Mostrando entradas con la etiqueta CIENTÍFICOS ou INVENTORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENTÍFICOS ou INVENTORES. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de mayo de 2015

DÍA DA CIENCIA 2015

Ola raparig@s, sabede que hoxe, 1 de xuño, se celebra o Día da Ciencia en Galicia. Este ano adicáronllo a Ángeles Alvariño, unha oceanógrafa, que pasou a maior parte da súa vida profesional nos Estados Unidos.


Onde poderedes encontrar máis información sobre ela? Pois en...
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81ngeles_Alvari%C3%B1o

http://www.ragc.cesga.es/gl/dia-da-ciencia-en-galicia-2015-anxeles-alvarino


 

domingo, 10 de noviembre de 2013

programas na 2 da TVE sobre CIENTÍFICOS, INVESTIGADORES e INVENTORES e outras novas sobre A CIENCIA

Ola raparigos e raparigas: 
Como estamos a dar, en medio, o tema dos avances técnicos, queremos que saibades que a 2 da TVE...
...no seu programa DOCUFILIA, este martes 12, contará en "A historia do cometa" como Isaac Newton xestou a lei da gravitación universal, e

...a partir do luns 11, ás 18 horas, programará "Con ciencia", unha serie de 50 píldoras que repasan a figura dos científicos, investigadores e inventores españoles máis relevantes da historia, realizadas en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

programa DOCUFILIA, como o programa é ás 21 horas, neste enlace o poderedes ver cando queirades!

Ademais, queremos informarvos de que na carpa COSMOCAIXA, instalada no Paseo de Coches dos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, a Obra Social "la Caixa" presenta ata o 10 de xaneiro de 2014 a exposición "Ilusionismo, maxia ou ciencia?"

enlace información sobre a exposición ILUSIONISMO, MAXIA ou CIENCIA?


Asimesmo, sabede que esta semana, a que vai desde o 11 de novembro ao 17, se celebra a SEMANA DA CIENCIA. As entradas aos museos científicos coruñeses son gratuítas: aproveitádeo para ir coas vosas familias!

SEMANA DA CIENCIA con ampla presenza en galego

SEMANA DA CIENCIA nos museos científicos da Coruña



martes, 29 de octubre de 2013

novo tema de MEDIO: OS AVANCES TÉCNICOS

Ola cativos e cativas:
Iniciamos un novo tema, que nos durará ao redor de dúas semanas; polo que probablemente o remataremos sobre o 22 de novembro. 
Nel estudaremos os avances técnicos.
REALIDAD VIRTUAL http://3.bp.blogspot.com 
No voso libro desenvólvese desde a páxina 98 á 109.

E tedes que saber que, ademais, vos imos encargar un traballo sobre el.

Que contidos imos dar? Pois..., aquí están: 
  • Avances técnicos históricos: as vacinas, a máquina de vapor, a anestesia, o teléfono, o cine…
  • A electricidade e a auga potable: dous avances técnicos importantes.
  • Os avances técnicos nos transportes, a medicina e as comunicacións.
  • Principais medios de comunicación persoais e de masas.
  • A informática. Principais aplicacións informáticas. As redes locais e corporativas. internet.
  • Investigación sobre os avances en telefonía móbil.
  • Distinción dos diferentes medios de comunicación de masas identificando a forma en que se transmite a información.
  • Realización dun informe sobre internet.
  • Análise das instrucións de uso dunha cámara fotográfica dixital.
  • Toma de conciencia da importancia dos avances técnicos na calidade de vida das persoas con algunha discapacidade.
  • Valoración da auga potable e da electricidade como bens de consumo valiosos e desenvolvemento de actitudes de uso responsable destes servizos.
  • Desenvolvemento de hábitos de uso razoable do ordenador e os videoxogos.
E, en que páxinas encontraremos máis información. Picade nestes enlaces para saber máis.




domingo, 16 de junio de 2013

CIENTÍFICOS e INVENTORES

As nosas titoras, pedíronnos que investigasemos sobre persoas importantes para a nosa sociedade e nós decidimos traballar sobre: 

 ALBERT EINSTEIN
 ADA BYRON, coñecida tamén coma ADA LOVELACE