viernes, 27 de abril de 2012

PROGRAMACIÓN DE MATEMÁTICAS

Ola de novo! Outra vez cun pouquiño de retraso e tedes que perdoarnos, imos colgar a programación do novo tema de matemáticas, A LONXITUDE. Así, saberedes que imos dando e onde están os contidos que deberedes estudar. Tamén os poderedes preparar con antelación. NON ESQUEZADES, que tedes que reforzar o cálculo: división _todos os casos_, multiplicacións, sumas, restas, operacións combinadas, e a resolución de problemas.  Ánimo, que xa queda pouco!
Xa vos avisaremos de cando facemos o exame.

A LONXITUDE
Contidos
  • A unidade principal de lonxitude: o metro.
  • O centímetro. Equivalencias entre o metro e o centímetro.
  • O decímetro. Equivalencias entre decímetro, centímetro e metro.
  • A unidade de lonxitude para obxectos pequenos: o milímetro.
  • O quilómetro: para medir longas distancias.
  • Estimación de lonxitudes e emprego da unidade máis adecuada.
  • Medición con unidades convencionais e non convencionais e comparación dos resultados obtidos.
  • Utilización da cinta métrica, do metro e das regras con centímetros e milímetros para efectuar medicións exactas e comparación entre obxectos.
  • Realización de estimacións de medidas de obxectos da clase e da vida cotiá. Interese por utilizar instrumentos de medida e empregar as unidades adecuadas.
  • Resolución de problemas usando as diferentes unidades de lonxitude.
  • Realización de equivalencias entre as diferentes unidades de lonxitude.
  • Tendencia a expresar os resultados numéricos das medicións manifestando as unidades utilizadas.
  • Repaso das táboas de multiplicar e resolución de problemas aproximando e estimando o resultado.


jueves, 26 de abril de 2012

ROTEIRO POLA COSTA DE SANTA CRUZ

Hoxe imos facer unha saída educativa pola costa de Santa Cruz. Que veremos e que aprenderemos de novo? Pois volo contaremos con máis calma cando regresemos.
Ponte cara ao Castelo (www.terraetempo.com)
Ata ese momento!


IMPRSIÓNS DE ÁLEX, ANDREA, INÉS, MATEO e MARÍA -30 de abril e 2 de maio de 2012-
Anda! Somos os únicos que lembramos que tiñamos que redactar un pequeno texto sobre a saída. Ímosvos contar como nos foi:
Nati e Charo, as educadoras, explicáronnos na escola o que íamos ver, facer..., e déronnos un folletiño coa información.
Saímos do cole cara ao Parque Luís Seoane. Alí fixámonos nas aves que había, vimos unha fonte e fixemos un xogo para presentarnos. A continuación abrazámonos ás árbores do parque: carballos,castiñeiros, bidueiros... Para que nos serviron os abrazos? Pois, para cargarnos de enerxía. Logo nos diriximos cara ao Paseo da Pardela. Nel, parámonos na estatua dos Emigrantes e, despois, atopamos unha pirata, de mentira, que nos contou as súas historia e vida como pirata. Desde a praciña, que foi onde nos saíu ao encontro, marchamos cara ao castelo de Santa Cruz atravesando a ponte; nesta atopamos unha planta chamada couselo que se coñece tamén cos nomes de embigo de Venus ou orella de frade. Arrodeamos a illa e o castelo e contemplamos A Coruña. No estanque do Castelo comezou a chover e metímonos un ratiño dentro, na sala de exposicións, ata que parou. Sobre as doce, retomamos o camiño. Regresamos ao Paseo da Pardela, observamos a praia do Portocobo e subimos as escaleiras para dirixirnos cara ao Parque das Galeras. Ao inicio da subida, Charo falounos dunhas flores que se chaman capuchinas e que se poden comer. Xa no parque, fixéronnos observar algunhas árbores plantadas alí: castiñeiros, unha nogueira, loureiros...Para que nos serviu isto? Pois, para aprender a distinguir unhas doutras.  E, ao final de todo, tivemos un ratiño para xogar no parque infantil. Que ben que o pasamos! Por último, regresamos en autobús á escola. Alí respondimos a unha enquisa sobre a saída que nos deron Charo e Nati. E rematou o día e a saída!
Que foi o que máis nos gustou? Pois...,
  • que foi unha experiencia moi divertida!,
  • que escoitamos cantar os paxaros; en concreto, os merlos,
  • que vimos moitos cans cos seus donos,
  • encontrarnos con moitas persoas, algunhas delas nais ou pais ou avoas de nenos da escola ou que estiveron nela,
  • visitar o Castelo,
  • que se nos aparecese a  pirata Pataquebrata e coñecer a súa fascinante vida.


 

jueves, 19 de abril de 2012

Soledad Felloza cóntanos contos

Hoxe fomos ata o teatro das Torres a escoitar como Soledad Felloza, que é unha actriz uruguaia, nos contaba tres contos do libro "O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos", de Tim Bowley.
clases de 3ºA e 3ºB escoitando

Soledad Felloza


Gustoume a actividade porque Soledad Felloza facía uns xestos moi graciosos e, ademais,  os contos eran moi bonitos. O que máis me gustou foi o da maceta baleira.  (José)

miércoles, 18 de abril de 2012

Ola de novo! Aínda que cun pouquiño de retraso, imos colgar a programación das asignaturas de lingua española e galega. Así, saberedes que imos dando e onde están os contidos que deberedes estudar. Tamén os poderedes preparar con antelación. Ánimo, que xa queda pouco!


<><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><>

TEMA 8


LINGUA ESPAÑOLA


LINGUA GALEGA

Lectura


Una elección acertada, páxs. 98 á 100

O reloxo do bisavó, de “O espertador de Ana”, de Carme Baz, páxs. 90 á 92.

Vocabulario

Diminutivos, páx. 101

O taller dun inventor, páx. 98

Ortografía

Palabras rematadas en D e Z (tema 13), páxs. 172 e 173

Uso do B (tema 13), páxs. 156 e 157

Gramática

Os pronomes persoais (tema 13), páxs. 170 e 171

Os pronomes persoais (tema 13), páxs. 154 e 155

Expresión escrita



Escribir unha postal (tema 9), páx. 111

Expresión oral



Escoitamos con atención / Comentamos unha noticia, páx. 93

Obradoiros


Obradoiro de poesía/ Obradoiro de xogos, páxs. 108 e 109.

Obradoiro de xogos, páx. 100

Son capaz de




Interpretar a información dun dicionario, páx. 101