Estimadas familias do alumnado de 3º de EP:
Granxa-escola Fervenza do Toxa |
Dado que contamos cun remanente de 563,83 €
procedente da cooperativa do primeiro ciclo de EP, que funcionou nos cursos
2009-2011, a excursión custará 16 € por alumno, xa que Vdes. se
comprometeron a que fosen todos os nenos.
Fervenza do Toxa |
Os nenos que utilizan transporte pola mañá poden
vir nel. As mestras encargarémonos de recollelos.
Deberán
levar:
§ Dous tentempés, un para media mañá e outro, para a
merenda.
§ Comida e bebida para o xantar.
§ Roupa e calzado cómodos. A vestimenta axeitarase ás
previsións meteorolóxicas!
§ Unha gorra ou un sombreiro.
§ Crema protectora. Recomendámoslles botala xa en
casa.
Un saúdo.
Cecilia Sánchez (titora de 3ºB) e Conchi Patiño
(titora de 3ºA).
No Porto de Santa Cruz, a doce de xuño de 2012
PD. Aproveitamos a circular para desexarlles a
todos Vdes. un BO VERÁN e avisalo de que a imos colgar no blog. Faremos o mesmo
para indicarlles os materiais para o curso que vén. Estean atentos os últimos
días de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario