Ola familias e neno@s: Como non íamos ir de excursión? Pero, pensabades que non a íamos facer?
Pois... aquí está, a tan esperada, desexada, anhelada..., e tantísimas cousas máis:
 |
Praia de Balarés (Ponteceso) |
Estimadas
familias do alumnado de 4º de EP:
As
mestras titoras imos levar aos cativos de excursión,
o martes día 18 de xuño, á
praia de Balarés (Ponteceso), con parada en Buño (Malpica) para
visitar o Ecomuseo “O Forno do Forte”.
A
excursión custará 9 € por alumno/a.
Informámoslles
que sairemos ás nove e media, 9.30
horas, do aparcamento situado diante do pavillón. (Os
raparigos/as subirán ás aulas coma se fose un día normal). A hora
prevista de chegada será,
aproximadamente, ás sete e media da tarde (19.30).
PREGÁMOSLLES puntualidade, tanto á ida coma á volta.
Os
nenos que utilizan transporte pola mañá poden vir nel e as mestras
encargarémonos de recollelos. (Pola
tarde, non contaremos con servizo de autobús!; así que os terán
que vir buscar.)
Deberán
levar:
Dous
tentempés, un para media mañá e outro, para a merenda.
Comida
e bebida para o xantar.
Roupa
e calzado cómodos. A vestimenta axeitarase ás previsións
meteorolóxicas!
Un
bañador, unha toalla, e roupa para se cambiar e non regresar coas
prendas molladas.
Unha
gorra ou un sombreiro.
Crema
protectora. Recomendámoslles botala xa en casa.
Un
saúdo.
Cristina
Palleiro (titora de 4ºB) e Conchi Patiño (titora de 4ºA).
No
Porto de Santa Cruz, a sete de xuño de 2013
P.D.