Mostrando entradas con la etiqueta o tempo e o clima. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o tempo e o clima. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de febrero de 2014

proba de COÑECEMENTO DO MEDIO: As paisaxes de Galicia


Ola rapazada: Con esta entrada avisámosvos de que o próximo xoves, 20 de febreiro, vos ides examinar do tema AS PAISAXES DE GALICIA. É o tema once do voso libro. 
Non deixedes o estudo para a véspera! Ide repasando pouco a pouco, así se vos fará máis fácil.

E, !, non esquezades traballar os mapas flash interactivos porque na proba vos imos poñer mapas mudos para que vós situedes elementos do relevo, ríos, climas... Así que A PRACTICAR, e para que vos resulte máis fácil encontralos, aquí os tedes de novo! 


MAPAS FLASH INTERACTIVOS DE GALICIA

 o RELEVO de Galicia
O relevo


 Onde está? O RELEVO GALEGO
Onde está? O relevo galego


 Ríos de Galicia
Ríos de Galicia


 OS RÍOS DE GALICIA. Onde están?
Ríos de Galicia. Onde están?

 COSTAS DE GALICIA

domingo, 26 de enero de 2014

novo tema de medio AS PAISAXES DE GALICIA

Ola de novo, rapazada de 5º:


Preparados para un novo tema? Si! Verdade? Pois imos aplicar o que aprendimos en cursos anteriores sobre o relevo, os ríos, o clima, a vexetación e a fauna a GALICIA. No voso libro é o tema 11! 

Que aprenderemos nel?

  • As paisaxes e o solo de Galicia.
  • As formas do relevo na Comunidade.
  • Os ríos e os regatos galegos e a súa influencia na paisaxe.
  • Os climas galegos e as súas características.
  • A vexetación e a fauna de Galicia.

A que recursos podedes ir para aprender máis sobre o tema? Pois a... 


 O RELEVO DE GALICIA, por Carlos Sastre de Vicente
O relevo de Galicia




 OS RÍOS DE GALICIA e de España
Os ríos galegos EDILIM




 O CLIMA DE GALICIA
O clima de Galicia



 EDILIM, o clima de Galicia
EDILIM, O clima de Galicia



 FLORA e FAUNA de Galicia
A flora e a fauna galegas



MAPAS FLASH INTERACTIVOS DE GALICIA

 o RELEVO de Galicia
O relevo


 Onde está? O RELEVO GALEGO
Onde está? O relevo galego


 Ríos de Galicia
Ríos de Galicia


 OS RÍOS DE GALICIA. Onde están?
Ríos de Galicia. Onde están?

 COSTAS DE GALICIA
Costas de Galicia







martes, 4 de junio de 2013

programación do novo tema de medio O CLIMA

Ola cativas e cativos: Iniciamos un novo tema, do que vos imos colgar aquí o que pensamos dar nel.

CONTIDOS do tema O CLIMA, páxs. 130 á 143
        .  O clima e o tempo atmosférico.
        . Os aparellos meteorolóxicos.
       .  As estacións e as súas características.

         . Relación e diferenzas entre clima e tempo atmosférico.
         . Explicación dos contidos a través de textos e gráficas.
        .  Elaboración dunha gráfica de temperaturas.
       .  Construción dun termómetro caseiro.
        . Participación en traballos colaborativos.
        . Autoavaliación.
        . Uso das TIC para aprender.

       . Sensibilidade pola conservación do medio ambiente.
·         . Valoración do traballo en equipo.
       . Respecto pola diferenza.
         . Recoñecemento do traballo en equipo como método positivo de traballo.
        . Interese pola observación e o estudo do clima.
     .  Educación en valores: Interesarse polos textos escritos como fonte de aprendizaxe.
     .  Respectar as iniciativas e opinións dos demais no traballo en equipo e en diversas situacións comunicativas.

Enlaces que utilizaredes para aprender máis sobre o tema:

O TEMPO ATMOSFÉRICO, recurso publicado polo Ministerio de Educación (MEC)

O CLIMA e AS PAISAXES, recurso publicado polo MEC


O CLIMA, Edilim elaborado polo colexio público LOS ÁNGELES, un "cole" estremeño

O ESTUDO DO TEMPO ATMOSFÉRICO, publicado pola Xunta de Castela-A Mancha (JCCM)