Mostrando entradas con la etiqueta CEIP Isidro Parga Pondal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CEIP Isidro Parga Pondal. Mostrar todas las entradas
lunes, 1 de junio de 2015
sábado, 31 de enero de 2015
30 de xaneiro DÍA DA PAZ
Mural feito polo alumnado do noso "cole", foto realizada por Celtia
Aproveitamos esta entrada para colgarvos un vídeo de YouTube coa canción "La cançó del soldadet" do grupo catalán Manel.
jueves, 6 de febrero de 2014
DÍA da PAZ
Nelson Mandela: “O heroe dun país”
![]() |
| Cartel realizado polo alumnado do "cole" |
Nelson Rolihlahla Mandela naceu en Mvezo (Unión Sudafricana) o 18 de xullo de 1918 e faleceu o 5 de decembro de 2013. Foi un dos principais loitadores contra o apartheid -política do goberno branco daquel país e que consideraba inferiores aos homes e mulleres que non fosen desa raza-. Nelson Mandela participou no CNA (Congreso Nacional Africano) que pelexaba contra esas leis. O cinco de decembro do 1956, Madiba e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos por alta traizón, condeárono a pena de prisión e non sería liberado ata o ano 1990. Cando o soltaron, traballou co presidente De Klerk que gobernaba naquel momento para cambiar esas leis. Uns anos máis tarde, no 1994, foi elixido o primeiro presidente negro de Suráfrica.
| Nelson Mandela, no seu 89º aniversario/ ALEXANDER JOE (AFP) |
Nelson Mandela foi galardoado co premio Nobel da Paz 1993, pola súa loita pola igualdade de dereitos para as diferentes razas.
Foi coñecido como Madiba, título honorífico que se lle dá aos anciáns do clan “xhosa” ao que el pertencia.
Este pasado trinta de xaneiro, Día da Paz, na nosa escola recordamos a Madiba polos seus bos actos.
Carmen Conchado e Tomás Álvarez
Fontes:
- http://internacional.elpais.com/internacional/2013/12/05/actualidad/1386282807_331859.html -PARA A FOTO-
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
Día da Paz,
Nelson MANDELA
martes, 21 de enero de 2014
TOD@S SOMOS IGUAIS!
Como xa sabedes, ao noso ciclo tócalle redactar un conto en equipo para o Día da Muller Traballadora (8 de marzo). E para que vaiades vendo por onde van os tiros, ímosvos colgar uns cantos enlaces.
E aquí tedes outros contos máis:
La Cenicienta que no quería comer perdices, de NUNILA LÓPEZ SALAMERO
Una feliz catástrofe, de ADELA TURÍN
E aquí tedes outros contos máis:
El príncipe ceniciento
Sofía, la vaca que amaba la música
Rosa caramelo
Los colores, de Nunila López
Viejos cuentos, nuevos finales
El Príncipe Ceniciento
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
coeducación,
contos coeducativos e colaborativos,
Día da Muller,
DO do CEIP Isidro Parga Pondal,
igualdade de sexo
miércoles, 4 de septiembre de 2013
MATERIAIS PARA O QUINTO NIVEL DE EP
Ola a tod@s, familias e cativ@s:
Volvemos poñernos en marcha! E, para comezar, ímosvos colgar a relación de materiais para o curso 2013/2014. Lembrade antes de compralos que algúns deles xa os tivestes que mercar en cursos anteriores, que os tedes en casa ou QUE QUEDARON NA ESCOLA para que non se vos perdesen. (Se dubidades se os tedes, non os merquedes ata comprobar que vos quedaron xa nas aulas ou que os gardastes na vosa casa!)
Unha forte aperta e BO COMEZO DE CURSO.
Julia Paz e Conchi Patiño (titoras de 5º curso)
Volvemos poñernos en marcha! E, para comezar, ímosvos colgar a relación de materiais para o curso 2013/2014. Lembrade antes de compralos que algúns deles xa os tivestes que mercar en cursos anteriores, que os tedes en casa ou QUE QUEDARON NA ESCOLA para que non se vos perdesen. (Se dubidades se os tedes, non os merquedes ata comprobar que vos quedaron xa nas aulas ou que os gardastes na vosa casa!)
Unha forte aperta e BO COMEZO DE CURSO.
Julia Paz e Conchi Patiño (titoras de 5º curso)
CURSO 2013/2014
MATERIAL
PARA O ALUMNADO DO QUINTO NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE
ISIDRO PARGA PONDAL
Consumible:
a 1 carpeta grande de 2 anelas tamaño
folio
cun recambio cuadriculado e outro raiado
a 1 sobre de arandelas
autoadhesivas para reparar os furados rotos dos recambios desa carpeta
a 1 paquete de 500
folios DIN A4 de 80 g
a 1 goma de borrar
MILAN 612 NATA
a 1 barra grande de
pegamento
a 2 lapis STAEDTLER
NORIS 2HB
a 1 afilalapis bo con
depósito
a 1 bolígrafo
azul +
1 bolígrafo vermello
a 1 caixa de 12
PLASTIDECORES de CONTÉ
a 1 caixa de 10
rotuladores de cores EDDING 1200 (negra, vermella, amarela, azul clara, azul
escura, verde clara, verde escura, laranxa, lila, marrón...)
a 5 fundas
multitaladro de plástico tamaño folio
a 1 funda de plástico
tipo sobre –tamaño FOLIO (grande)
a 1 axenda escolar do
curso 2013-2014 –tamaño cuartilla-
a 1 libreta tamaño
folio de aramio para a asignatura de lingua inglesa
Non consumible:
a 1 estoxo grande de
cremalleira con tirador para gardar o material de uso diario
a Unhas tesoiras
KAICUT _se a nena ou o neno é zurda/o, unhas que se lle adecúen_
a 1 regra boa de 30 cm , unha escuadra, un
cartabón e un transportador de ángulos
a 1 compás básico
a 1 calculadora básica
a 1 envase de 10
separadores mulititaladro en PVC para a carpeta de aula
a 1 frauta HOHNER
a1
lapis de memoria de 4 GB
aUns
AURICULARES
PORTO DE SANTA CRUZ, setembro de 2013
P.D. 1º SÉRVELLES TODO O MATERIAL CITADO ARRIBA QUE
CONSERVEN DE CURSOS ANTERIORES E QUE ESTEA EN BO ESTADO
2º RECOMENDÁSELLES QUE TODO o MATERIAL (lapis
de memoria, auriculares, lapis, rotuladores, carpetas, gomas, regras, libretas...)
VEÑA ETIQUETADO CO NOME COMPLETO DO ALUMNO/A e os libros FORRADOS E
IDENTIFICADOS (na súa parte exterior, na zona superior esquerda)
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
relación de MATERIAIS
viernes, 21 de junio de 2013
E por fin, chegou... O FINAL DO CURSO!
Ola cativ@s:
A que criades que non ía chegar nunca? Pois, aquí o temos: outro ano máis, e, nesta ocasión, coma noutras, compañeir@s que nos deixan.
Ben, raparig@s, hoxe como xa sabedes, temos o corazón dividido ou fraccionado, xa que comeza o verán e rematan as clases.
Como despedida, deixámosvos un vídeo, resumo da excursión de fin de curso a Ponteceso, acompañado dalgunhas fotos a maiores que amosan algúns dos momentos que vivíchedes neste ano e no anterior. Ademais, vaivos servir para lembrarvos das compañeiras que nos deixan.
Esperamos que vos guste!
Só queda desexarvos un estupendo verán no cal recarguedes pilas para coller 5º con moito ánimo e enerxía!
Conchi Patiño e Cristina Palleiro
P.S.
NON OLVIDEDES entrar no blog a finais da semana que vén para consultar os materiais que se vos van pedir para 5º de EP, para o curso 2013/14.lunes, 27 de mayo de 2013
VISITA DA PROFE CECILIA
Ola,somos os nenos de 4º A.
Aquí vos deixamos un powerpoint que elaboramos con motivo da visita ao noso colexio da nosa exprofesora Cecilia.
Cecilia, se estás vendo isto, esperamos que che guste.
Botámoste de menos e sempre estarás nos nosos corazóns.
Moitos bicos.
Aquí vos deixamos un powerpoint que elaboramos con motivo da visita ao noso colexio da nosa exprofesora Cecilia.
Cecilia, se estás vendo isto, esperamos que che guste.
Botámoste de menos e sempre estarás nos nosos corazóns.
Moitos bicos.
Etiquetas:
cecilia,
CEIP Isidro Parga Pondal
viernes, 15 de marzo de 2013
RECORDATORIO DE EXAMES
Ola raparig@s!
Antes das ansiadas vacacións de Semana Santa teremos dous controis. Son os seguintes:
O xoves dia 21 de marzo temos o control de Lingua Castelá dos temas
7 e 8.
E o próximo venres día 22 de marzo, teredes o exame de matemáticas do tema 10 "Tempo e diñeiro".
Así que empezade a repasar todos os días na casiña.
ÁNIMO e a por unhas BOAS NOTAS que volas merecedes!!
Etiquetas:
avisos e comunicados,
CEIP Isidro Parga Pondal,
control,
español,
matemáticas
jueves, 28 de febrero de 2013
O PLANO
Ola rapaces e rapazas:
Como calquera destes días vos imos pasar unha proba sobre este tema que estamos a traballar en coñecemento, dámosvos un enlace que vos pode axudar! UTILIZÁDEO, que vos vai vir ben e así seredes quen de conseguir bos resultados! ÁNIMO e a por eles!
O PLANO E A ORIENTACIÓN
Como calquera destes días vos imos pasar unha proba sobre este tema que estamos a traballar en coñecemento, dámosvos un enlace que vos pode axudar! UTILIZÁDEO, que vos vai vir ben e así seredes quen de conseguir bos resultados! ÁNIMO e a por eles!
O PLANO E A ORIENTACIÓN
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
coñecemento do medio,
exames,
o plano
domingo, 24 de febrero de 2013
novos temas de MATEMÁTICAS, ESPAÑOL e GALEGO
Ola cativos e cativas:
Temas novos, dos que vos imos poñer aquí os contidos.
MATEMÁTICAS
Tema 10
|
Tempo e Diñeiro
|
Conceptos
|
Unidades de tempo / Horas no reloxo analóxico e dixital.
Unidades de moeda.
|
Cálculo mental
|
Suma de números descompoñendo os sumandos.
|
Problemas
|
Resolución de problemas aplicando equivalencias de tempo e situacións de compra.
|
Competencias
|
Coñecemento dos aspectos cuantitativos e temporais da realidade.
|
Repaso
|
Números, operacións e problemas.
|
Aquí tedes un enlace para traballar as unidades de tempo co reloxo.
RELOXO DIXITAL E ANALÓXICO
LINGUAS ESPAÑOLA e GALEGA
TEMA
8
|
LINGUA
ESPAÑOLA, EL ARTISTA SABIO, páxs.
106 á 119
|
LINGUA GALEGA, UN MUNDO DE
MATERIAIS, páxs. 110 á 123
|
Lectura
|
El artista sabio, páx. 106.
|
UN TEXTO NARRATIVO, O garaxe, de “Brais e os demais”, de Manuel
Darriba, páx. 112.
|
Vocabulario
|
Sufixos para formar adxectivos.
|
Os sufixos (II).
|
Ortografía
|
O b nos verbos.
|
Palabras con h e sen h.
|
Gramática
|
A primeira conxugación.
|
Os determinantes: os demostrativos e os posesivos.
|
Expresión escrita
|
Facer unha invitación.
|
Describir os personaxes dun conto. . SUMARLLE a expresión escrita do tema 12 de lingua española, páxs. 160 á 173.
|
Comunicación oral
|
Falar sobre a xente.
|
Describir lugares.
|
Literatura
|
As lendas.
|
|
Aprender a
pensar
|
Desafiar. Como nos enfrontamos a actividades que nos resultan
difíciles?
|
|
Outros textos
|
||
Melloro as miñas competencias
|
Escribimos un correo electrónico.
|
Contar unha lenda.
|
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
español,
galego,
matemáticas,
programación
miércoles, 6 de febrero de 2013
AVISOS: TRABALLOS de español
Ola mozos e mozas:
Na próxima quincena tedes que realizar un traballo de investigación sobre o ENTROIDO. Levades un guión para realizalo, axustádevos a el e seguide os pasos que vos marcamos. ENTREGARÉDELO, como data tope, o venres 22 de febreiro.
NON O DEIXEDES PARA O FINAL, ide facendo todos os días un pouco, revisade o que escribides, corrixide os erros, dádello a ler a outras persoas, volvede corrixir, e, cando o teñades revisado e corrixido, pasádeo a limpo con letra clariña, en folios en branco. Poñédelle unha folla portada bonita na que fagades constar os vosos datos e para que asignatura o elaborastes, e OLLO!, non esquezades escribir o título do informe. Na última folla do traballo tedes que anotar a bibliografía, e debedes engadirlle a esta última páxina, un folio en branco.
SODES CAPACES DE FACELO MOI BEN! ÁNIMO E A POR UN TRABALLO BEN FEITO!
Na próxima quincena tedes que realizar un traballo de investigación sobre o ENTROIDO. Levades un guión para realizalo, axustádevos a el e seguide os pasos que vos marcamos. ENTREGARÉDELO, como data tope, o venres 22 de febreiro.
NON O DEIXEDES PARA O FINAL, ide facendo todos os días un pouco, revisade o que escribides, corrixide os erros, dádello a ler a outras persoas, volvede corrixir, e, cando o teñades revisado e corrixido, pasádeo a limpo con letra clariña, en folios en branco. Poñédelle unha folla portada bonita na que fagades constar os vosos datos e para que asignatura o elaborastes, e OLLO!, non esquezades escribir o título do informe. Na última folla do traballo tedes que anotar a bibliografía, e debedes engadirlle a esta última páxina, un folio en branco.
SODES CAPACES DE FACELO MOI BEN! ÁNIMO E A POR UN TRABALLO BEN FEITO!
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
español,
galego,
traballos que teño que entregar
lunes, 4 de febrero de 2013
NOVOS TEMAS de LINGUA GALEGA e ESPAÑOLA
Ola cativos e cativas de 4º:
Comezamos novos temas nas dúas linguas. E aquí tedes a táboa cos contidos que imos traballar neles.
Comezamos novos temas nas dúas linguas. E aquí tedes a táboa cos contidos que imos traballar neles.
TEMA 7 |
LINGUA
ESPAÑOLA:AVENTURA EN LA ANTÁRTIDA,
páxs. 92 á 105
|
LINGUA GALEGA: VIAXE ESPACIAL, páxs. 96 á 109
|
Lectura
|
Aventura en la Antártida, páx. 92.
|
UN TEXTO NARRATIVO, Astronautas, de “Os amores de
Bruno”, de Antón Cortizas, páx. 98.
|
Vocabulario
|
Sufixos para formar substantivos.
|
Os sufixos (I).
|
Ortografía
|
Adxectivos con v.
|
As contraccións do artigo.
|
Gramática
|
Os tempos verbais.
|
Os determinantes: o artigo.
|
Expresión escrita
|
Continuar un texto.
|
Facer un esquema.
|
Comunicación oral
|
Intervir nun debate.
|
|
Literatura
|
A rima.
|
|
Aprender a pensar
|
Concentrarse. Que facemos para concentrarnos mellor?
|
|
Outros textos
|
Un folleto.
|
|
Melloro as miñas
competencias
|
Consultamos a enciclopedia.
|
Elaborar un texto informativo.
|
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
español,
galego,
programación
EXAME DE galego
Este venres, 8 de febreiro, faremos o exame do tema 6 de lingua galega. Así que, ide repasando para que ese día vos saia moi ben. ÁNIMO!
