Ola, tod@s sabedes que entre o 16 e o 18 de xuño os sextos nos imos de excursión a Burbia. A onde? A unha localidade dos Ancares, que está na provincia de León. Que imos ver e facer?; se entrades nos enlaces que tedes abaixo, teredes máis información.
CADERNO ANCARES LEONESES elaborado pola Cooperativa de Educación Medioambiental
PROGRAMACIÓN E EXPLICACIÓNS
VAL do BURBIA, información de ANCARES-BIERZO.COM
AS MÉDULAS, información de Fundación "Las Médulas"
Estades avisados de que mañá, xoves 21 de maio, realizaremos un roteiro ao redor destas tres figuras da cultura e da política que tiveron moita relación con Oleiros. Organízao o alumnado de 1º de BAC do IES MIRAFLORES xunto co Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello e o Servizo de Normalización Lingüística.
Casares Quiroga, Álvarez de Sotomayor e Bugallal Marchesi
Ola raparig@s, xa sabedes que mañá 20 de abril teremos unha actividade do Concello desenvolvida desde a área de Normalización Lingüística. En que consiste? Inserímosvolo aquí:
É un proxecto que procura
achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais,
contidos culturais relacionados coa lingua, co patrimonio e coa literatura
galega ao alumnado. A través dunha posta en escena teatral os educadores/as
propóñenlle aos nenos e nenas participantes unha serie de retos que van ter que
superar, de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Obxectivos:
- Fomentar o uso da lingua.
- Estudar os autores homenaxeados nas Letras Galegas.
- Traballar a expresión oral e musical.
- Desenvolver a creatividade.
- Revalorizar o patrimonio inmaterial galego.
Destinatarios/as:O alumnado do último ciclo
de primaria e 1º de ESO.
Ola cativ@s, con esta entrada lembrámosvos que o próximo martes, 7 de abril, iremos ata o centro cultural García Márquez de Mera para ver actuar en directo ao grupo ODAIKO. Que espectáculo ides disfrutar? Pois, VAIA CIRCO! Na páxina web da Fundación Abanca, encontramos o seguinte sobre el:
Como se dun «circo desastre» se
tratase, Odaiko monta o seu propio circo no que os elementos percusivos
van ser os materiais que empreguen para as súas acrobacias. Baquetas
voando, tambores usados como artellos de circo, instrumentos manufacturados e música
do máis virtuosa en directo, serán os elementos que farán deste «circo» un
espectáculo para que o noso público esperte o enxeño e se achegue ao fermoso
mundo do espectáculo «cirpercutense».
Odaiko adéntrase neste
espectáculo didáctico facendo fincapé nos tres elementos que sempre a
caracterizaron como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena.
Juan Collazo, Antonio Ocampo,
Félix Rodríguez e Fran Troncoso forman Odaiko Percussion Group. Odaiko é un
grupo de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, o flamenco, o folk e
mesmo sons traídos da música tradicional hindú e senegalesa.
Deixámosvos aquí dous vídeos de ODAIKO PERCUSSION GROUP & FRIENDS que colgaron en YouTube.
Ola raparig@s, levamos algún tempo lendo este libro porque mañá xoves, 26 de marzo, Soledad Felloza nolo vai contar ao seu bo xeito na biblioteca "Rosalía de Castro", nas Torres de Santa Cruz.
Como xa a coñecedes da outra volta na que nos contara "Os contos do Oso Branco", o que imos facer nesta entrada é enlazarvos á páxina oficial de Roald Dahl.Do seu libro"Charlie e a fábrica de chocolate" fixéronse no 2014 os cincuenta anos da súa publicación.
E para que lembredes como nos conta marabillosas historias Soledad Felloza, subímosvos un vídeo dela.
Ola rapazada: Como esta semana saímos cos monitores do CEM, seguramente con Nati e Fran, nunha actividade do Concello, queremos compartir con todos vós esta información. Se premedes nos enlaces a conseguiredes!
COSTA de DEXO-SERANTES, imaxe propiedade do Concello de Oleiros
E, coma sempre: A SER BOAS PERSOAS e RESPECTUOSOS cos monitores e con todas as persoas que encontremos, A APRENDER MOITAS COUSAS, A PORTARNOS BEN... Sodes quen de facelo! NOTA: Como, polo de agora, non sabemos como vos facer visibles os enlaces, premede neles e PEDÍDENOS PERMISO, porque aos que así o fixestes, volo estamos dando. Xa aprenderemos como! Prometémosvolo! MATERIAIS que teño que levar PROGRAMACIÓN da saída