Mostrando entradas con la etiqueta DO do CEIP Isidro Parga Pondal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DO do CEIP Isidro Parga Pondal. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de febrero de 2015

10 de febreiro, DÍA DA INTERNET SEGURA

Ola cativ@s, enlazámosvos ao blog de orientación do noso cole para que vexades o que Xusto colgou relacionado con este tema.





No diario "El Mundo" de hoxe, 10 de febreiro, publicaron un decálogo para familias para un correcto uso da internet.

jueves, 6 de marzo de 2014

MAFALDA unida na nosa escola ao 8 de MARZO, Día da Muller Traballadora

Ola raparig@s: Este ano, na nosa escola, a proposta do DO do cole unimos o 50º aniversario do nacemento de Mafalda e o Día da Muller Traballadora.
Para este día escolleuse o lema: "Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s!"

E para que saibades un pouco máis dos dous temas, aquí tedes uns enlaces.

TODO O QUE NECESITAS SABER SOBRE MAFALDA!

PARABÉNS, Mafalda! Aínda que o 29 de setembro farás os 50, que ben te conservas, que xove e actual estás!


O Día da Muller polo DO do CEIP Condesa de Fenosa




E agora, escoitade a canción que ONU Mulleres presentou o 8 de marzo de 2013!











miércoles, 26 de febrero de 2014

MENSAXES CON CORAZÓN

Desde o DO do "cole" se nos pediu que contribuísemos cunhas MENSAXES CON CORAZÓN para celebrar o San Valentín, e a nós, as mozas e os mozos de 5º, se nos ocorreu o que ides ver...


HAIKUS CON CORAZÓN, por Candela e Celtia


martes, 4 de febrero de 2014

INTERNET SEGURA? TRATAREMOS DE QUE O SEXA!!!

Ola raparig@s:
Estamos a punto de celebrar o DÍA DA INTERNET SEGURA, que é o 11 de febreiro. 
Ademais, para vós, cativ@s de 5º, o martes 18, e para os vosos pais, o luns 17, a Garda Civil daravos unha charla sobre os usos e os perigos da navegación pola rede. Por iso, deixámosvos aquí uns enlaces que vos poden axudar a vós e ás vosas familias!


SPOT do Día Mundial da Internet Segura 2013









martes, 21 de enero de 2014

TOD@S SOMOS IGUAIS!



Como xa sabedes, ao noso ciclo tócalle redactar un conto en equipo para o Día da Muller Traballadora (8 de marzo). E para que vaiades vendo por onde van os tiros, ímosvos colgar uns cantos enlaces.



La Cenicienta que no quería comer perdices, de NUNILA LÓPEZ SALAMERO


Una feliz catástrofe, de ADELA TURÍN

E aquí tedes outros contos máis:

 LA MITAD DE JUAN


El príncipe ceniciento



Viejos cuentos, nuevos finales


Sofía, la vaca que amaba la música



Rosa caramelo



Los colores, de Nunila López


El Príncipe Ceniciento

TÉCNICAS de ESTUDO e de APRENDIZAXE

E para que apliquedes o que vos explicou Xusto, o orientador do "cole", picade neste enlace que foi o que vos recomendou el. Veña, que se o facedes varias veces, veredes que útil vos vai ser para o futuro! SODES CAPACES!!!



lunes, 2 de diciembre de 2013

como facer UNHA BOA EXPOSICIÓN ORAL

E outra vez, OLA!
Pegámosvos aquí un enlace aos recursos que vos colgou Xusto, o orientador do cole, para que saibades prepararvos para facer unhas boas exposicións orais dos traballos monográficos que con tantas gañas, esforzos, interese... estivestes a facer! 
Esta é a segunda fase desa tarefa. (OS QUE NON VOS QUEDASTES CUNHA COPIA do traballo proposto, PEDÍDENOLA!) 

como facer UNHA EXPOSICIÓN ORAL, polo DO do CEIP PLURILINGÜE I. PARGA PONDAL

lunes, 11 de noviembre de 2013

COMO PREPARAR , REDACTAR e PRESENTAR UN TRABALLO MONOGRÁFICO

Estes días, Xusto, o orientador do "cole", estavos a explicar como se elabora e presenta un traballo monográfico. Pegámosvos aquí un enlace ao caderno de bitácora do Departamento de Orientación da nosa escola, onde el vos dá, NUNHA PRESENTACIÓN,  as pautas.

COMO ELABORAR E PRESENTAR UNHA MONOGRAFÍA, polo DO do CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

sábado, 20 de abril de 2013

Franz Marc e O CABALO AZUL

Ola cativos e  cativas:
Desde o DO do cole propuxéronnos participar nunha tarefa colectiva e colaborativa na que traballariamos sobre un pintor e unha das súas obras. Nós escollemos "O cabalo azul" de FRANZ MARC. 
E para que saibades máis del, adxúntovos unha sinxela e cativa presentación en PowerPoint sobre el.


ÁNIMO CAMPIÓNS e CAMPIONAS, temos que realizar un BO TRABALLO, que vós sodes capaces de facelo!!


miércoles, 13 de marzo de 2013

Día da Muller 2013

Ola! Por fin! Esta entrada é para anunciarvos que xa está colgado o cartel que fixemos sobre MARIE CURIE. O Departamento de Orientación do "cole" propúxonos que traballásemos sobre 18 mulleres notables -unha por cada grupo da escola-, e que resumísemos as nosas investigacións nun gran cartel.


MARIE CURIE -cartel de 4ºA-
Ímosvos poñer aquí dez razóns -entre outras moitas - que fan dela unha muller 10:

1ª. A primeira da súa clase cando rematou aos 15 anos os estudos de bacharelato (1883). Déronlle unha medalla de ouro.
2ª. A primeira muller graduada en Física na Universidade da Sorbona. Aquel ano (1893) soamente dúas mulleres  graduáronse nela. Marie foi, tamén, a primeira da clase.
3ª. A primeira persoa en utilizar a palabra radiactividade (1898).
4ª. A primeira muller en Europa que recibiu o doutorado en Ciencias (1903).
5ª. A primeira muller en recibir un Premio Nobel de Física (1903). O premio foille outorgado, conxuntamente co seu esposo Pierre e con Henri Becquerel, polo descubrimento da radiactividade.
6ª. A primeira muller que foi profesora e xefa de laboratorio na Universidade da Sorbona (1906).
7ª. A primeira persoa en ter dous Premios Nobel. O segundo sería de Química, en 1911, por ser quen de ter preparado o radio e investigado os seus compostos.
8ª. A primeira muller que foi membro da Academia Francesa de Medicina (1922).
9ª. A primeira nai Nobel cunha filla Nobel. En 1935,  a súa filla Irene obtivo o galardón en Química.
10ª. A primeira muller en ser enterrada baixo a cúpula do Panteón de París por méritos propios (1995).

http://luisleco4.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html

E, agora, unha tira cómica sobre ela!


http://www.fiami.ch/MC/img_MC/E_img_MC/E_1911_Marie-Curie.jpg




domingo, 3 de marzo de 2013

RECURSOS PARA TRABALLAR AS MATEMÁTICAS


Ola moz@s!

Xusto, o orientador do noso cole, recoméndanos unha serie de webs para traballar as matemáticas dunha forma amena. 


Premede no enlace e atoparedes onde repasar os contidos matemáticos.


ÁNIMO!!

ENLACES RECURSOS  DE MATEMÁTICAS 


martes, 15 de enero de 2013

PASOS A SEGUIR Á HORA DE REALIZAR AS TAREFAS

Hai xa algún tempo que Xusto, o noso orientador, nos deu estas suxestións para que as teñades en conta á hora de facer as cuestións, problemas, operacións... Así que aí vos van:
Departamento de Orientación CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA
. Realizo unha lectura silenciosa.
. Marco o que non entendo.
. Subliño as palabras ou expresións que non comprendo para posteriormente buscar o seu significado no dicionario.
. Utilizo o dicionario. Se non o entendo, pídolle axuda á persoa maior que teña máis próxima.
. Leo, despois da lectura inicial, párrafo a párrafo para centrarme en cada un.
. Busco a idea principal de cada parágrafo.
. Formúlome preguntas básicas sobre o texto: Quen é o protagonista? De quen falan? Que lle ocorre? Onde pasa? Cando sucede? Que explican?...
. Realizo varias relecturas cando non o entendo; é dicir, cando non sei responder ás preguntas anteriores.
. Reteño o lido e volvo contalo.

ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

. Leo o problema varias veces.
. Identifico os datos do problema.
. Recoñezo a pregunta.
. Fago unha representación gráfica do problema; é dicir, un debuxo se me é posible!
. Identifico as operacións a realizar.
. Fago as operacións e anoto ao lado de cada resultado que é esa cantidade!
. Respondo á pregunta cunha oración completa.