jueves, 28 de junio de 2012

LISTA DE MATERIAL para o curso 2012-2013


CURSO 2012/2013

MATERIAL PARA O ALUMNADO DO CUARTO NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

Consumible:

a  4 libretas de dobre pauta de 2,5 mm sen aramio
a  1 libretas de cuadrícula de 4 mm sen aramio
a  2 gomas de borrar MILAN 612 NATA
a  1 barra grande de pegamento
a  2 lapis STAEDTLER NORIS 2HB
a  1 afialapis bo e con depósito
a  1 bolígrafo azul “Bic” +  1 bolígrafo vermello “Bic”
a  1 caixa de 12 PLASTIDECORES duros
a  10 rotuladores de cores EDDING 1200 (negra, vermella, amarela, azul clara, azul escura, verde clara, verde escura, laranxa, lila, marrón...)
a  5 fundas de plástico tamaño folio e resistentes, vanlles servir para gardar as fichas que imos facendo en clase e os comunicados que o centro ou a ANPA lles envían ás familias
a  1 funda de plástico tipo sobre –resistente- tamaño folio  para gardar os libros que levan da biblioteca de aula
a  1 axenda escolar do curso 2012-2013

Non consumible:
a  1 estoxo grande de cremalleira con tirador para gardar o material de uso diario
a  Unhas tesoiras KAICUT,  _se a nena/neno é zurda/o, unha tesoira que se lle axeite_
a  1 regra boa de 30 cm
a  1 compás que sexa das marcas:
·         MAPED ET 53870004, ou
·         STAEDTLER NORIS CLUB Art. Nr. 550 6
a  Unha frauta doce HOHNER
a  1 carpeta arquivadora de dúas anelas tamaño folio (cartón exterior, boa) para a aula de música
a  1 carpeta arquivadora de dúas anelas GRANDES tamaño folio (plástico exterior duro, boa) para arquivar os traballos da clase
a  8 separadores para esa carpeta
a  1 carpeta de cartón de gomas para gardar os traballos da aula de inglés

PORTO DE SANTA CRUZ, xuño-setembro de 2012

P.D.
OS SEUS FILLOS LEVARON O ÚLTIMO DÍA DE CLASE do curso 2011-2012 a relación de material que lles sobrou. Así que, por favor, résteno do desta lista.

TODO O MATERIAL DEBE VIR COMPLETAMENTE ETIQUETADO CO NOME DA ALUMNA OU DO ALUMNO.

E PEDÍMOSLLES QUE, POR FAVOR, FORREN OS LIBROS DE TEXTO CON PLÁSTICO RESISTENTE e que tamén lles poñan o nome por fóra no ángulo superior dereito.

Moitas grazas pola súa axuda e colaboración e desexámoslles un BO VERÁN. Verémonos en setembro!

As mestras do cuarto nivel,
Cecilia Sánchez
Concepción Patiño

jueves, 21 de junio de 2012

EXCURSIÓN Á FERVENZA DA TOXA

Ola a todos:
E, como remate do curso, alá nos fomos ata o lugar de Abades á granxa-escola FERVENZA do TOXA. E que fixemos alí? Verédelo a través destas fotos. 








miércoles, 20 de junio de 2012

AVISO DOS RESPONSABLES DA GRANXA-ESCOLA


Comentarlles que, como van  elaborar queixo fresco teñen dúas opcións:
 
- Comelo na granxa.
- Traer unhas neveiras portátiles con xeo para poder levalo para casa, xa que o seu autobús, despois da comida,  levaranos ata o mirador da fervenza para realizar o roteiro ata o pé da mesma (2 km) e mentres quedará ao sol cos queixos dentro.

lunes, 11 de junio de 2012

EXCURSIÓN do día 21 de xuño

Estimadas familias do alumnado de 3º de EP:

Granxa-escola Fervenza do Toxa
Como xa lles comunicamos na circular anterior, as mestras titoras imos levar aos cativos de excursión, o día 21 de xuño, á granxa-escola Fervenza do Toxa, no lugar de Abades-Bandeira (Silleda). Enderezo web: www.granxaescola.com

Dado que contamos cun remanente de 563,83 € procedente da cooperativa do primeiro ciclo de EP, que funcionou nos cursos 2009-2011, a excursión custará 16 € por alumno, xa que Vdes. se comprometeron a que fosen todos os nenos.

Fervenza do Toxa
Informámoslles que sairemos ás oito corenta e cinco, 8.45 horas, do aparcamento situado diante do pavillón. (Os nenos xa non subirán ás aulas e Vdes. deben levalos ata a polideportiva). A hora prevista de chegada será, aproximadamente, ás vinte horas (20.00). PREGÁMOSLLES puntualidade, tanto á ida coma á volta.

