domingo, 20 de mayo de 2012

Ola! Nova semana, novo tema! NOTAMOS O PASO DO TEMPO, páxs. 174 á 189 do libro de medio. Que estudaremos nel? Pois...

- Pasado, presente e futuro. A historia, a historia persoal e a historia local.

-  A medida do tempo histórico e as fontes e as idades da historia.

-  Cambios nunha localidade ao longo da historia.

-  Identificación e clasificación de fontes da historia e de sucesos segundo o tipo de historia ao que pertencen.

-  Representación de tempos e feitos da historia persoal.

-  Resolución de problemas sinxelos con equivalencias de medidas de tempo.

-  Descrición de imaxes nas que se mostren elementos representativos da vida da localidade en diferentes idades da historia.

-  Identificación de fontes locais de cada idade da historia.

-  Curiosidade por coñecer feitos históricos da súa familia, do concello de Oleiros...

-  Valoración das fontes e dos estudos históricos.

CANDO TE EXAMINARÁS DEL? En principio, o luns 4 de xuño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario