Hoxe imos facer unha saída educativa pola costa de Santa Cruz. Que veremos e que aprenderemos de novo? Pois volo contaremos con máis calma cando regresemos.
Ponte cara ao Castelo (www.terraetempo.com) |
IMPRSIÓNS DE ÁLEX, ANDREA, INÉS, MATEO e MARÍA -30 de abril e 2 de maio de 2012-
Anda! Somos os únicos que lembramos que tiñamos que redactar un pequeno texto sobre a saída. Ímosvos contar como nos foi:
Nati e Charo, as educadoras, explicáronnos na escola o que íamos ver, facer..., e déronnos un folletiño coa información.
Saímos do cole cara ao Parque Luís Seoane. Alí fixámonos nas aves que había, vimos unha fonte e fixemos un xogo para presentarnos. A continuación abrazámonos ás árbores do parque: carballos,castiñeiros, bidueiros... Para que nos serviron os abrazos? Pois, para cargarnos de enerxía. Logo nos diriximos cara ao Paseo da Pardela. Nel, parámonos na estatua dos Emigrantes e, despois, atopamos unha pirata, de mentira, que nos contou as súas historia e vida como pirata. Desde a praciña, que foi onde nos saíu ao encontro, marchamos cara ao castelo de Santa Cruz atravesando a ponte; nesta atopamos unha planta chamada couselo que se coñece tamén cos nomes de embigo de Venus ou orella de frade. Arrodeamos a illa e o castelo e contemplamos A Coruña. No estanque do Castelo comezou a chover e metímonos un ratiño dentro, na sala de exposicións, ata que parou. Sobre as doce, retomamos o camiño. Regresamos ao Paseo da Pardela, observamos a praia do Portocobo e subimos as escaleiras para dirixirnos cara ao Parque das Galeras. Ao inicio da subida, Charo falounos dunhas flores que se chaman capuchinas e que se poden comer. Xa no parque, fixéronnos observar algunhas árbores plantadas alí: castiñeiros, unha nogueira, loureiros...Para que nos serviu isto? Pois, para aprender a distinguir unhas doutras. E, ao final de todo, tivemos un ratiño para xogar no parque infantil. Que ben que o pasamos! Por último, regresamos en autobús á escola. Alí respondimos a unha enquisa sobre a saída que nos deron Charo e Nati. E rematou o día e a saída!
Que foi o que máis nos gustou? Pois...,
- que foi unha experiencia moi divertida!,
- que escoitamos cantar os paxaros; en concreto, os merlos,
- que vimos moitos cans cos seus donos,
- encontrarnos con moitas persoas, algunhas delas nais ou pais ou avoas de nenos da escola ou que estiveron nela,
- visitar o Castelo,
- que se nos aparecese a pirata Pataquebrata e coñecer a súa fascinante vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario