Ola raparig@s: Esta entrega sérvenos para avisarvos de que o 10 de novembro se celebra o Día Mundial da Ciencia. Para que saibades máis imos subirvos e enlazarvos...
cartel oficial
actividades da Semana da Ciencia nos museos científicos coruñeses
mensaxe da directora xeral da Unesco: Irina Bokova
Ola raparigos e raparigas: Como estamos a dar, en medio, o tema dos avances técnicos, queremos que saibades que a 2 da TVE... ...no seu programa DOCUFILIA, estemartes 12, contará en "A historia do cometa" como Isaac Newton xestou a lei da gravitación universal, e ...a partir do luns 11, ás 18 horas, programará "Con ciencia", unha serie de 50 píldoras que repasan a figura dos científicos, investigadores e inventores españoles máis relevantes da historia, realizadas en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
programa DOCUFILIA, como o programa é ás 21 horas, neste enlace o poderedes ver cando queirades! Ademais, queremos informarvos de que na carpa COSMOCAIXA, instalada no Paseo de Coches dos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, a Obra Social "la Caixa" presenta ata o 10 de xaneiro de 2014 a exposición "Ilusionismo, maxia ou ciencia?" enlace información sobre a exposición ILUSIONISMO, MAXIA ou CIENCIA?