Mostrando entradas con la etiqueta os nosos traballos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta os nosos traballos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de febrero de 2014

MENSAXES CON CORAZÓN

Desde o DO do "cole" se nos pediu que contribuísemos cunhas MENSAXES CON CORAZÓN para celebrar o San Valentín, e a nós, as mozas e os mozos de 5º, se nos ocorreu o que ides ver...


HAIKUS CON CORAZÓN, por Candela e Celtia


lunes, 11 de noviembre de 2013

COMO PREPARAR , REDACTAR e PRESENTAR UN TRABALLO MONOGRÁFICO

Estes días, Xusto, o orientador do "cole", estavos a explicar como se elabora e presenta un traballo monográfico. Pegámosvos aquí un enlace ao caderno de bitácora do Departamento de Orientación da nosa escola, onde el vos dá, NUNHA PRESENTACIÓN,  as pautas.

COMO ELABORAR E PRESENTAR UNHA MONOGRAFÍA, polo DO do CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

jueves, 19 de septiembre de 2013

194º aniversario de Léon FOUCAULT

O mércores, ao abrir o buscador Google, encontramos un doodle que nos recordaba o aniversario do nacemento de Léon FOUCAULT, e propuxémonos saber quen era e por que lle facían un doodle. Algúns de nós buscamos información sobre el, e Emma, unha compañeira, atreveuse a facer unha presentación sobre FOUCAULT, que aquí vos deixamos.

domingo, 16 de junio de 2013

CIENTÍFICOS e INVENTORES

As nosas titoras, pedíronnos que investigasemos sobre persoas importantes para a nosa sociedade e nós decidimos traballar sobre: 

 ALBERT EINSTEIN
 ADA BYRON, coñecida tamén coma ADA LOVELACE

jueves, 30 de mayo de 2013

OS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA (Estarcido)

Ola de novo!!
Seguimos colgando na rede os traballos de plástica do alumnado de 4º.
Nesta ocasión, empregamos a técnica do estarcido utlizando témperas e cepillos de dentes.
Que vos parecen os resultados?       

  

                       Plástica (técnica do estarcido) - foto montaje

miércoles, 22 de mayo de 2013

Resumo tema 9 "A luz e o son"


Ola nen@s !!!
Son Celtia e fixen na miña casa un PowerPoint sobre o tema 9 de coñecemento do medio, "A LUZ E O SON".
Animádevos a velo e aprenderedes máis cousas das que sabedes e, ademais, de forma entretida.
Aquí o tedes:


A luz e o son from santacruz2013

Gustouvos?

miércoles, 13 de marzo de 2013

Día da Muller 2013

Ola! Por fin! Esta entrada é para anunciarvos que xa está colgado o cartel que fixemos sobre MARIE CURIE. O Departamento de Orientación do "cole" propúxonos que traballásemos sobre 18 mulleres notables -unha por cada grupo da escola-, e que resumísemos as nosas investigacións nun gran cartel.


MARIE CURIE -cartel de 4ºA-
Ímosvos poñer aquí dez razóns -entre outras moitas - que fan dela unha muller 10:

1ª. A primeira da súa clase cando rematou aos 15 anos os estudos de bacharelato (1883). Déronlle unha medalla de ouro.
2ª. A primeira muller graduada en Física na Universidade da Sorbona. Aquel ano (1893) soamente dúas mulleres  graduáronse nela. Marie foi, tamén, a primeira da clase.
3ª. A primeira persoa en utilizar a palabra radiactividade (1898).
4ª. A primeira muller en Europa que recibiu o doutorado en Ciencias (1903).
5ª. A primeira muller en recibir un Premio Nobel de Física (1903). O premio foille outorgado, conxuntamente co seu esposo Pierre e con Henri Becquerel, polo descubrimento da radiactividade.
6ª. A primeira muller que foi profesora e xefa de laboratorio na Universidade da Sorbona (1906).
7ª. A primeira persoa en ter dous Premios Nobel. O segundo sería de Química, en 1911, por ser quen de ter preparado o radio e investigado os seus compostos.
8ª. A primeira muller que foi membro da Academia Francesa de Medicina (1922).
9ª. A primeira nai Nobel cunha filla Nobel. En 1935,  a súa filla Irene obtivo o galardón en Química.
10ª. A primeira muller en ser enterrada baixo a cúpula do Panteón de París por méritos propios (1995).

http://luisleco4.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html

E, agora, unha tira cómica sobre ela!


http://www.fiami.ch/MC/img_MC/E_img_MC/E_1911_Marie-Curie.jpg