Mostrando entradas con la etiqueta resolución de problemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta resolución de problemas. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de enero de 2014

TOCA PRACTICAR: RESOLUCIÓN de PROBLEMAS e SIMETRÍAS

Ola guapetóns e guapetonas:  Problemas ? E por que non? Cantos máis fagades, máis fácil vos vai ser entendelos!

E non esquezades repasar para o exame da semana que vén a simetría.

VEÑA, YOU CAN!



SIMETRÍA



martes, 14 de enero de 2014

MATEMÁTICAS, temas 9 e 10

Ola a tod@s:
Seguimos traballando a xeometría. No tema 9 estudamos as figuras planas e no tema 10 os corpos xeométricos.Teredes que dedicarlle un tempo ao estudo de conceptos (vértice, arista, tipos de triángulos, tipos de figuras planas, circunferencia...) pero tamén convén que sigades practicando o debuxo das figuras. Cando rematemos estas dúas unidades, realizaremos un control. 
Tema 9 : As figuras planas
Tema 10: Os corpos xeométricos
Conceptos
             Clases e elementos dos polígonos.
     Triángulos e cuadriláteros.
      Polígonos regulares.
      Construción de triángulos.
      Circunferencia e círculo.
      
       Prismas e pirámides. 
        Poliedros regulares. 
  Corpos redondos e de revolución.
  Introdución ao volume.
Cálculo mental
             Metade de números de dúas cifras.

Cálculo 
          Repaso división, multiplicación de cifras rematadas en ceros.

Problemas
          Estimar resultados dun problema antes de resolvelo.

Competencias
          Aplicación práctica dos conceptos.




ENLACES












martes, 15 de enero de 2013

PASOS A SEGUIR Á HORA DE REALIZAR AS TAREFAS

Hai xa algún tempo que Xusto, o noso orientador, nos deu estas suxestións para que as teñades en conta á hora de facer as cuestións, problemas, operacións... Así que aí vos van:
Departamento de Orientación CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA
. Realizo unha lectura silenciosa.
. Marco o que non entendo.
. Subliño as palabras ou expresións que non comprendo para posteriormente buscar o seu significado no dicionario.
. Utilizo o dicionario. Se non o entendo, pídolle axuda á persoa maior que teña máis próxima.
. Leo, despois da lectura inicial, párrafo a párrafo para centrarme en cada un.
. Busco a idea principal de cada parágrafo.
. Formúlome preguntas básicas sobre o texto: Quen é o protagonista? De quen falan? Que lle ocorre? Onde pasa? Cando sucede? Que explican?...
. Realizo varias relecturas cando non o entendo; é dicir, cando non sei responder ás preguntas anteriores.
. Reteño o lido e volvo contalo.

ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

. Leo o problema varias veces.
. Identifico os datos do problema.
. Recoñezo a pregunta.
. Fago unha representación gráfica do problema; é dicir, un debuxo se me é posible!
. Identifico as operacións a realizar.
. Fago as operacións e anoto ao lado de cada resultado que é esa cantidade!
. Respondo á pregunta cunha oración completa.