martes, 4 de junio de 2013

programación do novo tema de medio O CLIMA

Ola cativas e cativos: Iniciamos un novo tema, do que vos imos colgar aquí o que pensamos dar nel.

CONTIDOS do tema O CLIMA, páxs. 130 á 143
        .  O clima e o tempo atmosférico.
        . Os aparellos meteorolóxicos.
       .  As estacións e as súas características.

         . Relación e diferenzas entre clima e tempo atmosférico.
         . Explicación dos contidos a través de textos e gráficas.
        .  Elaboración dunha gráfica de temperaturas.
       .  Construción dun termómetro caseiro.
        . Participación en traballos colaborativos.
        . Autoavaliación.
        . Uso das TIC para aprender.

       . Sensibilidade pola conservación do medio ambiente.
·         . Valoración do traballo en equipo.
       . Respecto pola diferenza.
         . Recoñecemento do traballo en equipo como método positivo de traballo.
        . Interese pola observación e o estudo do clima.
     .  Educación en valores: Interesarse polos textos escritos como fonte de aprendizaxe.
     .  Respectar as iniciativas e opinións dos demais no traballo en equipo e en diversas situacións comunicativas.

Enlaces que utilizaredes para aprender máis sobre o tema:

O TEMPO ATMOSFÉRICO, recurso publicado polo Ministerio de Educación (MEC)

O CLIMA e AS PAISAXES, recurso publicado polo MEC


O CLIMA, Edilim elaborado polo colexio público LOS ÁNGELES, un "cole" estremeño

O ESTUDO DO TEMPO ATMOSFÉRICO, publicado pola Xunta de Castela-A Mancha (JCCM)

No hay comentarios:

Publicar un comentario