martes, 28 de abril de 2015

29 de abril: DÍA INTERNACIONAL DA DANZA


imaxe procedente de bilbaofree.net
O Día Internacional da Danza (International Dance Day), que se celebra todos os anos o 29 de abril, foi establecido polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI) da Unesco en 1982 co fin de atraer a atención sobre a arte da danza.

Foi instituído para homenaxear ao gran innovador do ballet clásico, o excelente bailarín francés Jean Georges Noverre (1727-1810), nado un 29 de abril, que foi o creador do “ballet” moderno.


Este ano, Israel Galván, Premio Nacional de Danza en 2005 e artista asociado ao Théatre de la Ville de París e ao Mercat de les Flors de Barcelona, ten sido seleccionado como autor da Mensaxe Oficial do Día Internacional da Danza 2015.





Vai tamén por vós: José, Pablo, Daniela, Fátima, Helena, Marta e Sabela! Ánimo! Non o deixedes!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario