miércoles, 13 de marzo de 2013

Día da Muller 2013

Ola! Por fin! Esta entrada é para anunciarvos que xa está colgado o cartel que fixemos sobre MARIE CURIE. O Departamento de Orientación do "cole" propúxonos que traballásemos sobre 18 mulleres notables -unha por cada grupo da escola-, e que resumísemos as nosas investigacións nun gran cartel.


MARIE CURIE -cartel de 4ºA-
Ímosvos poñer aquí dez razóns -entre outras moitas - que fan dela unha muller 10:

1ª. A primeira da súa clase cando rematou aos 15 anos os estudos de bacharelato (1883). Déronlle unha medalla de ouro.
2ª. A primeira muller graduada en Física na Universidade da Sorbona. Aquel ano (1893) soamente dúas mulleres  graduáronse nela. Marie foi, tamén, a primeira da clase.
3ª. A primeira persoa en utilizar a palabra radiactividade (1898).
4ª. A primeira muller en Europa que recibiu o doutorado en Ciencias (1903).
5ª. A primeira muller en recibir un Premio Nobel de Física (1903). O premio foille outorgado, conxuntamente co seu esposo Pierre e con Henri Becquerel, polo descubrimento da radiactividade.
6ª. A primeira muller que foi profesora e xefa de laboratorio na Universidade da Sorbona (1906).
7ª. A primeira persoa en ter dous Premios Nobel. O segundo sería de Química, en 1911, por ser quen de ter preparado o radio e investigado os seus compostos.
8ª. A primeira muller que foi membro da Academia Francesa de Medicina (1922).
9ª. A primeira nai Nobel cunha filla Nobel. En 1935,  a súa filla Irene obtivo o galardón en Química.
10ª. A primeira muller en ser enterrada baixo a cúpula do Panteón de París por méritos propios (1995).

http://luisleco4.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html

E, agora, unha tira cómica sobre ela!


http://www.fiami.ch/MC/img_MC/E_img_MC/E_1911_Marie-Curie.jpg




No hay comentarios:

Publicar un comentario