viernes, 31 de mayo de 2013

CONTROL DE MATEMÁTICAS "A LONXITUDE"

Ola cativ@s!
Recordámosvos que o vindeiro mércores 5 de xuño realizaremos o control de matemáticas do
 tema 11 " A lonxitude".
Deseguido, amosámosvos o Powerpoint que fixo unha compañeira vosa e que vos pode servir de resumo do tema.
Botádelle unha ollada e repasade un pouquiño cada día, xa veredes como vos sae ben o control.
ÁNIMO!!




               Longitud 4º E.P. from santacruz2013

jueves, 30 de mayo de 2013

OS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA (Estarcido)

Ola de novo!!
Seguimos colgando na rede os traballos de plástica do alumnado de 4º.
Nesta ocasión, empregamos a técnica do estarcido utlizando témperas e cepillos de dentes.
Que vos parecen os resultados?       

  

                       Plástica (técnica do estarcido) - foto montaje

lunes, 27 de mayo de 2013

NOVAS PROGRAMACIÓNS TEMA 11 GALEGO E CASTELÁN

Ola nen@s!!

Aquí vos colgamos os novos temas  de lingua castelá e lingua galega que imos traballar nestes días.

Tomade nota!!

TEMA 11

LINGUA ESPAÑOLA, 

PRECIOSAURIO, páxs. 148 á 159

LINGUA GALEGA, 

UN TEMPO TOLO, 
páxs 162 á 175

Lectura

Preciosaurio, páx. 148.
TEXTOS POÉTICOS, Cousas do tempo de “Dona e Don”, de Helena Villar Janeiro, páx. 164.
Vocabulario
Campo semántico.
As frases feitas.
Ortografía
O h nos tempos compostos.
Por que, porque e porqué.
Gramática
Os tempos compostos.
Os adverbios e as preposicións, TEMA 15, páx. 226.
Expresión escrita
Palabras para ordenar.
Escribir un aviso.
Comunicación oral

Deixar mensaxes no contestador.
Literatura
A repetición.

Aprender a pensar

Autoconciencia. Como aprendemos mellor?
Melloro as miñas competencias
Comparamos textos.
Elaborar un calendario estacional.

Control Tema 9 "A luz e o son" + As Forzas

Ola raparig@s!

Comeza a recta final de cara a rematar o curso, polo que a partires de agora teremos controis cada semana.

Este venres 31 de maio  realizaremos o control de coñecemento do medio correspondente a:

                    Tema 9 "A luz e o son" 

                            
                                 
                                                                         
   

                                         Tema 10 " As forzas"

                   


Poñédevos as pilas e empezade a estudar!

PO - DE -DES !!! 

MOITO ÁNIMO!!

VISITA DA PROFE CECILIA

Ola,somos os nenos de 4º A.

Aquí vos deixamos un powerpoint que elaboramos  con motivo da visita ao noso colexio da nosa exprofesora Cecilia.


Cecilia, se estás vendo isto, esperamos que che guste.


Botámoste de menos e sempre estarás nos nosos corazóns.


Moitos bicos.




miércoles, 22 de mayo de 2013

Resumo tema 9 "A luz e o son"


Ola nen@s !!!
Son Celtia e fixen na miña casa un PowerPoint sobre o tema 9 de coñecemento do medio, "A LUZ E O SON".
Animádevos a velo e aprenderedes máis cousas das que sabedes e, ademais, de forma entretida.
Aquí o tedes:


A luz e o son from santacruz2013

Gustouvos?

Os nosos traballos de plástica


Ola!
Somos nós, @s alumn@s de 4º.
As nosas profesoras propuxéronnos facer uns  ramos de flores inspirados nun dos cadros de  Pablo Picasso. 
Aquí vos deixamos  os resultados.
Esperamos que vos gusten!!