Ola de novo:
Para que vaiades facendo boca, colgámosvos aquí uns enlaces sobre o próximo tema de coñecemento do medio: O sistema solar e a Terra.
ASTRONOMÍA PARA CATIVOS, materiais colgados polo ministerio de educación
JUNTA DE ANDALUCÍA, do sistema solar ao noso planeta
da editorial SANTILLANA: O movemento de translación e as estacións do ano
de WIKISPACES: animacións sobre a Terra e o universo
edilim MOVEMENTOS DA TERRA E A LÚA, elaborado por Florentino Sánchez, mestre do CP Los Ángeles de Caminomorisco, Cáceres
ministerio de educación, XOGO SOBRE OS PLANETAS VOANTES
LA EDUTECA, vídeo didáctico AS CAPAS DA TERRA
O SISTEMA SOLAR, outro vídeo de LA EDUTECA
páxina infantil NASA (Axencia Espacial dos Estados Unidos de América)
COMO SE REPRESENTA A TERRA, do blog de SERGIO GALVAN
información, mapas, vídeos sobre A REPRESENTACIÓN CARTOGRÁFICA da TERRA, do blog do mestre DANIEL DÍAZ CARBAYO
E, agora, a comprobar que sei de todo o que dei neste tema!
XOGO TIPO TRIVIAL de www.testeando.es
Mostrando entradas con la etiqueta páxinas web interesantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta páxinas web interesantes. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de noviembre de 2013
enlaces interesantes para o novo tema de medio O SISTEMA SOLAR e A TERRA
Etiquetas:
coñecemento do medio,
enlaces a páxinas educativas,
NASA,
o sistema solar e a Terra,
páxinas web interesantes,
representación cartográfica da Terra,
vídeos educativos
martes, 21 de mayo de 2013
PÁXINA INTERESANTE para todos nós
Para entrar nos xogos correspondentes ao voso nivel, tedes que...
...baixar, á dereita, un pouco ata encontrar o SEGUNDO CICLO.
...picade nel, e na páxina principal, arriba de todo, están os de terceiro de primaria; pero logo, baixando un pouco máis, atoparedes os de CUARTO!
Quen vos recomenda este enlace? Pois unha compañeira vosa? MOITÍSIMAS GRAZAS e continuade así: sendo boas cativas e cativos!
ACTIVIDADES INTERACTIVAS para nen@s de Primaria de EDUCALANDIA
Etiquetas:
páxinas web interesantes,
suxestións dos alumnos
martes, 23 de abril de 2013
NOVAS PROGRAMACIÓNS DE MATEMÁTICAS E LINGUA ESPAÑOLA
Ola nenos e nenas de 4º A!
Tomade nota dos temas que traballaremos nos próximos quince dias:
Tomade nota dos temas que traballaremos nos próximos quince dias:
Área de Lingua Española, tema 10: EL CAPITÁN TIBURCIO
TEMA 10
|
LINGUA ESPAÑOLA, EL CAPITÁN TIBURCIO, páxs. 132 á 148.
|
LINGUA GALEGA, FACEMOS FORZA, páxs. 138 á 161
|
Lectura
|
El capitán Tiburcio, páx. 132.
|
UN TEXTO NARRATIVO, A rebelión dos electrodomésticos, de “Pé mais eu”, de Gloria Sánchez García, páx. 140.
|
Vocabulario
|
Repaso.
|
As palabras homófonas.
|
Ortografía
|
Verbos terminados en –bir.
|
Palabras con x e con s.
|
Gramática
|
A terceira conxugación.
|
Os pronomes persoais.
|
Expresión escrita
|
Escribir unha carta á directora.
|
Escribir un anuncio.
|
Comunicación oral
|
Falar sobre o transporte.
|
Propoñer solucións.
|
Aprender a pensar
|
Valorar. Podemos aprender do que pensan os demais?
| |
Outros textos
|
Unha noticia.
| |
Melloro as miñas competencias
|
Localizamos unha noticia.
|
Inventar un “slogan”
|
Na área de Matemáticas, tema 9: OS NÚMEROS DECIMAIS
Tema 9
|
Números Decimales
|
Conceptos
|
Unidad, décima y centésima.
Números decimales.
Suma y resta de decimales.
|
Cálculo Mental
|
Restar 9 y 11 a un número.
|
Problemas
|
Relacionar una pregunta con el cálculo que la resuelve.
|
Competencias
|
Aplicar distintos conceptos a situaciones cotidianas.
|
Repaso
|
Números, fracciones y operaciones.
|
ENLACES para traballar este tema de matemáticas:
. OS NÚMEROS DECIMAIS, presentación en POWERPOINT, feita por unha mestra para o seu alumnado de 4º de EP
. OS DECIMAIS, material elaborado polo GOBERNO CANARIO
. OS DECIMAIS, de GENMAGIC.ORG, que é un portal de creación e investigación multimedia
. INTERPRETACIÓN GRÁFICA DE FRACCIÓNS, elaborada por GENMAGIC.ORG
. NUMERACIÓN DECIMAL, de Xogos Educativos Vindel
- RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS (razoamento, cálculo, problemas, lóxica...)
martes, 9 de abril de 2013
NOVO TEMA de COÑECEMENTO DO MEDIO e ENLACES para traballalo
Ola guapetóns e guapetonas:
- Nesta semana, 8 ao 12 de abril, por fin!, verdade?volvemos ao libro e comezaremos un novo tema en "medio": A materia e a enerxía, páxs. 92 á 103.
- Que traballaremos nel?
Tipos de materiais.
Os cambios da materia.
Clasificación dos obxectos segundo o estado da materia no que se encontren.
Identificación dos materiais dos que están feitos algúns obxectos diferenciando os materiais naturais dos artificiais.
A forza e a enerxía.
As fontes de enerxía: tipos e problemas ambientais que xeran.
Interese por coñecer os materiais dos que están formados os obxectos que nos rodean.
Valoración das propiedades dos materiais en relación cos seus usos e aplicacións.
A MATERIA, do "Proxecto Arquímedes", do Ministerio de Educación
QUE É A MATERIA, por Wikisaber
OS MATERIAIS E AS SÚAS PROPIEDADES, edilim do CP "Los Ángeles", un colexio estremeño
A ENERXÍA E AS SÚAS FORMAS, enlaces varios do blog de Luisa María Arias
A ENERXÍA, contidos de EDUCAMADRID
jueves, 4 de abril de 2013
ENLACES para repasar AS FRACCIÓNS
Ola cativas e cativos:
Deixámosvos aquí uns enlaces a unhas páxinas web moi interesantes e nas que poderedes estudar e repasar os conceptos que estamos a traballar en clase sobre as fraccións! Non sexades impacientes e dádelle tempo a que se abran!
. Edilim de FRACCIÓNS feito por un colexio andaluz, o Pablo de Olavide
. Traballo sobre FRACCIÓNS elaborado polo portal educativo WIKISABER
. Recursos didácticos elaborados pola editorial ANAYA e difundidos polo CEIP JUAN HERRERA ALCAUSA de Vélez-Málaga
AH! E NON ESQUEZADES o que demos antes, polo que o debedes repasar de cando en vez.
- Queremos que saibades que wikisaber é un portal educativo fundamentado na ensinanza e a aprendizaxe colaborativas. É un proxecto gratuíto que se dirixe a todos os cursos de ensinanza obrigatoria e a toda a comunidade educativa: alumn@s, profesores/as e nais, pais e titores/as.
Etiquetas:
fraccións,
matemáticas,
páxinas web interesantes
domingo, 3 de marzo de 2013
RECURSOS PARA TRABALLAR AS MATEMÁTICAS
Ola moz@s!
Xusto, o orientador do noso cole, recoméndanos unha serie de webs para traballar as matemáticas dunha forma amena.
Premede no enlace e atoparedes onde repasar os contidos matemáticos.
ÁNIMO!!
ENLACES RECURSOS DE MATEMÁTICAS
martes, 22 de enero de 2013
EXAME DE MATEMÁTICAS e PÁXINAS WEB INTERESANTES
E coma non! Outro exame máis, este é de matemáticas, do tema sete, das DIVISIÓNS POR DÚAS CIFRAS. Cando o faredes? Pois o luns 28 de xaneiro! Tedes que estudar a teoría: cal é a propiedade fundamental da división exacta, o ordinograma da división por un número de dúas cifras... E, sobre todo, NON DEIXEDES DE PRACTICAR TODOS OS DÍAS O CÁLCULO e a RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS!
SE O FACEDES ASÍ, XA VEREDES COMO OBTEREDES UNHA BOA NOTA!
E aquí vos van dúas boas páxinas.
E OUTRA MÁIS, para poder entrar e ver os proxectos que presentastes vós e outros nen@s para o reto AEROPORTOS VERDES!
SE O FACEDES ASÍ, XA VEREDES COMO OBTEREDES UNHA BOA NOTA!
E aquí vos van dúas boas páxinas.
- Para AS DIVISIÓNS:
- Para o tema da ORIENTACIÓN:
E OUTRA MÁIS, para poder entrar e ver os proxectos que presentastes vós e outros nen@s para o reto AEROPORTOS VERDES!
jueves, 7 de junio de 2012
E POR ONDE "NAVEGAREMOS"?
Aquí vos van unhas direccións moi interesantes! SE PICADES NELAS, xa vos enlazan a páxinas web de...
- Museo participativo de ciencia de Bos Aires, que ten xogos interactivos ao entrar nas diferentes salas.
- O Exploratorium de San Francisco. Está en inglés, é unha páxina moi interesante que recolle gran cantidade de información e enlaces. Boas exhibición on-line. Contén un buscador que axuda a encontrar experiencias, incluso en español.
- Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, que ten unha sé aquí, ao lado, na Coruña. Lembrade! Neste mes de xuño, a entrada é gratuíta.
ANIMÁDEVOS, que pasaredes moi bos ratos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)