miércoles, 30 de abril de 2014

AS PLANTAS, novo tema de medio

Ola cativ@s: Na anterior entrada explicámosvos que íamos comezar o tema das plantas, no voso libro, páxs. 42 á 53.

Que imos dar nel? Isto:


▪    Características xerais das plantas.
▪    Clasificación morfolóxica: plantas con flores e sen flores. Herbas, arbustos e árbores.
▪    A nutrición dos vexetais. A fotosíntese. A respiración.
▪    A reprodución das plantas. Reprodución das plantas con flores. A polinización. Reprodución das plantas sen flores.
▪    Estudo e descrición da respiración das plantas.
▪    Elaboración e interpretación de debuxos esquemáticos sobre a nutrición dos vexetais.
▪    Realización e descrición da reproducción por escallos dun xeranio.
▪    Análise das características dunha planta do xardín botánico.
▪    Aprendizaxe do aforro de auga por parte dos cactos e as plantas crasas.
▪    Comprensión dos efectos negativos da chuvia ácida.
▪    Valoración da importancia dos vexetais na dieta humana.
▪    Apreciación do valor dos vexetais como sustento da biodiversidade.

▪    Toma de conciencia da importancia do proceso de fotosíntese e desenvolvemento de actitudes de respecto e conservación da cuberta vexetal.

A que páxinas da rede ou vídeos educativos  recurriremos?









No hay comentarios:

Publicar un comentario