Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de enero de 2015

30 de xaneiro DÍA DA PAZ

Mural feito polo alumnado do noso "cole", foto realizada por Celtia

Aproveitamos esta entrada para colgarvos un vídeo de YouTube coa canción "La cançó del soldadet" do grupo catalán Manel.



jueves, 6 de febrero de 2014

DÍA da PAZ

Nelson Mandela: “O heroe dun país”
Cartel realizado polo alumnado do "cole"
Nelson Rolihlahla Mandela naceu en Mvezo (Unión Sudafricana) o 18 de xullo de 1918 e faleceu o 5 de decembro de 2013. Foi un dos principais loitadores contra o apartheid -política do goberno branco daquel país e que consideraba inferiores aos homes e mulleres que non fosen desa raza-. Nelson Mandela participou no CNA (Congreso Nacional Africano) que pelexaba contra esas leis. O cinco  de decembro do  1956,  Madiba e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos por alta traizón, condeárono a pena de prisión e non sería liberado ata o ano 1990. Cando o soltaron, traballou co presidente De Klerk que gobernaba naquel momento para cambiar esas leis. Uns anos máis tarde, no 1994, foi elixido o primeiro presidente negro de Suráfrica.
Nelson Mandela, no seu 89º aniversario/ ALEXANDER JOE (AFP)
Nelson Mandela foi galardoado co premio Nobel da Paz 1993, pola súa loita pola igualdade de dereitos para as diferentes razas.
Foi coñecido como Madiba, título honorífico que se lle dá aos anciáns do clan “xhosa” ao que el pertencia.
Este pasado trinta de xaneiro, Día da Paz, na nosa escola recordamos a Madiba polos seus bos actos.

Carmen Conchado e Tomás Álvarez
Fontes:



lunes, 20 de enero de 2014

MENSAJES DEL AGUA, de Macaco

Esta si que é a que vos tedes que aprender. Perdoade pola confusión!


Mensajes del agua


E agora, un enlace a estoutro vídeo de YouTube que si ten a letra!


lunes, 13 de enero de 2014

UNA SOLA VOZ de Macaco para o Día da Paz

E para que vos vaiades aprendendo a letra da canción "Una sola voz" de Macaco que o Equipo de Actividades Extraescolares escolleu para ese día aí vos vai un vídeo de YouTube con ela.