Hui! Canto tempo pasou desde a última entrada! Como se nota que xa estamos a piques de rematar o curso. Pois, aquí vos van os últimos temas. E, ÁNIMO, que xa non nos queda case nada.
Coñecemento do medio: UTILIZAMOS OS INVENTOS, páxs. 139 á 151.
ú Ferramentas, instrumentos e máquinas
simples e complexas e o seu uso no fogar, para traballar, para a comunicación e
para o ocio.
ú O consumo de enerxía das máquinas (os
combustibles fósiles e as fontes de enerxía alternativas) e o aforro enerxético.
ú Identificación e clasificación de máquinas
e instrumentos e descrición das tarefas que se realizan con elas.
ú Valoración da utilidade das ferramentas
e as máquinas, da súa contribución ao benestar e da súa importancia para o progreso
económico, científico, médico...
ú Valoración das consecuencias do grande
consumo de enerxía e toma de conciencia da importancia do uso de fontes
renovables de enerxía.
ú Disposición favorable para incorporar
pautas de uso racional das máquinas e aparatos do seu contorno, e cara ao
aforro de enerxía.
Matemáticas: AS FIGURAS PLANAS
Contidos:
- Os triángulos, clasificación segundo os lados: escaleno, isóscele e equilátero.
- Os cuadriláteros.
- A circunferencia e o círculo.
- A simetría. Eixe de simetría nos obxectos.
- Construción de figuras xeométricas con materiais manipulables.
- O perímetro dun polígono: medida e cálculo en figuras xeométricas.
- A superficie e o centímetro cadrado.
- A busca de datos nunha imaxe.
- Trazado de diagonais dun cuadrilátero e recoñecemento dos triángulos en que se descompón.
Lingua española
Contidos:
- VOCABULARIO: Palabras colectivas, parónimas e onomatopeicas.Páxs. 143, 169 e 155.
- ORTOGRAFÍA: Os dous puntos e a raia do diálogo. Páxs. 198 e 199.
- GRAMÁTICA: O tempo verbal. Páx. 197.
- EXPRESIÓN ESCRITA: Dar instrucións. Unir oracións. Ordenar feitos. Páxs. 132 e 133; 174 e 200.
- COMUNICACIÓN ORAL:
Lingua galega
Contidos:
- GRAMÁTICA: O tempo verbal, páxs. 178 e 179.
- COMUNICACIÓN ORAL: Encontrar en falta algunha información. Facer preguntas, páxs. 117 e 183.
- EXPRESIÓN ESCRITA: Escribir preguntas, páx. 183.
- VOCABULARIO: As posicións, páx. 122.
- ORTOGRAFÍA: Repaso do dado durante o curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario