Mostrando entradas con la etiqueta traballos que teño que entregar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballos que teño que entregar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de noviembre de 2013

MULLERES INVENTORAS

Deixámosvos aquí unha relación de mulleres que contribuíron a mellorar o noso mundo. A POR ELAS!


  • Josephine Cochran e o lavavaixelas.
  • Mary Anderson e o limpaparabrisas.
  • Patsy Sherman e o descubrimento do protector Scotchgard, un polímero fluoroquímico que, aplicado ás teas, repelía o aceite ou a auga.
  • Patricia Billings e o Geobond, que é un material de construción indestrutible e incombustible.
  • Erna Schneider Hoover e o sistema automatizado de conmutación teléfonica.
  • Sally Fox comezou a investigar ata crear un algodón coloreado de fibra larga, comercialmente viable (mellor para os teares de hoxe). A invención chámase FoxFibre.
  • Bette Nesmith Graham e o Tipp-ex.
  • Julia Newmar e os pantis.
  • Marion Donovan (1917-1998) e os cueiros de plástico e rexeitables.
  • Catherine Blodgett (1898-1979) e o cristal non reflectante.
  • Rachel Fuller Brown (1898-1980) e Elizabeth Lee Hazen (1885-1975) e o antibiótico antifungos.
  • Martha Coston (1826-?) e os sinais tricolores marítimos.
  • Clatonia Joaquin Dorticus-inventou unha máquina e un método fotográfico mellorado para a impresión.
  • Gertrude Elion (1918-1999) e a loita contra a leucemia e o herpes.
  • Edith Flanigen (1929-?) e o refinado do petróleo.
  • Beulah Henry, de Memphis, Tennessee, creou cerca de 110 invencións e obtivo 49 patentes. Beulah Henry era considerada, por algúns, a "Señora Edison" pola súa prolífica carrera como inventora.
  • Mary Phelps Jacob e o  suxeitador (o sostén).
  • Marjorie Stewart Joyner (1896-?) e a máquina para facer permanentes.
  • Margaret Knight (1838-1914) raíña das bolsas de papel.
  • Stephanie Kwolek (1923-?) e a fibra Kevlar que é o material usado nos chalecos antibalas e os traxes ignífugos. Outros usos do composto inclúen os cables subacuáticos, as gornicións dos freos, os vehículos espaciais, os barcos, os paracaídas, os esquíes, e os materiais de construción.



ARTIGO:  “Mujeres Inventoras”, por Raquel Barcos Reyero e Eulalia Pérez Sedeño.

Onde poderedes encontrar máis información? Pois, en...



biografia de 
MARGARITA SALAS 

biografía de MARIA BLASCO, recollida do Huffington Post

biografía de RITA LEVI-MONTALCINI

FLORENCE NIGHTINGALE, do blog de SANDRA FERRER, "Mujeres en la Historia"

biografía de FLORENCE NIGHTINGALE, moi completa, elaborada pola UNESCO


E, para realizar o traballo que vos propuxemos, utilizade os anteriores enlaces ou usade as páxinas que  encontramos en  http://duo5.lacoctelera.net


http://www.kalipedia.com/ (Enciclopedia on-line onde podes encontrar artículos, imaxes, vídeos, etc. sobre algúns inventos ou inventores).
http://es.wikipedia.org/ (Outra enciclopedia on-line)
http://www.wiseupkids.com/inventos.htm (Grandes inventos e descubrimentos)

miércoles, 6 de febrero de 2013

AVISOS: TRABALLOS de español

Ola mozos e mozas:
Na próxima quincena tedes que realizar un traballo de investigación sobre o ENTROIDO. Levades un guión para realizalo, axustádevos a el e seguide os pasos que vos marcamos. ENTREGARÉDELO, como data tope, o venres 22 de febreiro.
NON O DEIXEDES PARA O FINAL, ide facendo todos os días un pouco, revisade o que escribides, corrixide os erros, dádello a ler a outras persoas, volvede corrixir, e, cando o teñades revisado e corrixido, pasádeo a limpo con letra clariña, en folios en branco. Poñédelle unha folla portada bonita na que fagades constar os vosos datos e para que asignatura o elaborastes, e OLLO!, non esquezades escribir o título do informe. Na última folla do traballo tedes que anotar a bibliografía, e debedes engadirlle a esta última páxina, un folio en branco.
SODES CAPACES DE FACELO MOI BEN! ÁNIMO E A POR UN TRABALLO BEN FEITO!

jueves, 17 de enero de 2013

RETO AEROPORTOS VERDES

Ola de novo:
Como xa rematastes os vosos proxectos para o Reto Aeroportos Verdes de AENA, avísovos de que xa os enviamos a esa organización. Ademais, aproveitei para colgárvolos na nosa páxina E NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS...
Bo traballo!

jueves, 20 de diciembre de 2012

TRABALLO DE MEDIO: Os ecosistemas

Esta entrada só é para lembrarvos que o oito de xaneiro, 8/1/13, tedes que entregar o traballo sobre o ecosistema galego que escollestes. Lembrade que primeiro o facedes a suxo, nun borrador, e que logo o tedes que pasar a limpo na folla que vos demos.

martes, 20 de marzo de 2012

CÓMIC

Ola, aquí tes as normas para confeccionar o teu "cómic"!
1.    Practico en follas a suxo, tanto os debuxos coma as letras dos textos.
2.    Cando o pase a limpo, QUE FAGO?
1)    Realizo primeiro o debuxo a lapis, que ten que estar sempre MOI AFIADO, e fágoo “suaviño”, para poder borrar ben, se me equivoco. TEÑO QUE TER EN CONTA O ESPAZO QUE VAN OCUPAR os “bocadillos” e os textos de apoio.
2)   Trazo os globos ou os textos de apoio: NON OS PODO FACER TORTOS e NON SAIRÁN DAS BOCAS DE NINGÚN DOS PERSONAXES, apuntarán cara eles. O bocadillo da esquerda será para quen fale primeiro!
3)   Unha vez feitos, os debuxos, os globos e as cartelas cos textos de apoio, escribo os textos, coidando moitísimo a LETRA, que ten que ser CLARA e LEXIBLE. Pensade que non escribides para vós, senón para ser lidos polos demais!
Coidade tamén a ORTOGRAFÍA!
4)   Paso todos os textos cun rotulador negro de punta fina. FÁGOO DE ESQUERDA Á DEREITA E DE ARRIBA A ABAIXO.
5)   Rotulo TODAS AS LIÑAS dos bocadillos e textos de apoio con ese mesmo rotulador. FÁGOO tamén DE ESQUERDA Á DEREITA E DE ARRIBA A ABAIXO.
6)   Cando estea ben seca a tinta, borro moi ben os restos de lapis.
7)   A continuación, coloreo o interior dos debuxos a rotulador; pero non dos globos ou cartelas de apoio. FÁGOO sempre na mesma dirección; é dicir, se comecei de esquerda á dereita, sempre nese sentido, e, se o fixen, de arriba a abaixo, sempre así tamén.
8)   Ao rematar o anterior, repaso coa mesma color que utilicei para cada parte dos meus debuxos OS CONTORNOS das miñas figuras. Se é posible, sempre nun ton máis escuro ca o do interior.
9)   E, por último, coloreo cun plastidecor, os fondos das miñas viñetas. FÁGOO sempre na mesma dirección; é dicir, se comecei de esquerda á dereita, sempre nese sentido, e, se o fixen, de arriba a abaixo, sempre así tamén.

LEMBRO que o teño que entregar, TOTALMENTE REMATADO, o martes 10 de abril; xusto á volta das vacacións de Semana Santa.