Mostrando entradas con la etiqueta medición de ángulos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medición de ángulos. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de diciembre de 2013

EXAME do tema AS RECTAS e OS ÁNGULOS


UNIDADE 8 DE MATEMÁTICAS

Ola a tod@s: 
O vindeiro VENRES, 13 DE DECEMBRO, teremos o control do
 tema 8 de matemáticas: AS RECTAS E OS ÁNGULOS.

Practicade a medida e construción de ángulos, trazade a bisectriz dun ángulo, debuxade a mediatriz dun segmento…
Repasade a teoría!!: Clases de ángulos, bisectriz dun ángulo, mediatriz dun segmento, ángulos consecutivos, adxacentes e opostos polo vértice.

Haberá algún exercicio de cálculo e tamén problemas.

IMPORTANTE!!!!

Non esquezades traer o material que precisades para este tema: Transportador, regra e compás.

domingo, 1 de diciembre de 2013

novo tema de MATEMÁTICAS, o 8º do libro

Ola de novo a tod@s:
Nesta ocasión imos dar un brinco, e do tema 3 imos ao tema 8 "As rectas e os ángulos". 
Como na xeometría é moi importante o debuxo de rectas,ángulos..., practicade o que poidades co compás e  co transportador para medir e construír ángulos.




Tema 8: As rectas e os ángulos

Conceptos
-         Medida e construción de ángulos.
-         Clases de ángulos: rectos, llanos, agudos e obtusos.
-         Ángulos e xiros.
-         A bisectriz dun ángulo.
-         A mediatriz dun segmento.
-         Ángulos consecutivos, adxacentes e opostos.
Cálculo mental
-         Contar de 2 en 2, de 3 en 3, de 5 en 5...

Cálculo
-         Repaso división.

Problemas
-         Completar enunciados para resolver problemas.

Competencias
-         Aplicación práctica dos conceptos.


ENLACES