domingo, 10 de marzo de 2013

programación de COÑECEMENTO do MEDIO

Ola cativas e cativos de 4º:
Imos comezar un novo tema en "medio". De que vai? Pois, da comarca da Coruña. É o último que non daremos polo libro. Poñémosvos tamén un enlace para que saibades un pouco máis das comarcas de Galicia,  e outro a Google Earth, para que vos movades polos concellos da bisbarra coruñesa.

Conceptos que imos traballar:

§  O concello, a comarca e a provincia
§  O mapa comarcal de Galicia
§  A comarca da Coruña: municipios que a forman
§  A diversidade de elementos que existen nela
§  Os elementos físicos: relevo, clima, augas e vexetación
§  Os elementos humanos: o poboamento, as actividades económicas e as comunicacións
§  A cabeceira comarcal
§  A orientación no plano e no mapa
§  A relación de causalidade; por exemplo, humidade/árbores, altitude/temperatura
Enlaces:



No hay comentarios:

Publicar un comentario