martes, 29 de octubre de 2013

novo tema de MEDIO: OS AVANCES TÉCNICOS

Ola cativos e cativas:
Iniciamos un novo tema, que nos durará ao redor de dúas semanas; polo que probablemente o remataremos sobre o 22 de novembro. 
Nel estudaremos os avances técnicos.
REALIDAD VIRTUAL http://3.bp.blogspot.com 
No voso libro desenvólvese desde a páxina 98 á 109.

E tedes que saber que, ademais, vos imos encargar un traballo sobre el.

Que contidos imos dar? Pois..., aquí están: 
  • Avances técnicos históricos: as vacinas, a máquina de vapor, a anestesia, o teléfono, o cine…
  • A electricidade e a auga potable: dous avances técnicos importantes.
  • Os avances técnicos nos transportes, a medicina e as comunicacións.
  • Principais medios de comunicación persoais e de masas.
  • A informática. Principais aplicacións informáticas. As redes locais e corporativas. internet.
  • Investigación sobre os avances en telefonía móbil.
  • Distinción dos diferentes medios de comunicación de masas identificando a forma en que se transmite a información.
  • Realización dun informe sobre internet.
  • Análise das instrucións de uso dunha cámara fotográfica dixital.
  • Toma de conciencia da importancia dos avances técnicos na calidade de vida das persoas con algunha discapacidade.
  • Valoración da auga potable e da electricidade como bens de consumo valiosos e desenvolvemento de actitudes de uso responsable destes servizos.
  • Desenvolvemento de hábitos de uso razoable do ordenador e os videoxogos.
E, en que páxinas encontraremos máis información. Picade nestes enlaces para saber máis.




martes, 22 de octubre de 2013

jueves, 17 de octubre de 2013

EXAME do tema A MULTIPLICACIÓN DE NÚMEROS NATURAIS

CONTROL DO TEMA 2 DE MATEMÁTICAS

Ola a tod@s:

O vindeiro MÉRCORES, 23 de outubroteremos o control do tema 2 de matemáticas: A MULTIPLICACIÓN DE NÚMEROS NATURAIS.

Repasade os exercicios  da unidade que xa fixestes, practicade un pouco realizando as actividades interactivas e veredes como obtedes uns bos resultados.

Non vos esquezades de repasar a teoría!!!: Propiedades da multiplicación, orde nas operacións combinadas...

jueves, 10 de octubre de 2013

AS MÁQUINAS, novo tema de coñecemento do medio

Ola de novo: E, por último, o programa do seguinte tema de Coñecemento, que é o sétimo do libro, páxs. 84 á 95.

AS MÁQUINAS

. Identifica  máquinas simples en imaxes.
. Interésase por observar as máquinas do seu contorno e comprender como funcionan.
. Entende que as máquinas simples serven para modificar as forzas e responde as preguntas sobre elas.

. Identifica as máquinas simples: a roda, a polea, o plano inclinado e a panca e os seus tipos.

. Define roda, polea, plano inclinado e panca.

. Establece relacións entre esquemas de procesos e textos para coñecer con detalle o funcionamento da roda, a polea, o plano inclinado e os diferentes tipos de pancas.

. Coñece e explica o funcionamento dalgunhas máquinas simples: a roda, a polea e o plano inclinado.

. Distingue o funcionamento da panca e diferencia entre pancas de primeiro xénero, de segundo e de terceiro xénero.


. É consciente da utilidade e importancia das máquinas.

http://programacionprimariacm8.blogspot.com.es/2011/04/maquinas-simples.html
ENLACES






SUXERIDOS pola editorial SANTILLANA:







NOVOS TEMAS de español e galego

Ola rapaces e rapazas:
Comezamos novos temas de galego e español. Imos facer coma sempre: marcarvos que imos traballar neles!


TEMA 2

LINGUA ESPAÑOLA, páxs. 20-23, 28, 29, 30-31, 52-53, 40-41

LINGUA GALEGA, páxs. 20-22, 23, 30-31, 4238-3954-55

Lectura

El valor de la verdad
O coiote e a árbore do diñeiro
Lectura 2
En China ya se venden superhortalizas espaciales
A flor máis grande do mundo
Vocabulario

Palabras antónimas, páx. 42
Ortografía
A sílaba tónicapáxs. 40-41
Normas de acentuación, páxs. 54-55
Gramática
O adxectivo,  páxs. 52-53
O substantivo, páxs. 38-39
Expresión escrita
Escribir diálogos, páx. 29
A chuvia de ideas, páx. 29
Expresión oral
Expresar sentimentos
Unha descrición oral
-páx. 23-
Recoñecer erros
Mellorar a pronuncia
-páx. 28-
Expresión escrita


Ortografía


Gramática


Vocabulario


PROGRAMACIÓN DO TEMA 2 DE MATEMÁTICAS


Ola, moz@s! 
 Xa rematamos a primeira unidade! Por certo, cuns resultados bastante bos. Aquí está a programación da segunda. Se seguides traballando así tamén vos resultará bastante doada. Ánimo!!!


Tema 2: Multiplicación de números naturais
Conceptos
-         Multiplicar números acabados en ceros.
-         Propiedades da multiplicación
-         Expresións con parénteses.
  Descomposición dun número en factores.
-         Estimación de resultados.
Cálculo mental
-         Multiplicación de tres números.

Problemas
Buscar datos innecesarios
Competencias
 Aplicación práctica dos conceptos.

ENLACES