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
exames,
galego
jueves, 31 de enero de 2013
exame de LINGUA ESPAÑOLA
Ola cativos e cativas!
Con esta entrada lembrámosvos que o martes, 5 de febreiro, vos examinaredes do tema 6 de lingua española. Ídeo estudando pouco a pouco, comezade hoxe, e cada día que pase, repasades o anterior e estudades o novo. VEÑA, a por el, que xa queda menos!
Na semana entrante, tamén vos examinaredes do tema 6 de galego. Xa vos diremos cando.
Con esta entrada lembrámosvos que o martes, 5 de febreiro, vos examinaredes do tema 6 de lingua española. Ídeo estudando pouco a pouco, comezade hoxe, e cada día que pase, repasades o anterior e estudades o novo. VEÑA, a por el, que xa queda menos!
Na semana entrante, tamén vos examinaredes do tema 6 de galego. Xa vos diremos cando.
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
español,
exames
lunes, 28 de enero de 2013
novos temas de MATEMÁTICAS e MEDIO
Comezamos novos temas en MATEMÁTICAS e MEDIO. Cales son?
- MATEMÁTICAS: Rectas, semirrectas, segmentos, ángulos
Que daremos nel?
- Identificación de rectas paralelas, secantes e perpendiculares.
- Identificación e trazado de rectas, semirrectas e segmentos.
- Recoñecemento da orixe dunha semirrecta e dos extremos dun segmento.
- Recoñecemento dos elementos dun ángulo.
- Medición de ángulos co transportador.
- Clasificación de ángulos en rectos, agudos e obtusos, a partir da súa medida en graos.
- Reconstrución do enunciado dun problema.
- Valoración da utilidade do vocabulario específico á hora de referirnos a conceptos xeométricos en situacións da vida cotiá.
- Interese por presentar os debuxos de elementos xeométricos de forma correcta e limpa.
En que páxinas poderemos entrar?
RECTAS e ÁNGULOS
VÍDEO no que vos ensinan a medir ángulos
outro VÍDEO no que vos aprenden a trazar paralelas e perpendiculares
E NON PODEMOS ESQUECER QUE TEMOS QUE CONTINUAR TRABALLANDO O CÁLCULO: sumas, restas, multiplicacións e división por dúas cifras!
- E en MEDIO, cal?
E que traballaremos nel?
- Elaboración, en grupos e individualmente, do plano da clase.Interpretación de planos da contorna próxima.
- Localización no espazo de obxectos situados no plano, e viceversa.
- Identificación de elementos e lugares representados no plano.
- Utilización da cuadrícula coma referencia para localizar a posición dos obxectos no plano.
- Localización da cuadrícula no plano cuadriculado a partir de filas e columnas.
- Adopción e utilización da notación para a definición da situación de puntos no plano.
- Representación e lectura de puntos no primeiro cuadrante do plano cartesiano.
- Construción de figuras e itinerarios no plano dadas as súas coordenadas, e viceversa.
- Localización e representación de puntos no primeiro cadrante do plano cartesiano.
- Codificación e decodificación de recorridos mediante a lectura ou situación de puntos no plano cartesiano cos valores das coordenadas.
E en que páxina poderemos entrar para practicar?
COORDENADAS DUN PUNTO NO PLANO
Etiquetas:
ángulos,
CEIP Isidro Parga Pondal,
coñecemento do medio,
matemáticas,
o plano,
polígonos,
programación,
rectas,
segmentos,
semirrectas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






