Mostrando entradas con la etiqueta os ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta os ANIMAIS. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de abril de 2014

OS INVERTEBRADOS

Ola cativ@s: Novo tema tamén en medio. Cal? Xa que seguimos cos animais, esta vez tócalles aos INVERTEBRADOS. 

Que estudaremos deles?
  • Os invertebrados. Características xerais e clasificación.
  • Os moluscos. Características xerais e clasificación.
  • Os artrópodos. Características xerais e clasificación. A metamorfose dos insectos.
  • Características xerais de vermes, poríferos, equinodermos, medusas, anemones e corais.
  • Realización de táboas para analizar as características xerais dos grupos de artrópodos.
  • Apreciación da diversidade de formas dos invertebrados. Valoración da biodiversidade como un ben que debemos conservar.
  • Valoración crítica do impacto do ser humano sobre os ecosistemas. Valoración positiva das actitudes persoais comprometidas co coidado da natureza.
  • Recoñecer o valor da biodiversidade dos invertebrados e a súa importancia ecolóxica. 
A onde imos ir para saber máis deles?

 mapa conceptual OS INVERTEBRADOS -do Proyecto Hormiga-
Mapa conceptual OS INVERTEBRADOS

 OS INVERTEBRADOS -Proxecto Agrega-
Os invertebrados

 os animais invertebrados -1-
Edilim nº 1 OS INVERTEBRADOS


 os invertebrados -nº 2- CEIP LOS ÁNGELES de Caminomorisco
Edilim nº 2 OS INVERTEBRADOS












lunes, 17 de marzo de 2014

OS VERTEBRADOS, novo tema de coñecemento do medio

http://www.animalesenpeligro.info/
Ola cativas e cativos: Volvemos para atrás coma os caranguexos, e regresamos ás ciencias naturais. Para que e por que? Para facer un descanso antes de meternos na historia.

Que imos dar? O tema segundo do voso libro de texto: OS ANIMAIS VERTEBRADOS, páxs. 16-29.

Que estudaremos nel?
  • Características xerais dos vertebrados.
  • Mamíferos: características xerais. Relación entre a dentición e a alimentación.
  • Aves: características xerais. Relación entre a forma do bico e as egagrópilas, coa alimentación.
  • Réptiles: Características xerais e alimentación.
  • Anfibios: características xerais e alimentación.
  • Peixes: características xerais e alimentación.
  • Facer debuxos sinxelos, como esquemas anatómicos.
  • Elaboración dun caderno de campo baseado na observación.
  • Análise de formas de bicos, dentes, patas e outros detalles físicos de vertebrados, para relacionalos coa forma de vida de cada animal.
  • Estudo das egagrópilas de diferentes aves para coñecer a súa alimentación.
  • Aprendizaxe do uso dunha clave dicotómica para recoñecer animais.
  • Valoración das especies que habitan a Terra. Identificación da postura de defensa da natureza coa da defensa da paz.
  • Adquisición de argumentos para ter un consumo de alimentos de forma responsable e equilibrada e para opoñerse á contaminación das augas.
  • Achegamento ao concepto de biodiversidade a través do estudo de diferentes formas de alimentación dos vertebrados. Desenvolvemento da afección por observar a natureza.
A onde iremos para saber máis ou para repasar...

VÍDEOS de YouTube
)



))

outros enlaces de interese...


Mapa conceptual OS VERTEBRADOS

OS VERTEBRADOS
http://boj.pntic.mec.es/
imaxe dunha campaña de WWF España -especies máis ameazadas-
EDILIM do CEP Los Ángeles de CAMINOMORISCO (Cáceres)
SUPERSABER -os mamíferos-