. A fotosíntese. A respiración.
▪    A reprodución das plantas. Reprodución das plantas con flores. A polinización. Reprodución das plantas sen flores.
▪    Estudo e descrición da respiración das plantas.
▪    Elaboración e interpretación de debuxos esquemáticos sobre a nutrición dos vexetais.
▪    Realización e descrición da reproducción por escallos dun xeranio.
▪    Análise das características dunha planta do xardín botánico.
▪    Aprendizaxe do aforro de auga por parte dos cactos e as plantas crasas.
▪    Comprensión dos efectos negativos da chuvia ácida.
▪    Valoración da importancia dos vexetais na dieta humana.
▪    Apreciación do valor dos vexetais como sustento da biodiversidade.

▪    Toma de conciencia da importancia do proceso de fotosíntese e desenvolvemento de actitudes de respecto e conservación da cuberta vexetal.

A que páxinas da rede ou vídeos educativos  recurriremos?