Os nenos que utilizan transporte pola mañá poden vir nel. As mestras encargarémonos de recollelos.

Deberán levar:

§  Dous tentempés, un para media mañá e outro, para a merenda.

§  Comida e bebida para o xantar.

§  Roupa e calzado cómodos. A vestimenta axeitarase ás previsións meteorolóxicas!

§  Unha gorra ou un sombreiro.

§  Crema protectora. Recomendámoslles botala xa en casa.

Un saúdo.

Cecilia Sánchez (titora de 3ºB) e Conchi Patiño (titora de 3ºA).

No Porto de Santa Cruz, a doce de xuño de 2012
PD. Aproveitamos a circular para desexarlles a todos Vdes. un BO VERÁN e avisalo de que a imos colgar no blog. Faremos o mesmo para indicarlles os materiais para o curso que vén. Estean atentos os últimos días de xuño.


jueves, 7 de junio de 2012

E POR ONDE "NAVEGAREMOS"?

Aquí vos van unhas direccións moi interesantes! SE PICADES NELAS, xa vos enlazan a páxinas web de...
- Museo participativo de ciencia de Bos Aires, que ten xogos interactivos ao entrar nas diferentes salas.
- O Exploratorium de San Francisco. Está en inglés, é unha páxina moi interesante que recolle gran cantidade de información e enlaces. Boas exhibición on-line. Contén un buscador que axuda a encontrar experiencias, incluso en español.
- Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, que ten unha sé aquí, ao lado, na Coruña. Lembrade! Neste mes de xuño, a entrada é gratuíta.
ANIMÁDEVOS, que pasaredes moi bos ratos!

ÚLTIMOS TEMAS

Hui! Canto tempo pasou desde a última entrada! Como se nota que xa estamos a piques de rematar o curso. Pois, aquí vos van os últimos temas. E, ÁNIMO, que xa non nos queda case nada.

Coñecemento do medio: UTILIZAMOS OS INVENTOS, páxs. 139 á 151.
ú  Ferramentas, instrumentos e máquinas simples e complexas e o seu uso no fogar, para traballar, para a comunicación e para o ocio.
ú  O consumo de enerxía das máquinas (os combustibles fósiles e as fontes de enerxía alternativas) e o aforro enerxético.
ú  Identificación e clasificación de máquinas e instrumentos e descrición das tarefas que se realizan con elas.
ú  Valoración da utilidade das ferramentas e as máquinas, da súa contribución ao benestar e da súa importancia para o progreso económico, científico, médico...
ú  Valoración das consecuencias do grande consumo de enerxía e toma de conciencia da importancia do uso de fontes renovables de enerxía.
ú  Disposición favorable para incorporar pautas de uso racional das máquinas e aparatos do seu contorno, e cara ao aforro de enerxía.

Matemáticas: AS FIGURAS PLANAS
Contidos:
  • Os triángulos, clasificación segundo os lados: escaleno, isóscele e equilátero.
  • Os cuadriláteros.
  • A circunferencia e o círculo.
  • A simetría. Eixe de simetría nos obxectos.
  • Construción de figuras xeométricas con materiais manipulables.
  • O perímetro dun polígono: medida e cálculo en figuras xeométricas.
  • A superficie e o centímetro cadrado.
  • A busca de datos nunha imaxe.
  • Trazado de diagonais dun cuadrilátero e recoñecemento dos triángulos en que se descompón.
Lingua española
Contidos:
  • VOCABULARIO: Palabras colectivas, parónimas e onomatopeicas.Páxs. 143, 169 e 155.
  • ORTOGRAFÍA: Os dous puntos e a raia do diálogo. Páxs. 198 e 199.
  • GRAMÁTICA: O tempo verbal. Páx. 197.
  • EXPRESIÓN ESCRITA: Dar instrucións. Unir oracións. Ordenar feitos. Páxs. 132 e 133; 174 e 200.
  • COMUNICACIÓN ORAL:  
Lingua galega
Contidos:
  • GRAMÁTICA: O tempo verbal, páxs. 178 e 179.
  • COMUNICACIÓN ORAL: Encontrar en falta algunha información. Facer preguntas, páxs. 117 e 183.
  • EXPRESIÓN ESCRITA: Escribir preguntas, páx. 183.
  • VOCABULARIO: As posicións, páx. 122.
  • ORTOGRAFÍA: Repaso do dado durante o curso.