Ola cativ@s de sexto: Xa sabedes que o venres 6 de marzo imos ir ao Castelo de Santa Cruz, á sede do CEIDA, para participar no programa de educación medioambiental "Misión Océanos" que pretende que vos sensibilicedes sobre o importante valor natural dos ecosistemas mariños e da súa fraxilidade. Esta débese ao impacto das actividades humanas e os residuos que producen. Deixámosvos aquí abaixo os paneis que forman parte deste programa.
E para que vos fagades unha idea de como as actuacións humanas poden degradar os océanos, colgámosvos este vídeo de YouTube.
Aquí tedes o vídeo da saída que fixemos polo río Mero o 19 de marzo de 2013.
Espero que vos guste!! Cristina Palleiro P.S. Estamos a rematar o tema de medio "A comarca da Coruña", polo que empezade a repasar, que a semana que vén teredes o exame deste tema!!
Ola de novo: Como xa rematastes os vosos proxectos para o Reto Aeroportos Verdes de AENA, avísovos de que xa os enviamos a esa organización. Ademais, aproveitei para colgárvolos na nosa páxina E NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS... Bo traballo!