Mostrando entradas con la etiqueta avisos e comunicados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta avisos e comunicados. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de septiembre de 2014

BENVID@S AO CURSO 2014-2015

Ola a tod@s: Anda! Que rápido pasou o verán, estamos de novo de volta, a piques de que vós comecedes. Ide mentalizándovos, espertando un pouco máis cedo cada día, e, así, estaredes preparados para o gran día, o MÉRCORES 10 de setembro!!

Lembrades? Pedímosvos a final de curso que estivesedes atentos, a que? Pois á listaxe de materiais que ides utilizar en sexto e tamén a...
  • O mércores 10, o día da volta, imos facer esa celebración conxunta que non puidemos ter a final de curso. Por iso, pedímosvos que vos poñades de acordo para traer algo de comida feita por vós para facer un descanso e tomar un tentempé todos xuntos. 
 Aquí vos inserimos un enlace para que poidades ver a relación de materiais.

LISTAXE DE MATERIAIS DE SEXTO

viernes, 15 de marzo de 2013

RECORDATORIO DE EXAMES




Ola raparig@s!

Antes das ansiadas vacacións de Semana Santa teremos dous controis. Son os seguintes:

O xoves dia 21 de marzo temos o control de Lingua Castelá dos temas
7 e 8.

E o próximo venres día 22 de marzo, teredes o exame de matemáticas do tema 10 "Tempo e diñeiro".

Así que empezade a repasar todos os días na casiña.

ÁNIMO e a por unhas BOAS NOTAS que volas merecedes!!

martes, 29 de enero de 2013

Recordatorio


Ola raparig@s!  

Quería recordarvos que debedes repasar todos os días o cálculo matemático (cálculo mental,restas levando, multiplicacións e divisións de dúas cifras), xa que sabedes que necesitamos mellorar.

Non vos desanimedes hai que seguir esforzándose e pouco a pouco xa veredes como melloraremos, pero tedes que poñer un pouquiño máis de empeño e esforzo. ÁNIMO!! PODEMOS!!! 

jueves, 17 de enero de 2013

RETO AEROPORTOS VERDES

Ola de novo:
Como xa rematastes os vosos proxectos para o Reto Aeroportos Verdes de AENA, avísovos de que xa os enviamos a esa organización. Ademais, aproveitei para colgárvolos na nosa páxina E NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS...
Bo traballo!

martes, 15 de enero de 2013

RECORDATORIO DE EXAMES


Ola raparig@s e familas de 4ºA!
Con esta entrada informámosvos que o martes 22/1/13 teredes o control de lingua galega dos temas 4 e 5.
Así que non o deixedes para o último minuto e ide repasando un pouquiño cada día.

Lembrade tamén que todos os días,  deberíades  repasar as táboas de multiplicar, practicar o cálculo mental e as divisións de dúas cifras.

ÁNIMO!! 

martes, 18 de diciembre de 2012

AUTORRETRATOS DOS PÍCAROS DE 4ºA

Queridas rapazada e familias:
Queremos que saibades que colgamos no blog os autorretratos dos cativos. Están na páxina E NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS, picade nela, e xa se vos abren.
Aproveitamos esta nota para desexarvos UN ESTUPENDO 2013!
P.S. Podedes subir tamén ao noso corredor para velos porque están colgados nas paredes exteriores das aulas de informática, Cuarto A e titoría do segundo ciclo de EP.

lunes, 17 de diciembre de 2012

NOTAS DO EXAME DE MATEMÁTICAS

Deilles hoxe os exames coas súas notas. Quería pedirlles que para mellorar e corrixir os resultados, practiquen todos os días o cálculo; sobre todo, restas levando, multiplicacións de todo tipo, divisións por dúas cifras. Tamén o deben facer co cálculo mental.
MOITAS GRAZAS pola súa colaboración.

domingo, 16 de diciembre de 2012

saída educativa ao aeroporto de ALVEDRO

Ola de novo!
Queremos lembrarvos que o próximo martes, día 18 de decembro, iremos ata o aeroporto de Alvedro, para participar na actividade de AENA, "Aeroportos Verdes".

jueves, 28 de junio de 2012

LISTA DE MATERIAL para o curso 2012-2013


CURSO 2012/2013

MATERIAL PARA O ALUMNADO DO CUARTO NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

Consumible:

a  4 libretas de dobre pauta de 2,5 mm sen aramio
a  1 libretas de cuadrícula de 4 mm sen aramio
a  2 gomas de borrar MILAN 612 NATA
a  1 barra grande de pegamento
a  2 lapis STAEDTLER NORIS 2HB
a  1 afialapis bo e con depósito
a  1 bolígrafo azul “Bic” +  1 bolígrafo vermello “Bic”
a  1 caixa de 12 PLASTIDECORES duros
a  10 rotuladores de cores EDDING 1200 (negra, vermella, amarela, azul clara, azul escura, verde clara, verde escura, laranxa, lila, marrón...)
a  5 fundas de plástico tamaño folio e resistentes, vanlles servir para gardar as fichas que imos facendo en clase e os comunicados que o centro ou a ANPA lles envían ás familias
a  1 funda de plástico tipo sobre –resistente- tamaño folio  para gardar os libros que levan da biblioteca de aula
a  1 axenda escolar do curso 2012-2013

Non consumible:
a  1 estoxo grande de cremalleira con tirador para gardar o material de uso diario
a  Unhas tesoiras KAICUT,  _se a nena/neno é zurda/o, unha tesoira que se lle axeite_
a  1 regra boa de 30 cm
a  1 compás que sexa das marcas:
·         MAPED ET 53870004, ou
·         STAEDTLER NORIS CLUB Art. Nr. 550 6
a  Unha frauta doce HOHNER
a  1 carpeta arquivadora de dúas anelas tamaño folio (cartón exterior, boa) para a aula de música
a  1 carpeta arquivadora de dúas anelas GRANDES tamaño folio (plástico exterior duro, boa) para arquivar os traballos da clase
a  8 separadores para esa carpeta
a  1 carpeta de cartón de gomas para gardar os traballos da aula de inglés

PORTO DE SANTA CRUZ, xuño-setembro de 2012

P.D.
OS SEUS FILLOS LEVARON O ÚLTIMO DÍA DE CLASE do curso 2011-2012 a relación de material que lles sobrou. Así que, por favor, résteno do desta lista.

TODO O MATERIAL DEBE VIR COMPLETAMENTE ETIQUETADO CO NOME DA ALUMNA OU DO ALUMNO.

E PEDÍMOSLLES QUE, POR FAVOR, FORREN OS LIBROS DE TEXTO CON PLÁSTICO RESISTENTE e que tamén lles poñan o nome por fóra no ángulo superior dereito.

Moitas grazas pola súa axuda e colaboración e desexámoslles un BO VERÁN. Verémonos en setembro!

As mestras do cuarto nivel,
Cecilia Sánchez
Concepción Patiño

miércoles, 20 de junio de 2012

AVISO DOS RESPONSABLES DA GRANXA-ESCOLA


Comentarlles que, como van  elaborar queixo fresco teñen dúas opcións:
 
- Comelo na granxa.
- Traer unhas neveiras portátiles con xeo para poder levalo para casa, xa que o seu autobús, despois da comida,  levaranos ata o mirador da fervenza para realizar o roteiro ata o pé da mesma (2 km) e mentres quedará ao sol cos queixos dentro.