domingo, 19 de abril de 2015

GALICIA, PAÍS DAS LETRAS: actividade do Concello

Imaxe collida do blog.rtve.es

Ola raparig@s, xa sabedes que mañá 20 de abril teremos unha actividade do Concello desenvolvida desde a área de Normalización Lingüística. En que consiste? Inserímosvolo aquí: 



É un proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais, contidos culturais relacionados coa lingua, co patrimonio e coa literatura galega ao alumnado. A través dunha posta en escena teatral os educadores/as propóñenlle aos nenos e nenas participantes unha serie de retos que van ter que superar, de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Obxectivos:  
- Fomentar o uso da lingua.
- Estudar os autores homenaxeados nas Letras Galegas.
- Traballar a expresión oral e musical.
- Desenvolver a creatividade.
- Revalorizar o patrimonio inmaterial galego.
Destinatarios/as: O alumnado do último ciclo de primaria e 1º de ESO.
Data e hora: 20 de abril, 12 h.
Lugar: Porche cuberto do patio de recreo de EP. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario