Ola rapazada: Como esta semana saímos cos monitores do CEM, seguramente con Nati e Fran, nunha actividade do Concello, queremos compartir con todos vós esta información. Se premedes nos enlaces a conseguiredes!
COSTA de DEXO-SERANTES, imaxe propiedade do Concello de Oleiros
E, coma sempre: A SER BOAS PERSOAS e RESPECTUOSOS cos monitores e con todas as persoas que encontremos, A APRENDER MOITAS COUSAS, A PORTARNOS BEN... Sodes quen de facelo! NOTA: Como, polo de agora, non sabemos como vos facer visibles os enlaces, premede neles e PEDÍDENOS PERMISO, porque aos que así o fixestes, volo estamos dando. Xa aprenderemos como! Prometémosvolo! MATERIAIS que teño que levar PROGRAMACIÓN da saída
Ola de novo! Queremos lembrarvos que o próximo martes, día 18 de decembro, iremos ata o aeroporto de Alvedro, para participar na actividade de AENA, "Aeroportos Verdes".