Mostrando entradas con la etiqueta final de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta final de curso. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de junio de 2014

ADEUS AO CURSO 2013-2014!


Ola cativ@s de 5º: 
Despedímonos de vós ata setembro, desexámosvos un BO VERÁN! (Por favor, volvede coas pilas cargadas de pensamentos positivos e de gañas infinitas de facer un estupendo sexto de primaria!). 
http://vrojasaspromin.wordpress.com/

Queriamos tamén indicarvos unha páxina estupenda na que poderedes repasar o aprendido este ano. Coñecímola a través dun dos blogs de Ana Galindo, unha mestra dun colexio de Motril (Granada). 

NON ESQUEZADES ENTRAR NO BLOG os primeiros días de setembro xa que nel vos iremos anotando os materiais ou outras cousas que consideremos oportunas! 

A páxina é esta: 
CRIE Naturávila

viernes, 21 de junio de 2013

E por fin, chegou... O FINAL DO CURSO!





Ola cativ@s:
A que criades que non ía chegar nunca? Pois, aquí o temos: outro ano máis, e, nesta ocasión, coma noutras, compañeir@s que nos deixan.

Ben,  raparig@s, hoxe como xa sabedes, temos o corazón dividido ou fraccionado, xa que  comeza o verán e rematan as clases.

Como despedida, deixámosvos un vídeo, resumo da excursión de fin de curso a Ponteceso, acompañado dalgunhas fotos a maiores que amosan algúns dos momentos que vivíchedes neste ano e no anterior. Ademais, vaivos servir para lembrarvos das compañeiras que nos deixan. 

Esperamos que vos guste!

Só queda desexarvos un estupendo verán no cal recarguedes pilas para coller 5º con moito ánimo e enerxía!

 Conchi Patiño e Cristina Palleiro

P.S.


NON OLVIDEDES entrar no blog a finais da semana que vén para consultar os materiais que se vos van pedir para 5º de EP, para o curso 2013/14.