Mostrando entradas con la etiqueta materia e enerxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta materia e enerxía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de septiembre de 2013

PROGRAMACIÓN e ENLACES do tema de medio A MATERIA

Ola cativ@s e familias! Retomamos a normalidade e volta ao que nos toca facer! E ÁNIMO, que vos podedes: sodes un fato de bos raparig@s como vos dicía Cristina e, se vos poñedes "as pilas", e comezades a estudar día a día, repasando o que damos na clase, revisando o traballo feito na aula, veredes QUE BEN VOS VAI IR. 
A POR UN BO CURSO,  o 2013-2014! 

A MATERIA, tema 6 do libro de texto de COÑECEMENTO DO MEDIO; páxs. 70 á 83

Contidos

  • Concepto de materia
  • Propiedades xerais: masa e volume. Outras propiedades da materia
  • Estados da materia: sólido, líquido e gas. Cambios da materia: físicos e químicos.
  • Cambios físicos reversibles e irreversibles. Cambios de estado.
  • Mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Procedementos de separación das mesturas.
  • Cambios químicos. A oxidación, a combustión e a fermentación.
  • Cálculo do volume dun sólido.
  • Diagnóstico de obxectos cotiáns como mesturas homoxéneas ou heteroxéneas.
  • Aprendizaxe dos efectos prexudiciais da combustión.
  • Adestramento sobre as normas de seguridade nun laboratorio.
  • Análise da importancia dos materiais ignífugos na loita contra os incendios.
  • Pulcritude e coidado na manipulación de substancias e na toma de datos.
  • Respecto polas formas de seguridade nas investigacións científicas.
  • Recoñecemento da importancia da prevención de incendios.
  • Aprecio da calidade ambiental no medio próximo.


Enlaces interesantes

SLIDES

Para REPASAR

martes, 9 de abril de 2013

NOVO TEMA de COÑECEMENTO DO MEDIO e ENLACES para traballalo


Ola guapetóns e guapetonas:

  • Nesta semana, 8 ao 12 de abril, por fin!, verdade?volvemos ao libro e  comezaremos un novo tema en "medio": A materia e a enerxía, páxs. 92 á 103.
  • Que traballaremos nel? 
A materia e as súas propiedades.
Tipos de materiais.
Os cambios da materia.
Clasificación dos obxectos segundo o estado da materia no que se encontren.
Identificación dos materiais dos que están feitos algúns obxectos diferenciando os materiais naturais dos artificiais.
A forza e a enerxía. 
As fontes de enerxía: tipos e problemas ambientais que xeran.
Interese por coñecer os materiais dos que están formados os obxectos que nos rodean.
Valoración das propiedades dos materiais en relación cos seus usos e aplicacións.




A MATERIA, do "Proxecto Arquímedes", do Ministerio de Educación

QUE É A MATERIA, por Wikisaber

OS MATERIAIS E AS SÚAS PROPIEDADES, edilim do CP "Los Ángeles", un colexio estremeño

A ENERXÍA E AS SÚAS FORMAS, enlaces varios do blog de Luisa María Arias

A ENERXÍA, contidos de EDUCAMADRID