viernes, 15 de marzo de 2013
RECORDATORIO DE EXAMES
Ola raparig@s!
Antes das ansiadas vacacións de Semana Santa teremos dous controis. Son os seguintes:
O xoves dia 21 de marzo temos o control de Lingua Castelá dos temas
7 e 8.
E o próximo venres día 22 de marzo, teredes o exame de matemáticas do tema 10 "Tempo e diñeiro".
Así que empezade a repasar todos os días na casiña.
ÁNIMO e a por unhas BOAS NOTAS que volas merecedes!!
Etiquetas:
avisos e comunicados,
CEIP Isidro Parga Pondal,
control,
español,
matemáticas
miércoles, 13 de marzo de 2013
Día da Muller 2013
Ola! Por fin! Esta entrada é para anunciarvos que xa está colgado o cartel que fixemos sobre MARIE CURIE. O Departamento de Orientación do "cole" propúxonos que traballásemos sobre 18 mulleres notables -unha por cada grupo da escola-, e que resumísemos as nosas investigacións nun gran cartel.
Ímosvos poñer aquí dez razóns -entre outras moitas - que fan dela unha muller 10:
http://luisleco4.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html
E, agora, unha tira cómica sobre ela!
MARIE CURIE -cartel de 4ºA- |
1ª. A
primeira da súa clase cando rematou aos 15 anos os estudos de bacharelato
(1883). Déronlle unha medalla de ouro.
2ª. A primeira muller graduada en Física na
Universidade da Sorbona. Aquel ano (1893) soamente dúas mulleres graduáronse nela. Marie foi, tamén, a
primeira da clase.
3ª. A primeira persoa en utilizar a palabra
radiactividade (1898).
4ª. A primeira muller en Europa que recibiu o
doutorado en Ciencias (1903).
5ª. A primeira muller en recibir un Premio
Nobel de Física (1903). O premio foille outorgado, conxuntamente co seu esposo
Pierre e con Henri Becquerel, polo descubrimento da radiactividade.
6ª. A primeira muller que foi profesora e xefa
de laboratorio na Universidade da Sorbona (1906).
7ª. A primeira persoa en ter dous Premios
Nobel. O segundo sería de Química, en 1911, por ser quen de ter preparado o
radio e investigado os seus compostos.
8ª. A primeira muller que foi membro da
Academia Francesa de Medicina (1922).
9ª. A primeira nai Nobel cunha filla Nobel.
En 1935, a súa filla Irene obtivo o
galardón en Química.
10ª. A primeira muller en ser enterrada baixo
a cúpula do Panteón de París por méritos propios (1995).
http://luisleco4.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html
E, agora, unha tira cómica sobre ela!
http://www.fiami.ch/MC/img_MC/E_img_MC/E_1911_Marie-Curie.jpg |
domingo, 10 de marzo de 2013
programación de COÑECEMENTO do MEDIO
Ola cativas e cativos de 4º:
Imos comezar un novo tema en "medio". De que vai? Pois, da comarca da Coruña. É o último que non daremos polo libro. Poñémosvos tamén un enlace para que saibades un pouco máis das comarcas de Galicia, e outro a Google Earth, para que vos movades polos concellos da bisbarra coruñesa.
Conceptos que imos traballar:
Imos comezar un novo tema en "medio". De que vai? Pois, da comarca da Coruña. É o último que non daremos polo libro. Poñémosvos tamén un enlace para que saibades un pouco máis das comarcas de Galicia, e outro a Google Earth, para que vos movades polos concellos da bisbarra coruñesa.
Conceptos que imos traballar:
§
O
concello, a comarca e a provincia
§
O
mapa comarcal de Galicia
§
A
comarca da Coruña: municipios que a forman
§
A
diversidade de elementos que existen nela
§
Os
elementos físicos: relevo, clima, augas e vexetación
§
Os
elementos humanos: o poboamento, as actividades económicas e as comunicacións
§
A
cabeceira comarcal
§
A
orientación no plano e no mapa
§
A
relación de causalidade; por exemplo, humidade/árbores, altitude/temperatura
Enlaces:
Etiquetas:
comarca de Coruña,
coñecemento do medio,
programación
domingo, 3 de marzo de 2013
RECURSOS PARA TRABALLAR AS MATEMÁTICAS
Ola moz@s!
Xusto, o orientador do noso cole, recoméndanos unha serie de webs para traballar as matemáticas dunha forma amena.
Premede no enlace e atoparedes onde repasar os contidos matemáticos.
ÁNIMO!!
ENLACES RECURSOS DE MATEMÁTICAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)