Mostrando entradas con la etiqueta o relevo terrestre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o relevo terrestre. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de enero de 2014

O RELEVO, enlaces que VOS RECOMENDADES

Ola cativ@s, aquí de novo! 
María, unha compañeira nosa, recoméndanos que entremos nestas dúas páxinas. Así aprenderemos aínda máis sobre os terremotos e os volcáns que, como ben sabemos, son dous axentes que contribúen a cambiar o relevo.







lunes, 30 de diciembre de 2013

enlaces para traballar o RELEVO TERRESTRE

Ola de novo! Xa estamos de volta e, por certo, desexámosvos UN ESTUPENDO


E, indo ao noso, aquí tedes uns enlaces que vos poden servir para este tema de medio.

O RELEVO TERRESTRE




OS PROCESOS INTERNOS


os procesos xeolóxicos terrestres
OS VOLCÁNS


os volcáns, EDUCAREX

TERREMOTOS e MAREMOTOS


imaxes do terremoto de Fukushima




animación do diario EL PAÍS
OS AXENTES XEOLÓXICOS EXTERNOS

cales son e como actúan, colexio BRETÓN de los HERREROS
É un JCLIC polo que lle tedes que dar a EXECUTAR a aplicación XAVA!


AS ROCHAS e OS MINERAIS







IMAXES VOSAS

A nosa compañeira, Celtia, subministrounos esta foto que fixo nas súas vacacións na estación de Leitariegos, do río Sil ao seu paso polo val de Laciana, un val fluvial en forma de V.


Río Sil ao seu paso polo val de Laciana, por Celtia

martes, 17 de diciembre de 2013

novo tema de MEDIO: O RELEVO TERRESTRE

De http://neetescuela.com
Ola cativas e cativos de 5º: Iniciamos un novo tema "O relevo terrestre". No voso libro desenvólveno desde a páxina 124 á 135.

Que imos traballar nel? Pois os seguintes contidos:
  • A orixe do magma e a formación da lava. Produtos volcánicos.
  • Procesos xeolóxicos internos: os terremotos.
  • Procesos xeolóxicos externos: erosión, transporte e sedimentación.
  • Axentes xeolóxicos externos: vento, ríos e regatos, mar e glaciares.
  • Clasificación das rochas segundo a súa orixe. Identificación de exemplos.
  • Os minerais e a súa clasificación segundo a súa dureza.
  • Interpretación de imaxes de formas de modelaxe da paisaxe, para identificar o axente xeolóxico que actuou.
  • Describir diferentes rochas sedimentarias, magmáticas e metamórficas e algúns minerais diferenciándoos pola súa dureza.
  • Comprender a análise química dunha auga potable.
  • Consideración dalgúns riscos xeolóxicos e das consecuencias sobre a vida das persoas.
  • Valoración da importancia da corta de árbores e os incendios na erosión do solo.
  • Coñecemento dos procesos naturais para comprender, valorar e apreciar o medio.
  • Visión analítica da paisaxe, interpretando os procesos xeolóxicos que produciron o relevo e a modelaxe.