Mostrando entradas con la etiqueta os nosos experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta os nosos experimentos. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de mayo de 2014

CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS nº 6

Ola cativ@s: Reanudamos a serie sobre os experimentos que estades a facer en clase, e aquí  tedes a presentación que fixo Álvaro coas fotos que sacamos da súa demostración, claro! da de Álex e del! Tamén vos damos acceso á súa ficha.

Ficha sobre "A auga que non cae", por Álex e Álvaro 

miércoles, 26 de marzo de 2014

CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS nº 5

Ola de novo, moz@s:
Publicamos a entrega nº 5 da nosa serie. Isto non vos ten fin. Que gusto dá ver que queredes continuar!


Experimento de Andrea e Emma


martes, 25 de marzo de 2014

CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFIC@S, nº 4

Seguimos coas nosas entregas. Imos xa polo cuarto episodio da nosa serie.
Queredes saber de que vai esta? Picade, xa que logo, en...

Por Celtia e Dani: A FORZA DA GRAVIDADE
Imaxe collida de: 
http://dynamic.pixton.com/comic/4/m/4/c/4m4cupjqlczgra0l.png?1240393929
Ademais, gravamos tamén un vídeo para facilitarvos a observación.

miércoles, 12 de marzo de 2014

CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFIC@S, nº 3

Imos pola terceira entrega da nosa serie. Tiñades ganas de máis, a que si? Pois, aquí a tedes, a esperada, a desexada, a anhelada... terceira parte!

HABERÁ TAMÉN UNHA CUARTA, QUINTA, SEXTA, SÉTIMA... ENTREGAS.


O OVO E A BOTELLA - A que somos capaces?- JOSÉ e QUIQUE
Queredes ver como o preparamos en casa? Pois o podedes facer picando nos dous vídeos que subimos a YouTube!

Animádevos a facelo!

)


  )

Tamén vos poñemos este vídeo que non protagonizamos nós, pero no que desenvolven, con máis calma, o experimento.


)

martes, 25 de febrero de 2014

CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFIC@S, nº 2

Fallounos a orde cronolóxica! Este foi o primeiro experimento que fixemos en clase: vímolo no libro de medio e ATREVÍMONOS!

Pero que fantásticos somos!