Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2015

e hoxe con SOLEDAD FELLOZA

Queremos que saibades que...
...disfrutamos moitísimo!!!!

E aquí van as nosas impresións:
charli y la fábrica de chocolate_2_.jpgGústanos moito como conta os contos Soledad Felloza. Sole conta todo con tanto ánimo… É imposible aburrirse con ela! Ademais dese entusiasmo que lle pon…,  conta moi ben os contos e fai unhas interpretacións que conseguen  que nos riamos moitísimo!
charlie y la fábrica de chocolate_ gente_.jpgEntre todos os contos que levamos escoitado o que máis nos gustour foi o de hoxe ": 
Charlie e a fábrica de chocolate". (Uxía A. e Ana, 6º B)
Soledad Felloza é WILLY WONKA!

A min, Candela, gustoume moito a actividade que realizamos con Soledad Felloza. Creo que contou moi ben o conto, entendíaselle perfectamente, fíxoo de maneira moi graciosa e, ademais, utilizou materiais moi apropiados que o fixeron aínda máis divertido.


miércoles, 25 de marzo de 2015

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE, por SOLEDAD FELLOZA

Ola raparig@s, levamos algún tempo lendo este libro porque mañá xoves, 26 de marzo, Soledad Felloza nolo vai contar ao seu bo xeito na biblioteca "Rosalía de Castro", nas Torres de Santa Cruz.

Como xa a coñecedes da outra volta na que nos contara "Os contos do Oso Branco", o que imos facer nesta entrada é enlazarvos á páxina oficial de Roald Dahl. Do seu libro "Charlie e a fábrica de chocolate" fixéronse no 2014 os cincuenta anos da súa publicación.

E para que lembredes como nos conta marabillosas historias Soledad Felloza, subímosvos un vídeo dela.