Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de marzo de 2015

jueves, 6 de marzo de 2014

MAFALDA unida na nosa escola ao 8 de MARZO, Día da Muller Traballadora

Ola raparig@s: Este ano, na nosa escola, a proposta do DO do cole unimos o 50º aniversario do nacemento de Mafalda e o Día da Muller Traballadora.
Para este día escolleuse o lema: "Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s!"

E para que saibades un pouco máis dos dous temas, aquí tedes uns enlaces.

TODO O QUE NECESITAS SABER SOBRE MAFALDA!

PARABÉNS, Mafalda! Aínda que o 29 de setembro farás os 50, que ben te conservas, que xove e actual estás!


O Día da Muller polo DO do CEIP Condesa de Fenosa




E agora, escoitade a canción que ONU Mulleres presentou o 8 de marzo de 2013!











martes, 21 de enero de 2014

TOD@S SOMOS IGUAIS!



Como xa sabedes, ao noso ciclo tócalle redactar un conto en equipo para o Día da Muller Traballadora (8 de marzo). E para que vaiades vendo por onde van os tiros, ímosvos colgar uns cantos enlaces.



La Cenicienta que no quería comer perdices, de NUNILA LÓPEZ SALAMERO


Una feliz catástrofe, de ADELA TURÍN

E aquí tedes outros contos máis:

 LA MITAD DE JUAN


El príncipe ceniciento



Viejos cuentos, nuevos finales


Sofía, la vaca que amaba la música



Rosa caramelo



Los colores, de Nunila López


El Príncipe Ceniciento

miércoles, 13 de marzo de 2013

Día da Muller 2013

Ola! Por fin! Esta entrada é para anunciarvos que xa está colgado o cartel que fixemos sobre MARIE CURIE. O Departamento de Orientación do "cole" propúxonos que traballásemos sobre 18 mulleres notables -unha por cada grupo da escola-, e que resumísemos as nosas investigacións nun gran cartel.


MARIE CURIE -cartel de 4ºA-
Ímosvos poñer aquí dez razóns -entre outras moitas - que fan dela unha muller 10:

1ª. A primeira da súa clase cando rematou aos 15 anos os estudos de bacharelato (1883). Déronlle unha medalla de ouro.
2ª. A primeira muller graduada en Física na Universidade da Sorbona. Aquel ano (1893) soamente dúas mulleres  graduáronse nela. Marie foi, tamén, a primeira da clase.
3ª. A primeira persoa en utilizar a palabra radiactividade (1898).
4ª. A primeira muller en Europa que recibiu o doutorado en Ciencias (1903).
5ª. A primeira muller en recibir un Premio Nobel de Física (1903). O premio foille outorgado, conxuntamente co seu esposo Pierre e con Henri Becquerel, polo descubrimento da radiactividade.
6ª. A primeira muller que foi profesora e xefa de laboratorio na Universidade da Sorbona (1906).
7ª. A primeira persoa en ter dous Premios Nobel. O segundo sería de Química, en 1911, por ser quen de ter preparado o radio e investigado os seus compostos.
8ª. A primeira muller que foi membro da Academia Francesa de Medicina (1922).
9ª. A primeira nai Nobel cunha filla Nobel. En 1935,  a súa filla Irene obtivo o galardón en Química.
10ª. A primeira muller en ser enterrada baixo a cúpula do Panteón de París por méritos propios (1995).

http://luisleco4.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html

E, agora, unha tira cómica sobre ela!


http://www.fiami.ch/MC/img_MC/E_img_MC/E_1911_Marie-Curie.jpg