Ola de novo! Outra vez cun pouquiño de retraso e tedes que perdoarnos, imos colgar a programación do novo tema de matemáticas, A LONXITUDE. Así, saberedes que imos dando e onde están os contidos que deberedes estudar. Tamén os poderedes preparar con antelación. NON ESQUEZADES, que tedes que reforzar o cálculo: división _todos os casos_, multiplicacións, sumas, restas, operacións combinadas, e a resolución de problemas. Ánimo, que xa queda pouco!
Xa vos avisaremos de cando facemos o exame.
A LONXITUDE
Contidos
- A unidade principal de lonxitude: o metro.
- O centímetro. Equivalencias entre o metro e o centímetro.
- O decímetro. Equivalencias entre decímetro, centímetro e metro.
- A unidade de lonxitude para obxectos pequenos: o milímetro.
- O quilómetro: para medir longas distancias.
- Estimación de lonxitudes e emprego da unidade máis adecuada.
- Medición con unidades convencionais e non convencionais e comparación dos resultados obtidos.
- Utilización da cinta métrica, do metro e das regras con centímetros e milímetros para efectuar medicións exactas e comparación entre obxectos.
- Realización de estimacións de medidas de obxectos da clase e da vida cotiá. Interese por utilizar instrumentos de medida e empregar as unidades adecuadas.
- Resolución de problemas usando as diferentes unidades de lonxitude.
- Realización de equivalencias entre as diferentes unidades de lonxitude.
- Tendencia a expresar os resultados numéricos das medicións manifestando as unidades utilizadas.
- Repaso das táboas de multiplicar e resolución de problemas aproximando e estimando o resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario