Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca Rosalia de Castro -Santa Cruz-. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca Rosalia de Castro -Santa Cruz-. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de marzo de 2015

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE, por SOLEDAD FELLOZA

Ola raparig@s, levamos algún tempo lendo este libro porque mañá xoves, 26 de marzo, Soledad Felloza nolo vai contar ao seu bo xeito na biblioteca "Rosalía de Castro", nas Torres de Santa Cruz.

Como xa a coñecedes da outra volta na que nos contara "Os contos do Oso Branco", o que imos facer nesta entrada é enlazarvos á páxina oficial de Roald Dahl. Do seu libro "Charlie e a fábrica de chocolate" fixéronse no 2014 os cincuenta anos da súa publicación.

E para que lembredes como nos conta marabillosas historias Soledad Felloza, subímosvos un vídeo dela.



martes, 13 de mayo de 2014

MARINA SEOANE PASCUAL, ilustradora

Hoxe, martes 13, tivemos un encontro coa ilustradora Marina Seoane. Encantounos e aprendimos moito con ela.
Se picades na súa foto, entraredes na súa páxina web e poderedes saber moitas cousas dela e das súas obras!
A ilustradora Marina Seoane