Ola, aquí tes as normas para confeccionar o teu "cómic"!
1. Practico en follas a suxo, tanto os debuxos coma as letras dos textos.
2. Cando o pase a limpo, QUE FAGO?
1) Realizo primeiro o debuxo a lapis, que ten que estar sempre MOI AFIADO, e fágoo “suaviño”, para poder borrar ben, se me equivoco. TEÑO QUE TER EN CONTA O ESPAZO QUE VAN OCUPAR os “bocadillos” e os textos de apoio.
2) Trazo os globos ou os textos de apoio: NON OS PODO FACER TORTOS e NON SAIRÁN DAS BOCAS DE NINGÚN DOS PERSONAXES, apuntarán cara eles. O bocadillo da esquerda será para quen fale primeiro!
3) Unha vez feitos, os debuxos, os globos e as cartelas cos textos de apoio, escribo os textos, coidando moitísimo a LETRA, que ten que ser CLARA e LEXIBLE. Pensade que non escribides para vós, senón para ser lidos polos demais!
Coidade tamén a ORTOGRAFÍA!
4) Paso todos os textos cun rotulador negro de punta fina. FÁGOO DE ESQUERDA Á DEREITA E DE ARRIBA A ABAIXO.
5) Rotulo TODAS AS LIÑAS dos bocadillos e textos de apoio con ese mesmo rotulador. FÁGOO tamén DE ESQUERDA Á DEREITA E DE ARRIBA A ABAIXO.
6) Cando estea ben seca a tinta, borro moi ben os restos de lapis.
7) A continuación, coloreo o interior dos debuxos a rotulador; pero non dos globos ou cartelas de apoio. FÁGOO sempre na mesma dirección; é dicir, se comecei de esquerda á dereita, sempre nese sentido, e, se o fixen, de arriba a abaixo, sempre así tamén.
8) Ao rematar o anterior, repaso coa mesma color que utilicei para cada parte dos meus debuxos OS CONTORNOS das miñas figuras. Se é posible, sempre nun ton máis escuro ca o do interior.
9) E, por último, coloreo cun plastidecor, os fondos das miñas viñetas. FÁGOO sempre na mesma dirección; é dicir, se comecei de esquerda á dereita, sempre nese sentido, e, se o fixen, de arriba a abaixo, sempre así tamén.
LEMBRO que o teño que entregar, TOTALMENTE REMATADO, o martes 10 de abril; xusto á volta das vacacións de Semana Santa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario