lunes, 13 de enero de 2014

UNA SOLA VOZ de Macaco para o Día da Paz

E para que vos vaiades aprendendo a letra da canción "Una sola voz" de Macaco que o Equipo de Actividades Extraescolares escolleu para ese día aí vos vai un vídeo de YouTube con ela.






sábado, 11 de enero de 2014

A DESCRICIÓN

Nesta entrada suxerímosvos uns enlaces para traballar a descrición.

OS ADXECTIVOS





http://www.quia.com/hm/112479.html
xogo do aforcado




A TÉCNICA DA DESCRICIÓN





E, para traballar esta ou outras técnicas: 


exames de ESPAÑOL e GALEGO

Ola cativ@s: Lembrámosvos que...

  • o venres 17 vos examinaredes do tema 5 de español e,
  • o luns 20, do mesmo tema de galego.

miércoles, 8 de enero de 2014

programación dos novos temas de ESPAÑOL e GALEGO

Ola raparigos e raparigas: Aquí tedes a programación do tema 6 e os enlaces que podedes utilizar para repasar en casa.


TEMA 6
ESPAÑOL, páxs. 78 á 91, 96-97
GALEGO, páxs. 76 á 89, 94-95 e 99
Lectura
El vampiro negro, páxs. 78 á 81.
A pedra da area, páxs. 76 á 78.
Lectura 2
Donar sangre: hacer un regalo, páxs. 88 e 89.
O aire pode crecer, páxs. 86 e 87.
Vocabulario

Palabras polisémicas, páx. 84.
Ortografía
O guión, páxs. 84 e 85.
O til diacrítico, páxs. 82 e 83.
Gramática
Os pronomes persoais, páxs. 96 e 97.
Os pronomes persoais, páxs. 94 e 95.
Expresión escrita
Ordenar oracións, páx. 87.

Contamos unha experiencia persoal, páx. 99.
Expresión oral
Contar unha película -expresión oral- e Unha crítica de cine -comprensión auditiva-, páx. 86.
Seleccionamos información para identificar unha persoa -comprensión auditiva- e Presentamos a alguén brevemente -expresión oral-, páx. 79.

OS PRONOMES PERSOAIS


os pronomes persoais


XOGO DE ORTOGRAFÍA



lunes, 30 de diciembre de 2013

enlaces para traballar o RELEVO TERRESTRE

Ola de novo! Xa estamos de volta e, por certo, desexámosvos UN ESTUPENDO


E, indo ao noso, aquí tedes uns enlaces que vos poden servir para este tema de medio.

O RELEVO TERRESTRE




OS PROCESOS INTERNOS


os procesos xeolóxicos terrestres
OS VOLCÁNS


os volcáns, EDUCAREX

TERREMOTOS e MAREMOTOS


imaxes do terremoto de Fukushima




animación do diario EL PAÍS
OS AXENTES XEOLÓXICOS EXTERNOS

cales son e como actúan, colexio BRETÓN de los HERREROS
É un JCLIC polo que lle tedes que dar a EXECUTAR a aplicación XAVA!


AS ROCHAS e OS MINERAIS







IMAXES VOSAS

A nosa compañeira, Celtia, subministrounos esta foto que fixo nas súas vacacións na estación de Leitariegos, do río Sil ao seu paso polo val de Laciana, un val fluvial en forma de V.


Río Sil ao seu paso polo val de Laciana, por Celtia

martes, 17 de diciembre de 2013

novo tema de MEDIO: O RELEVO TERRESTRE

De http://neetescuela.com
Ola cativas e cativos de 5º: Iniciamos un novo tema "O relevo terrestre". No voso libro desenvólveno desde a páxina 124 á 135.

Que imos traballar nel? Pois os seguintes contidos:
  • A orixe do magma e a formación da lava. Produtos volcánicos.
  • Procesos xeolóxicos internos: os terremotos.
  • Procesos xeolóxicos externos: erosión, transporte e sedimentación.
  • Axentes xeolóxicos externos: vento, ríos e regatos, mar e glaciares.
  • Clasificación das rochas segundo a súa orixe. Identificación de exemplos.
  • Os minerais e a súa clasificación segundo a súa dureza.
  • Interpretación de imaxes de formas de modelaxe da paisaxe, para identificar o axente xeolóxico que actuou.
  • Describir diferentes rochas sedimentarias, magmáticas e metamórficas e algúns minerais diferenciándoos pola súa dureza.
  • Comprender a análise química dunha auga potable.
  • Consideración dalgúns riscos xeolóxicos e das consecuencias sobre a vida das persoas.
  • Valoración da importancia da corta de árbores e os incendios na erosión do solo.
  • Coñecemento dos procesos naturais para comprender, valorar e apreciar o medio.
  • Visión analítica da paisaxe, interpretando os procesos xeolóxicos que produciron o relevo e a modelaxe.

domingo, 15 de diciembre de 2013

pasapalabra ASTRONOMÍA e outro enlace máis

Ola de novo: Deixámosvos aquí un enlace a un pasapalabra que vos vai gustar e que vos vai servir para repasar o tema do que vos examinades mércores 18.


PASAPALABRA sobre ASTRONOMÍA, elaborado por GENMAGIC.ORG

E un compañeiro de clase, Quique, suxírenos este enlace:

PREGÚNTALLE a un ASTRÓNOMO, "Cosmos divertido", de CALTECH.EDU