viernes, 7 de junio de 2013

EXCURSIÓN de final de curso

Ola familias e neno@s: Como non íamos ir de excursión? Pero, pensabades que non a íamos facer? 
Pois... aquí está, a tan esperada, desexada, anhelada..., e tantísimas cousas máis:


Praia de Balarés (Ponteceso)
Estimadas familias do alumnado de 4º de EP:
As mestras titoras imos levar aos cativos de excursión, o martes día 18 de xuño, á praia de Balarés (Ponteceso), con parada en Buño (Malpica) para visitar o Ecomuseo “O Forno do Forte”.
A excursión custará 9 € por alumno/a.
Informámoslles que sairemos ás nove e media, 9.30 horas, do aparcamento situado diante do pavillón. (Os raparigos/as subirán ás aulas coma se fose un día normal). A hora prevista de chegada será, aproximadamente, ás sete e media da tarde (19.30). PREGÁMOSLLES puntualidade, tanto á ida coma á volta.
Os nenos que utilizan transporte pola mañá poden vir nel e as mestras encargarémonos de recollelos. (Pola tarde, non contaremos con servizo de autobús!; así que os terán que vir buscar.)

Deberán levar:
  • Dous tentempés, un para media mañá e outro, para a merenda.
  • Comida e bebida para o xantar.
  • Roupa e calzado cómodos. A vestimenta axeitarase ás previsións meteorolóxicas!
  • Un bañador, unha toalla, e roupa para se cambiar e non regresar coas prendas molladas.
  • Unha gorra ou un sombreiro.
  • Crema protectora. Recomendámoslles botala xa en casa.
Un saúdo.
Cristina Palleiro (titora de 4ºB) e Conchi Patiño (titora de 4ºA).
No Porto de Santa Cruz, a sete de xuño de 2013

P.D.
  • Contaremos coa colaboración do servizo de Protección Civil do concello de Ponteceso.
  • Teñen máis información en...

    concello de PONTECESO (páx. web oficial do concello de Ponteceso); piquen en TURISMO.
        FORNO do FORTE -Buño- (Ecomuseo “O Forno do Forte”).
  • Aproveitamos a circular para desexarlles a todos Vdes. un BO VERÁN e avisalos de que imos colgar no blog os materiais para o curso que vén. Estean atentos os últimos días de xuño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario