Mostrando entradas con la etiqueta lonxitude. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lonxitude. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de abril de 2015

Tema 11 de matemáticas: Peso, lonxitude e superficie.

Ola a tod@s!

Xa estamos no tema nº 11, "Peso, lonxitude e superficie".

Lembraredes conceptos e actividades que xa practicastes o curso pasado, así que será doado se  lle dedicades tempo e realizades todas as tarefas. 

Cando rematemos o tema realizaredes unha PROBA ESCRITA. Será o venres, 8 de maio.

Tema 11
PESO, LONXITUDE E SUPERFICIE
Conceptos
Unidades de lonxitude e cambios de unidades.
Unidades de peso e cambios de unidades.
Unidades de superficie e cambios de unidades.
Unidades agrarias.


Cálculo mental

Dividir entre 0,5.

Problemas

Descubrir a pregunta a partir das operacións que resolven un problema.
Competencias
Aplicación práctica dos conceptos.



A LONXITUDE

OPERACIÓNS MEDIDAS DE LONXITUDE

LONXITUDE, PESO E CAPACIDADE I

LONXITUDE, PESO E CAPACIDADE II

A SUPERFICIE I

A SUPERFICIE II

MEDIDAS AGRARIAS

miércoles, 30 de abril de 2014

Exame de matemáticas (unidade 11).

EXAME DE MATEMÁTICAS

O mércores, 7 de maio, realizaremos o exame de matemáticas correspondente á unidade 11, "A lonxitude".

Practicade todo o que poidades os cambios de unidades!!

martes, 22 de abril de 2014

Tema 11: A lonxitude

Ola a tod@s!

Nestes  días na área matemáticas, estamos a  traballar o tema nº 11 "A lonxitude".

Aquí tedes a programación do novo tema, botádelle unha ollada e realizade todas as actividades que poidades!



Tema 11
A lonxitude
Conceptos
Sistema métrico decimal.
Expresións complexas e incomplexas.
Cambios de unidade e decimais.
Operacións con lonxitudes.
As escalas dos mapas.

Cálculo mental
Multiplicar por 10, 100...

Problemas
Cambio de unidades. Elixir a unidade adecuada para presentar o resultado.
Competencias
Aplicación práctica de conceptos.
Repaso
Operacións con decimais.



A lonxitude I


A lonxitude II


A lonxitude III


Relacións entre as medidas de lonxitude I


Relacións entre as medidas de lonxitude II

















martes, 14 de mayo de 2013

PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS TEMA 11 "A LONXITUDE"



Boas moz@s!

Nos próximos quince días na área matemática, traballaremos o tema nº 11 "A lonxitude". 

Aquí vos deixamos a programación do novo tema, botádelle unha ollada!

Tema 11
A lonxitude
Conceptos
O metro, o decímetro e o centímetro.
O milímetro.
O quilómetro. O hectómetro e o decámetro.
Cálculo mental
Sumar 21, 31, 41... a un nº de tres cifras.
Sumar 19, 29, 39... a un nº de tres cifras.
Problemas
Inventar un problema a partir dun debuxo e duns cálculos dados.
Competencias
Aplicación práctica de conceptos.
Repaso
Números e operacións.
Fraccións e decimais.
Tempo e diñeiro.

ENLACES RELACIONADOS CO TEMA 11: