Ola cativ@s:
A que criades que non ía chegar nunca? Pois, aquí o temos: outro ano máis, e, nesta ocasión, coma noutras, compañeir@s que nos deixan.
Ben, raparig@s, hoxe como xa sabedes, temos o corazón dividido ou fraccionado, xa que comeza o verán e rematan as clases.
Como despedida, deixámosvos un vídeo, resumo da excursión de fin de curso a Ponteceso, acompañado dalgunhas fotos a maiores que amosan algúns dos momentos que vivíchedes neste ano e no anterior. Ademais, vaivos servir para lembrarvos das compañeiras que nos deixan.
Esperamos que vos guste!
Só queda desexarvos un estupendo verán no cal recarguedes pilas para coller 5º con moito ánimo e enerxía!
Conchi Patiño e Cristina Palleiro
P.S.
NON OLVIDEDES entrar no blog a finais da semana que vén para consultar os materiais que se vos van pedir para 5º de EP, para o curso 2013/14.