Mostrando entradas con la etiqueta recordatorio control. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recordatorio control. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2015

Nova rolda de EXAMES

Ola cativ@s, de novo entrades nun remuíño de exames.


De que vos ides examinar e cando?
  • Os temas 8 de español e galego: martes 2 e mércores 3 de xuño.
  • A unidade 6 de inglés: xoves 4 de xuño.
  • O tema 14 de matemáticas -as áreas das figuras planas-: luns 8 de xuño.

NON O DEIXEDES TODO PARA O FINAL, que "morreredes" no intento!

miércoles, 20 de mayo de 2015

XEOGRAFÍA POLÍTICA DE ESPAÑA, exame

Ollo! Lembrade que o martes 26 de maio vos examinaredes deste tema. Practicade cos enlaces que vos demos, así saberedes colocar comunidades e provincias.

jueves, 7 de mayo de 2015

OUTRA VEZ!!

Isto non hai quen o pare, os exames atacan de novo!
  • Martes 12, matemáticas: Peso, lonxitude e superficie.
  • Mércores 13, medio: OS RÍOS de España. 

miércoles, 22 de abril de 2015

"TOUR" de exames, OUTRA VEZ!

Ola cativ@s, de novo entrades nun remuíño de exames. É certo, ás veces coinciden os remates dos temas, e non queda outra!!!

De que vos ides examinar e cando?

 NON O DEIXEDES TODO PARA O FINAL, que "morreredes" no intento!

viernes, 20 de marzo de 2015

Exames última semana de marzo

Ola a tod@s:
Na próxima semana temos que realizar dúas probas escritas. Un último esforzo antes das vacacións! 
  • MÉRCORES, 25 DE MARZO: Exame de Coñecemento do Medio (Tema: A coordinación nerviosa).
  • VENRES, 27 DE MARZO: Exame de Matemáticas (Tema 9: Proporcionalidade e porcentaxes)
Ánimo!!!

viernes, 6 de marzo de 2015

EXAMES! E véñenvos todos xuntiños!

Sabedes xa que andamos pola recta final do segundo trimestre e, coma non!, acumulánsevos as probas.

Con esta entrada, ímosvos lembrar que días, que asignaturas e que temas:

  • Luns, 9 de marzo, "mates": NÚMEROS NEGATIVOS e COORDENADAS.
  • Martes, 10 de marzo, español: TEMAS V e VI.
  • Mércores, 11 de marzo, galego: TEMAS V e VI.
  • Venres, 13 de marzo, música: LINGUAXE MUSICAL.
  • Mércores, 18 de marzo, inglés: 4th UNIT

martes, 17 de febrero de 2015

EXAMES de matemáticas e medio

Con esta entrada lembrámosvos que...
  • o venres 20 teredes exame de matemáticas, FRACCIÓNS e OPERACIÓNS CON ELAS.
  • o luns 23, farédelo de medio, A ELECTRICIDADE e O MAGNETISMO.

miércoles, 11 de febrero de 2015

You take an exam!

 Hi, children: Remember! THURSDAY, February the 12th! You have an English's test. What lesson? The 4th!!

domingo, 23 de noviembre de 2014

datas dos EXAMES da semana que VÉN

Ola cativ@s, con esta entrada lembrámosvos que a semana que vén tedes exames de...

  • Español: mércores 26.
  • Galego: xoves 27.
  • Medio: venres 28.
Desta última asignatura xa sabedes que vos entra a Idade Moderna. E das outras, que? Pegámosvolo aquí:



TEMA 2
LINGUA ESPAÑOLA
LINGUA GALEGA
Lectura 1
Hipómenes y Atalanta
(Ude. 3, Páx. 34)
Marcelino Pardo
(Ude. 2, Páx. 20)
Lectura 2

Unha inmobiliaria vende casas polo olor (Ude. 2, Páx. 30)
Gramática
Clases de verbos
 (Ude. 8, Páx. 110)
Estudo da 2ª conxugación
(Páx. 223)
Os demostrativos
(Ude. 2, Páx. 24)
Ortografía
Acentuación de ditongos e tritongos (Ude. 3, Páx. 40)
Acentuación de ditongos e hiatos
(Ude. 3, Páx. 40)
Vocabulario
Principais sufixos
(Ude. 1, Páx. 14)

Expresión escrita

Describir lugares desde diferentes posicións
 (Ude. 2, Páx. 29)
Expresión oral
Presentar a alguén
Unha entrevista (Ude. 2, Páx. 28)



TEMA 3
LINGUA ESPAÑOLA
LINGUA GALEGA
Lectura 1
Nostalgia (Ude. 5, Páx. 62)
O Penedo das Doncelas (Ude. 3, Páx. 34)
Lectura 2
Médicos sin fronteras
(Ude. 4, Páx. 58)

Gramática
Repaso dos verbos
Estudo da 3ª conxugación
(Páx. 224)
Os posesivos
(Ude. 3, Páx. 38)
Ortografía
O acento gráfico nos hiatos
(Ude. 4, Páx. 54)
Acentuación diacrítica
(Udes. 4 e 5, Páxs. 54 e 68)
Vocabulario

As palabras onomatopeicas
(Ude. 4, Páx. 56)
Expresión escrita
Relacionar ideas
(Ude. 4, Páx. 57)

Expresión oral

Deducimos a identidade dun personaxe (Ude. 4, Páx. 51)

lunes, 20 de octubre de 2014

Exame de Matemáticas

Ola a tod@s!

O vindeiro venres, 24 de outubro, imos realizar unha nova proba escrita de Matemáticas. Corresponde ao tema 2, "Múltiplos e divisores".

Ademais dos conceptos que traballamos no tema (m.c.m., m.c.d., números primos, números compostos,descomposición en factores primos...), haberá algún exercicio de cálculo e operacións combinadas. 
Ánimo, repasaremos toda a semana.  

miércoles, 4 de junio de 2014

MEDIO, MATEMÁTICAS e INGLÉS, próximos exames

Ola rapazada de 5º, non esquezades que a semana que vén examinarédesvos de...

  • medio, o luns 9: A PREHISTORIA E A IDADE ANTIGA.
  • matemáticas, mércores 11: O TEMPO e O DIÑEIRO
  • English Language, Wednesday 11, UNIT 6th.


viernes, 14 de febrero de 2014

proba de COÑECEMENTO DO MEDIO: As paisaxes de Galicia


Ola rapazada: Con esta entrada avisámosvos de que o próximo xoves, 20 de febreiro, vos ides examinar do tema AS PAISAXES DE GALICIA. É o tema once do voso libro. 
Non deixedes o estudo para a véspera! Ide repasando pouco a pouco, así se vos fará máis fácil.

E, !, non esquezades traballar os mapas flash interactivos porque na proba vos imos poñer mapas mudos para que vós situedes elementos do relevo, ríos, climas... Así que A PRACTICAR, e para que vos resulte máis fácil encontralos, aquí os tedes de novo! 


MAPAS FLASH INTERACTIVOS DE GALICIA

 o RELEVO de Galicia
O relevo


 Onde está? O RELEVO GALEGO
Onde está? O relevo galego


 Ríos de Galicia
Ríos de Galicia


 OS RÍOS DE GALICIA. Onde están?
Ríos de Galicia. Onde están?

 COSTAS DE GALICIA

martes, 21 de enero de 2014

EXAME dos TEMAs 9 e 10: As figuras e os corpos xeométricos



UNIDADES 9 e 10 DE MATEMÁTICAS

Ola a tod@s: 
O vindeiro MARTES, 28 de XANEIRO, teremos o control dos
 Temas 9 e 10 de matemáticas: As figuras e os corpos xeométricos.

Practicade a construción de triángulos, de hexágonos regulares, paralelogramos…

 Repasade a teoría!!: Polígonos (os seus elementos), clases de triángulos, clasificación de cuadriláteros, circunferencia, círculo, corpos xeométricos e os seus elementos…

Haberá algún exercicio de cálculo e tamén problemas.

IMPORTANTE!!!!


Non esquezades traer o material que precisades para este tema: Transportador, regra e compás.

martes, 10 de diciembre de 2013

exame de MEDIO do tema O PLANETA TERRA e O SISTEMA SOLAR

Imaxe procedente de http://g1.globo.com
Ola rapazada: Con esta entrada avisámosvos de que o mércores, 18 de decembro, teredes o exame deste tema de coñecemento do medio.



A POR EL! Veña, que sodes quen de aprobalo! Comezade xa a estudar os novos conceptos e a repasar os xa dados.

lunes, 9 de diciembre de 2013

EXAME do tema AS RECTAS e OS ÁNGULOS


UNIDADE 8 DE MATEMÁTICAS

Ola a tod@s: 
O vindeiro VENRES, 13 DE DECEMBRO, teremos o control do
 tema 8 de matemáticas: AS RECTAS E OS ÁNGULOS.

Practicade a medida e construción de ángulos, trazade a bisectriz dun ángulo, debuxade a mediatriz dun segmento…
Repasade a teoría!!: Clases de ángulos, bisectriz dun ángulo, mediatriz dun segmento, ángulos consecutivos, adxacentes e opostos polo vértice.

Haberá algún exercicio de cálculo e tamén problemas.

IMPORTANTE!!!!

Non esquezades traer o material que precisades para este tema: Transportador, regra e compás.

jueves, 28 de noviembre de 2013

PRÓXIMOS EXAMES de galego, español e inglés

Ola de novo:
Comezade xa a repasar para o exames de español, galego e inglés.Farémolos:

  • Luns 2, o de lingua galega.
  • Martes 3, o de español.
  • Wednesday, the 11th , English.



jueves, 14 de noviembre de 2013

EXAME DO TEMA "A división de números naturais"




UNIDADE 3 DE MATEMÁTICAS


 Ola a tod@s:


O vindeiro MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO, teremos o control do
 tema 3 de matemáticas: A DIVISIÓN DE NÚMEROS NATURAIS.


Practicade a división con divisores de tres cifras. Repasade as actividades nas que dividides números rematados en ceros, problemas…


Repasade a teoría!!: Propiedade da división exacta, a orde nas operacións combinadas (isto xa o traballastes no tema anterior, só tedes que engadir
 A DIVISIÓN).


Lede os enunciados ata o final e non vos esquezades de dar a resposta cando rematedes un problema!

martes, 22 de octubre de 2013

exame de MEDIO

Ola de novo:
Comezade xa a repasar para o exame do tema das máquinas. Farémolo o próximo martes, 29 de outubro.

jueves, 17 de octubre de 2013

EXAME do tema A MULTIPLICACIÓN DE NÚMEROS NATURAIS

CONTROL DO TEMA 2 DE MATEMÁTICAS

Ola a tod@s:

O vindeiro MÉRCORES, 23 de outubro, teremos o control do tema 2 de matemáticas: A MULTIPLICACIÓN DE NÚMEROS NATURAIS.

Repasade os exercicios  da unidade que xa fixestes, practicade un pouco realizando as actividades interactivas e veredes como obtedes uns bos resultados.

Non vos esquezades de repasar a teoría!!!: Propiedades da multiplicación, orde nas operacións combinadas...

lunes, 3 de junio de 2013

RECORDATORIO CONTROIS



Ola nen@s!

Recordade que esta semana teremos os controis das linguas;

O xoves día 6  de xuño, realizaremos o control de Español, tema 10 e 11.

O venres  día 7 de xuño, tócalle o turno a Lingua Galega, tema 10 e 11.

Ide repasando!!