Mostrando entradas con la etiqueta normalización lingüística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normalización lingüística. Mostrar todas las entradas
martes, 2 de junio de 2015
DEBUXANDO A FILGUEIRA, traballos do IES ESPIÑEIRA de BOIRO
Ola mozas e mozos de 6º, queremos ensinarvos os vídeos que o alumnado do IES Espiñeira de Boiro e o Equipo de Normalización Lingüística gravaron para o Día das Letras Galegas que como xa sabedes este ano se lle adicou a Filgueira Valverde.
domingo, 31 de mayo de 2015
EN GALEGO, MEU O MUNDO É
Ola raparig@s, compartimos con vós este "lip dub" que fixeron no CEIP Fernández Latorre da Coruña. Desfrutádeo, iso si, "EN GALEGO"!!
"Brinca Vai"
miércoles, 20 de mayo de 2015
ROTEIRO CULTURAL: ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR, CASARES QUIROGA, BUGALLAL MARCHESI
Estades avisados de que mañá, xoves 21 de maio, realizaremos un roteiro ao redor destas tres figuras da cultura e da política que tiveron moita relación con Oleiros. Organízao o alumnado de 1º de BAC do IES MIRAFLORES xunto co Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello e o Servizo de Normalización Lingüística.
| Casares Quiroga, Álvarez de Sotomayor e Bugallal Marchesi |
Etiquetas:
6º de EP,
actividades culturais e educativas do concello de Oleiros,
ÁLVAREZ DE SOTOUMAYOR,
BUGALLAL MARCHESI,
CASARES QUIROGA,
concello de Oleiros,
normalización lingüística,
roteiro cultural 2015
domingo, 19 de abril de 2015
GALICIA, PAÍS DAS LETRAS: actividade do Concello
![]() |
| Imaxe collida do blog.rtve.es |
Ola raparig@s, xa sabedes que mañá 20 de abril teremos unha actividade do Concello desenvolvida desde a área de Normalización Lingüística. En que consiste? Inserímosvolo aquí:
É un proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais, contidos culturais relacionados coa lingua, co patrimonio e coa literatura galega ao alumnado. A través dunha posta en escena teatral os educadores/as propóñenlle aos nenos e nenas participantes unha serie de retos que van ter que superar, de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Obxectivos:
- Fomentar o uso da lingua.
- Estudar os autores homenaxeados nas Letras Galegas.
- Traballar a expresión oral e musical.
- Desenvolver a creatividade.
- Revalorizar o patrimonio inmaterial galego.
Destinatarios/as: O alumnado do último ciclo
de primaria e 1º de ESO.
Data e hora: 20 de abril, 12 h.
Lugar: Porche cuberto do patio
de recreo de EP.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
