Ola, son Uxía A. Gustoume Ingo e Drago. Escribiuno Mira Lobe e publicouno a editorial SM, na colección O Barco de Vapor. Vouvos explicar por que:
Uxía |
- Polas ilustracións, que son bonitas e orixinais.
- O neno confundiu a súa pelota cun ovo do que saíu un dragón, e isto me pareceu moi divertido.
- É moi gracioso que Drago, o dragón, comese todas as froitas e hortalizas da casa.
Claudia |
A min, Claudia, gustoume Los duendes del otoño, de Ana Alonso e Antonia Santolaya. Publicouno Anaya. Por que?
- Porque ten ilustracións moi bonitas e animadas.
- Porque foi estupendo que os duendes coa axuda do mago conseguisen que volvese o outono.
- Porque neste pequeno conto nos ensinan que a amistade e o esforzo que fixeron os duendes e o mago serviron para derrotar a bruxa das margaridas.
Carmen |
Nós somos Carmen e Diego e gustounos O libro dos Porcos. Escribiuno Anthony Browne e foi Kalandraka quen o publicou en galego. Ímosvos dicir os motivos da nosa elección:
- Gústannos as ilustracións que son moi graciosas.
- Está moi ben explicada a historia que trata duns porcos persoas.
- Non tiña nin moitas nin poucas páxinas, eran as adecuadas.
Álex |
A nós, Álex, Nils, Carlos e Natalia, gustounos O león Kandinga. É un libro de Boniface Ofogo, publicado por Kalandraka. E por que nos gustou tanto?
- Porque a serpe lle picou ao león Kandinga e deulle unha boa lección.
Nils Porque o león Kandinga comeu a dous animais dun só bocado.- Polas súas ilustracións, que eran moi chamativas nas súas cores e formas.
Natalia |
. Porque aprendín que se tes moito, é bo compartir cos que non teñen tanto.
.Porque a lebre era máis intelixente, lista e escorregadiza que o león a pesar de que este era máis forte. Ademais, era simpática e tiña moitos amigos.
Carlos |
- Porque nos gustan os leóns.
Uxía G. |
Ola! Son Uxía G. A min gustoume moito Unha chea de familias. Escribiuno Xosé A. Neira Cruz e publicoullo a editorial Galaxia. E queredes saber por que me gustou? Pois, volo vou dicir.
- Porque visitaban diferentes tipos de familias que vivían no edificio da protagonista.
- Porque me gustaron moito as imaxes do conto.
- Porque aprendín que existen familias moi diferentes á miña e que tamén son familias.
Andrea |
Eu, Andrea, escollín El canto de las ballenas. É de Dyan Sheldon. Editouno Kókinos. E, por que? Ben, recoméndovolo por...
.Porque ten uns debuxos preciosos.
- Porque ensina que os teus soños se poden cumprir.
- Porque a nena protagonista tiña un soño e todos lle dicían que non, pero ela non fixo caso. Así, os adultos aprenderon que algúns soños dun neno se poden realizar.
Son Manuel. Eu escribín sobre Muk, que é un libro de Wilhelm Hauff, que publicou a editorial OQO. Por que me gustou?
. Porque nos ensina que non debemos burlarnos de ninguén.
. Porque Muk se puido vingar dun rei que foi inxusto con el.
. Porque despois de escoitar o conto, os nenos non se volveron rir de Muk.
Ola! Son Álvaro. A min gustoume O sultán e os ratos. Escribiuno Joan de Boer e editouno OQO. E por que me gustou tanto?
- Porque é doado de ler xa que ten poucas follas e moitas ilustracións.
- Porque os debuxos son moi orixinais xa que están feitos como de recortes de teas e revistas.
Álvaro |
. Porque a historia é divertida xa que o sultán non se pode desfacer dos ratos que invaden o seu palacio, e os seus conselleiros teñen ideas cada vez máis tolas para botalos fóra.
A min, Inés, gustoume moitísimo Los Mimpins. É un libro de Roald Dahl. Publicouno Alfaguara. E queredes saber por que? Pois ben...
Inés |
- Porque Billy, o protagonista, era moi bo e valente, e, ao final, matou ao zampavivintes no lago do bosque do Pecado. E, así, salváronse os mimpins
- Porque Billy e os mimpins prometeron que se visitarían.
Eu, Nati, vou falar de Babaiaga. É un conto popular ruso que publicou a editorial Edelvives. Gustoume...
- Porque todos os nenos se burlaban de Babaiaga porque só tiña un dente.
Nati |
.Porque Babaiaga se volveu mala.
.Porque Babaiaga foi a un bosque cun porco e quedou atrancada.
José |
A min, José, gustoume Una amistad peligrosa. Escribiuno Pablo Echevarría e publicoullo SM. Por que me gustou?
- Porque as ilustracións están moi ben feitas e son moi bonitas.
- Porque ten moralexa: Podes triunfar a pesar dos atrancos que che poñan os demais.
- Porque ten un final sorprendente e iso sempre é interesante nunha historia.
Mateo |
Nós somos Mateo e Johan, e de que libro vos imos falar? Pois, de Para facer o retrato dun paxaro. É un libro de Jacques Prévert que editou un dos selos de Kalandraka, Faktoría K. Gustounos por...
- A súa portada na que aparece o debuxo dun paxaro, que, polas súas cores, parece real.
- A historia, que trata de algo imposible: un paxaro nunca entraría nunha gaiola debuxada.
- Ensínanos a facer un retrato dun paxaro, e, á vez, cóntanos un conto.
- Polas súas ilustracións.
Ola! Son María e a min gustoume Un cocodrilo misterioso. É de Ana Alonso e publicouno Anaya. Recoméndovolo por...
María |
- Neste conto apréndese que non se pode xulgar polo aspecto.
- É moi emocionante cando o príncipe se transforma.
- Hai acción. A medida que o lía me facía sentir curiosidade polo que pasaría despois!
A min, Quique, gustoume As aventuras da mazá vermella. Escribiuno Jan Lööf e editoullo Kalandraka. Por que me gustou?
. Porque lle pasan moitas cousas divertidas sen que o protagonista se decate.
Quique |
. Porque ao final remata ben, o señor merca unha mazá e danlle unha de plástico e así terá a mazá máis bela do pobo.
. Porque os debuxos son moi bonitos e explican moi ben o conto.
Marta |
Ola! Son Marta e que libro vos vou recomendar? Pois, Amigos del alma, que é de Elvira Lindo. Publicouno a editorial Alfaguara. Gustoume porque...
- Trata dun neno e unha nena que son moi amigos ata que un día se enfadan moito.
- Xogaban cos demais ás vodas no recreo, cousa que inventara Arturo, o neno, para se casar coa nena, Lulai.
- E, despois dun enfado que tiveron, volveron ser amigos.
Víctor |
Nós somos Víctor e Íker. Gustounos Doña Piñones. Escribiuno María de la Luz Uribe. Está editado por Ekaré. E por que volo recomendamos? Pois, por...
. É moi dramático. A protagonista séntese moi soa e dábame pena.
. Ten unhas ilustracións moi bonitas.
Eu, Laura, recoméndovos Me encanta, un libro de Natalie Fortier, publicado pola editorial Kókinos. E por que razóns?
- Gustoume porque o conto en si mesmo é moi simpático.
- Conta o que lle gusta e... coincide cos meus gustos!
- É moi sinxelo, doado de ler, guai! e moi curto.
E aos nosos amig@s de "B"...
QUE NOS GUSTA LER?
A min, Celtia, gustoume "Mi primera vuelta al mundo" de Sophie Amen. Publicouno a editorial SM. Por que me gustou?
Ola, somos Roi e Luciana. Gustounos "Tragasueños" de Michel Ende, publicado pola editorial Juventud . Ímosvos dicir por que o eliximos.
. Polo final feliz que ten. Todos os personaxes dormen en paz e harmonía, e a nós gústannos que os contos rematen felizmente.
Son Paula. Gustoume " O conto de Pablo Diablo". Publicouno a editorial SM, colección El Barco de Vapor. Por que me gustou?
Eu, Andrés, recoméndovos "El príncipe de los enredos" de Roberto Aliaga, da editorial Edelvives. Recoméndovolo porque...
Ola! Somos Candela, Álvaro e Sara. A nós gústounos ¿Hay algo más grande que una ballena azul? de Robert E. Wells. Publicouno a editorial Juventud.
. Se compararamos cen estrelas Antares co Universso poderiamos meter máis de cen estrelas Antares dentro del.
Ola! Son Sabela. Encantoume "Los despistes de Spider" de Alan Durán, publicado pola editorial Alfaguara. Encantoume porque:
Ola! Son Pilar. Gustoume "El ladrón de Jano" de Irina Korschunow. Publicouno a editorial SM. Por que me gustou?
Son Juan. A min gustoume moito "La bicicleta es mía", de Carlos Peramo. Publicouno a editorial Alfaguara. Gustoume porque:
A min, Diego F, gustoume "El bastón azul ", de Iwona Chmielewka. Publicouno a editorial Océano Travesía.
Eu son Pablo A. Gustoume moito "Piratas en clase", de Cornelia Franz. Publicouno a editorial Edelvives.
. Porque Mariquiña Cola-curta rabuña á serpe para que solte a Ratapón.
. Porque Cola-curta salva ao seu fillo.
. Porque Mariquiña leva ao seu fillo, moi lonxe, ata un lugar onde a serpe non os encontre. Alí a mamá coella fixo outra cova.
. Porque as fotografías son reais.
. Porque fan preguntas moi interesantes dos animais.
. Porque explican ben as características dos animais.
Celtia |
.
Porque neste libro descubrín como é o planeta onde vivo. Aprendín que
hai moitos países con xente, culturas, monumentos, vexetación e fauna
distintas.
.
Pero o que máis me gustou foi viaxar. Estiven ao lado do animal máis
alto do mundo, "a xirafa", logo vin a "Estatua da Libertade" que me
ensinou Nova York, bailei cos indios, perseguiume o tigre de Bengala,
aparecín na "Torre Eiffel". Estaba esgotada! e decidín darme un
chapuzón. Foi toda unha aventura!
Ola, somos Roi e Luciana. Gustounos "Tragasueños" de Michel Ende, publicado pola editorial Juventud . Ímosvos dicir por que o eliximos.
. Polas bonitas ilustracións que ten, parece que ti es o protagonista e que che ocorren as mesmas aventuras.
Roi |
. Pola letra pequena, redonda e preciosa . Ademais ten moito que ler e a letra destaca sobre o fondo.
Luciana |
. Porque existira un personaxe que tragara aos malos soños e así os nenos poden durmir ben.
. Outra razón é porque nos gustaron as ilustracións.
. Por último, gustounos que no conto houbese unha solución.
Paula |
. Porque é de gracia e de aventuras .
. Porque Pablo Diablo non paraba de facerlle bromas ao seu irmán pequeno, Roberto .
. Porque Pablo Diablo se mete en líos graciosos.
Andrés |
Eu, Andrés, recoméndovos "El príncipe de los enredos" de Roberto Aliaga, da editorial Edelvives. Recoméndovolo porque...
. Foi un conto moi fácil de ler e entendín todas as palabras e o seu significado.
. As ilustracións son preciosas. A árbore parece que ten vida e o paxaro parece un corvo de verdade.
. Ensinoume que non podemos confiar na xente que di cousas malas dos nosos amigos porque ao final perdes aos teus amigos.
Candela |
Recomendámosvolo porque :
. Se compararamos cen baleas azuis co Monte Everest poderiamos meter máis de cen baleas azuis dentro del.
. Se compararamos cen soles coa estrela Antares poderiamos meter máis de cen estrelas Antares dentro dela.
Álvaro |
. Gustounos moito a historia e como comparaban as cousas cunha balea azul.
. É moi fácil de comprender: a letra é grande, lexible e ten debuxos que axudan a comprendelo mellor.
. Porque fala das cousas e animais máis grandes do espazo.
. Porque ten debuxos extraordinarios como o da portada que é unha balea azul cando é de noite.
. Porque ensina que pode haber cousas máis grandes ca unha balea azul coma as montañas, o sol e a Terra.
Sabela |
. Spider era un neno moi gracioso e moi despistado.
. Aínda que as cousas que lle pasan a Spider sempre empezan mal, ao final sempre rematan ben.
. Por último, gustoume moito porque os nomes das persoas eran moi raros.
. Porque trata dun neno pobre chamado Xian. Só se podía alimentar de leite da súa vaca. Un
día cambiou a vaca por unhas fabas máxicas que lle ofreceu un ancián. A
súa nai castigouno no seu cuarto e tirou as fabas pola ventá. Á mañá
seguinte había unha planta moi alta e alí enriba vivía un xigante. Xian
rouboulle moedas de ouro, unha arpa e unha galiña que poñía os ovos de
ouro. Xian deixou de ser pobre.
Pilar |
. Gustoume cando o dragón aprendeu a ler, porque me pareceu interesante e sorprendente que un dragón aprenda a ler.
. Tamén me gustou cando Jano lle ensinou a escribir. O dragón escribe mellor que Jano e non se equivoca tanto coma el.
. Finalmente, gustoume cando se fixeron moi amigos porque ao principio Jano non tiña amigos ata que chegou o dragón.
Tomás |
A min,Tomás, gustoume "Días de clase", de Daniel Nesquens. Publicouno a editorial Anaya. Por que?
.
Porque os personaxes contan historias graciosas dos seus avós e de
persoas imaxinarias ás que lles pasan cousas moi estrañas e divertidas.
. Porque contén ilustracións moi bonitas polas que o ilustrador, Emilio Urberuaga, gañou varios premios.
. Porque ao final ten chistes e adiviñas para contar a outras persoas que non leran o libro.
Juan |
. O protagonista, Daniel, nunca minte, saca boas notas e xamais se enfada.
. Daniel desexaba moito unha bicicleta, e encontrouna de sorpresa no salón da súa casa.
. Daniel poñíalle o seu nome ás cousas para non perdelas.
Diego |
Ola, son Diego V. Encantoume "Malú e o marciano do ordenador", de Blanca Álvarez, publicado pola editorial Alfaguara. Por que me encantou?
. Porque os personaxes parecían reais.
. Pola relación que tiña Malú coa súa avoa Balbina.
. Porque a avoa Balbina conta fermosas historias de cando era rapaza.
Emma |
A min, Emma, gustoume "Un león en la biblioteca" , escrito por Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes. Publicouno a editorial Ekaré. Vouvos explicar por que ?
. Porque as ilustracións son moi bonitas.
. Porque ten un final feliz.
. Porque é unha boa idea ter un león na biblioteca. Atrae á xente!
Eu son Miguel. Gustoume moito "Pequeños arquitectos", de John Woodward e publicouno a editorial SM.
Recoméndovolo porque...
. A expresión escrita é moi completa xa que fala de cousas moi importantes.
Diego |
Gustoume ...
. Cando Clara fixo os nove anos.
. Cando lle regalaron un bastón de cor azul decorado.
. E que o bastón fose pasando por toda a familia e ao final servira para inventar esta historia.
Pablo |
Por que me gustou?
. Porque é de aventuras.
. Porque trata de piratas, e a min encántanme os libros de piratas.
. Porque os personaxes son alegres, e a min gústame a xente que é alegre.
. Porque contén unhas ilustracións moi bonitas.
. Porque explica como nacen os animais da barriga da súa nai.
. Porque ten unha lectura fácil de comprender.
Recoméndovolo porque.
. É
moi divertido, sobre todo cando as fillas da raíña estaban nunha sala e
o mozo tiña que elixir a cal coñecera. Eran todas iguais!
. Contén unhas ilustracións moi ben feitas, cheas de cores moi bonitas.
. Ten a letra grande, isto fixo que me levara pouco tempo lelo, aínda que era moi longo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario