Mostrando entradas con la etiqueta actividades educativas fóra da aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades educativas fóra da aula. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de abril de 2015

concerto do grupo ODAIKO: VAIA CIRCO!

Ola cativ@s, con esta entrada lembrámosvos que o próximo martes, 7 de abril, iremos ata o centro cultural García Márquez de Mera para ver actuar en directo ao grupo ODAIKO. Que espectáculo ides disfrutar? Pois, VAIA CIRCO! Na páxina web da Fundación Abanca, encontramos o seguinte sobre el: 

Como se dun «circo desastre» se tratase, Odaiko monta o seu propio  circo no que os elementos percusivos van ser os materiais que  empreguen para as súas acrobacias. Baquetas voando, tambores usados como artellos de circo, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, serán os elementos que farán deste «circo» un espectáculo para que o noso público esperte o enxeño e se achegue ao fermoso mundo do espectáculo «cirpercutense».
Odaiko adéntrase neste espectáculo didáctico facendo fincapé nos tres elementos que sempre a caracterizaron como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena.

Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso forman Odaiko Percussion Group. Odaiko é un grupo de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, o flamenco, o folk e mesmo sons traídos da música tradicional hindú e senegalesa.

Deixámosvos aquí dous vídeos de ODAIKO PERCUSSION GROUP & FRIENDS que colgaron en YouTube. 
 
 


martes, 2 de abril de 2013

SAÍDA RÍO MERO 19/03/13

Boas raparig@s!!

Aquí tedes o vídeo da saída que fixemos polo río Mero o 19 de marzo de 2013. 

Espero que vos guste!!
Cristina Palleiro

P.S. Estamos a rematar o tema de medio "A comarca da Coruña", polo que empezade a repasar, que a semana que vén teredes o exame deste tema!!


domingo, 16 de diciembre de 2012

saída educativa ao aeroporto de ALVEDRO

Ola de novo!
Queremos lembrarvos que o próximo martes, día 18 de decembro, iremos ata o aeroporto de Alvedro, para participar na actividade de AENA, "Aeroportos Verdes".

jueves, 21 de junio de 2012

EXCURSIÓN Á FERVENZA DA TOXA

Ola a todos:
E, como remate do curso, alá nos fomos ata o lugar de Abades á granxa-escola FERVENZA do TOXA. E que fixemos alí? Verédelo a través destas fotos. 








lunes, 11 de junio de 2012

EXCURSIÓN do día 21 de xuño

Estimadas familias do alumnado de 3º de EP:

Granxa-escola Fervenza do Toxa
Como xa lles comunicamos na circular anterior, as mestras titoras imos levar aos cativos de excursión, o día 21 de xuño, á granxa-escola Fervenza do Toxa, no lugar de Abades-Bandeira (Silleda). Enderezo web: www.granxaescola.com

Dado que contamos cun remanente de 563,83 € procedente da cooperativa do primeiro ciclo de EP, que funcionou nos cursos 2009-2011, a excursión custará 16 € por alumno, xa que Vdes. se comprometeron a que fosen todos os nenos.

Fervenza do Toxa
Informámoslles que sairemos ás oito corenta e cinco, 8.45 horas, do aparcamento situado diante do pavillón. (Os nenos xa non subirán ás aulas e Vdes. deben levalos ata a polideportiva). A hora prevista de chegada será, aproximadamente, ás vinte horas (20.00). PREGÁMOSLLES puntualidade, tanto á ida coma á volta.

Os nenos que utilizan transporte pola mañá poden vir nel. As mestras encargarémonos de recollelos.

Deberán levar:

§  Dous tentempés, un para media mañá e outro, para a merenda.

§  Comida e bebida para o xantar.

§  Roupa e calzado cómodos. A vestimenta axeitarase ás previsións meteorolóxicas!

§  Unha gorra ou un sombreiro.

§  Crema protectora. Recomendámoslles botala xa en casa.

Un saúdo.

Cecilia Sánchez (titora de 3ºB) e Conchi Patiño (titora de 3ºA).

No Porto de Santa Cruz, a doce de xuño de 2012
PD. Aproveitamos a circular para desexarlles a todos Vdes. un BO VERÁN e avisalo de que a imos colgar no blog. Faremos o mesmo para indicarlles os materiais para o curso que vén. Estean atentos os últimos días de xuño.


miércoles, 9 de mayo de 2012

E se o cantamos, que?

Hoxe fomos ata Mera, ao Centro Cultural Gabriel García Márquez. Vimos o grupo de teatro Migallas representando a súa obra "E se o cantamos?".
http://www.empuje.net/images/stories/artistas/teatro/companhias/migallas/migallas3.jpg
Que nos pareceu? Pois, volo imos dicir...

Foi moi divertido porque as cancións eran moi apegadizas.
Rosiña, a actriz,  sempre estaba moi enfadada; Pepe, o actor,  sempre estaba a falar.
E, ao final, ensináronnos que se estamos "enfurruñados" e anoxados,  unha cancionciña pódenos axudar. (Nils e Andrea)

E se queredes saber máis deles, entrade en...
www.migallas.com

Tamén os podedes buscar en YouTube e escoitar o seu rap da lingua e moitas outras cancións!

jueves, 26 de abril de 2012

ROTEIRO POLA COSTA DE SANTA CRUZ

Hoxe imos facer unha saída educativa pola costa de Santa Cruz. Que veremos e que aprenderemos de novo? Pois volo contaremos con máis calma cando regresemos.
Ponte cara ao Castelo (www.terraetempo.com)
Ata ese momento!


IMPRSIÓNS DE ÁLEX, ANDREA, INÉS, MATEO e MARÍA -30 de abril e 2 de maio de 2012-
Anda! Somos os únicos que lembramos que tiñamos que redactar un pequeno texto sobre a saída. Ímosvos contar como nos foi:
Nati e Charo, as educadoras, explicáronnos na escola o que íamos ver, facer..., e déronnos un folletiño coa información.
Saímos do cole cara ao Parque Luís Seoane. Alí fixámonos nas aves que había, vimos unha fonte e fixemos un xogo para presentarnos. A continuación abrazámonos ás árbores do parque: carballos,castiñeiros, bidueiros... Para que nos serviron os abrazos? Pois, para cargarnos de enerxía. Logo nos diriximos cara ao Paseo da Pardela. Nel, parámonos na estatua dos Emigrantes e, despois, atopamos unha pirata, de mentira, que nos contou as súas historia e vida como pirata. Desde a praciña, que foi onde nos saíu ao encontro, marchamos cara ao castelo de Santa Cruz atravesando a ponte; nesta atopamos unha planta chamada couselo que se coñece tamén cos nomes de embigo de Venus ou orella de frade. Arrodeamos a illa e o castelo e contemplamos A Coruña. No estanque do Castelo comezou a chover e metímonos un ratiño dentro, na sala de exposicións, ata que parou. Sobre as doce, retomamos o camiño. Regresamos ao Paseo da Pardela, observamos a praia do Portocobo e subimos as escaleiras para dirixirnos cara ao Parque das Galeras. Ao inicio da subida, Charo falounos dunhas flores que se chaman capuchinas e que se poden comer. Xa no parque, fixéronnos observar algunhas árbores plantadas alí: castiñeiros, unha nogueira, loureiros...Para que nos serviu isto? Pois, para aprender a distinguir unhas doutras.  E, ao final de todo, tivemos un ratiño para xogar no parque infantil. Que ben que o pasamos! Por último, regresamos en autobús á escola. Alí respondimos a unha enquisa sobre a saída que nos deron Charo e Nati. E rematou o día e a saída!
Que foi o que máis nos gustou? Pois...,
  • que foi unha experiencia moi divertida!,
  • que escoitamos cantar os paxaros; en concreto, os merlos,
  • que vimos moitos cans cos seus donos,
  • encontrarnos con moitas persoas, algunhas delas nais ou pais ou avoas de nenos da escola ou que estiveron nela,
  • visitar o Castelo,
  • que se nos aparecese a  pirata Pataquebrata e coñecer a súa fascinante vida.